Europa é un filme do ano 1991 dirixido por Lars von Trier. É a terceira película teatral deste director e a última da súa triloxía europea, despois de Forbrydelsens element (1984) e Epidemic (1987). En América do Norte o filme foi renomeado como Zentropa para evitar confusións con Europa Europa (1990) de Agnieszka Holland. Está influída pola novela de Franz Kafka Amerika.
Sinopse
Despois da segunda guerra mundial, Leo Kessler, un mozo estadounidense de orixe alemá, trasládase a Alemaña para traballar co seu tío nunha empresa de trens. O seu traballo permitiralle viaxar, fascinado, por un país destruído pola guerra; pero tamén terá que enfrontarse paseniñanmente aos horrores do holocausto nazi.[1]
Personaxes
- Jean-Marc Barr como Leopold Kessler
- Barbara Sukowa como Katharina Hartmann
- Udo Kier como Lawrence Hartmann
- Ernst-Hugo Järegård como Uncle Kessler
- Henning Jensen como Siggy
- Erik Mørk como Pater
- Eddie Constantine como Colonel Harris
- Max von Sydow como Narrador
- Jørgen Reenberg como Max Hartmann
- Benny Poulsen como Steleman
- Erno Müller como Seifert
- Dietrich Kuhlbrodt como Inspector
- Michael Phillip Simpson como Robins
- Holger Perfort como Mr. Ravenstein
- Anne Werner Thomsen como Mrs. Ravenstein
- Lars von Trier como Xudeu
- Baard Owe como Home con papeis
Galardóns e nomeamentos
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas