Elle é un filme franco-alemán de 2016 dirixido por Paul Verhoeven e escrito por David Birke. Baséase na novela Oh... de Philippe Djian. A novela de Djian foi publicada en 2012 e recibiu o Prix Interallié (Premio Nacional de Literatura).[4] O filme está protagonizado por Isabelle Huppert como unha empresaria que é violada na súa casa por un agresor enmascarado e decide non denuncialo debido á súa experiencia pasada coa policía.
O filme é o primeiro de Verhoeven dende Zwartboek en 2006, e é o primeiro rodado en lingua francesa. Estreouse na competición pola Palma de Ouro no Festival Internacional de Cinema de Cannes de 2016, onde recibiu a aclamación da crítica.[5] Elle gañou o Globo de Ouro á mellor película en lingua non inglesa e o Critics' Choice Movie ó mellor filme en lingua non inglesa; foi escollido como candidato de Francia para o Óscar ó mellor filme internacional na 89ª edición dos premios, mais finalmente non foi nomeado.[6]
Sinopse
Michèle Leblanc é unha muller cunha forte personalidade e gran carácter para afrontar a realidade, mais as cousas cambian cando é asaltada e violada por un individuo cunha máscara de esquí. Despois do incidente, deciede non chamar a policía e limpa a desorde. Decide continuar coa súa vida como se non pasase nada, mais vivirá co temor de saber que aquel individuo podería regresar algún día.
Personaxes
Notas
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
|
---|
1948–1960 | | |
---|
1961–1980 | |
---|
1981–2000 | |
---|
2001–2020 | |
---|
2021– | |
---|