1877
1877 (MDCCCLXXVII) foi un ano común comezado en luns segundo o calendario gregoriano.
Acontecementos
Arte e cultura
- Publicación de Rumores de los pinos, primeiro libro do poeta galego Eduardo Pondal, que contén obra en galego e castelán.
Nacementos
- 7 de febreiro - Alfredo García Ramos, xurista, escritor e xornalista galego.
- 6 de marzo - Ramón de Artaza Malvárez, escritor galego (m. 1976).
- 6 de marzo - Prudencio Landín Tobío, avogado, político, xornalista e escritor galego (m. 1955).
- 2 de abril - Frederick Soddy, químico inglés, premio Nobel de Química en 1921.
- 16 de maio - Alejandro Viana Esperón, político galego (m. 1952).
- 4 de xuño - Heinrich Otto Wieland, químico alemán, premio Nobel de Química en 1927.
- 7 de xuño - Charles Glover Barkla, físico inglés, premio Nobel de Física en 1917.
- 2 de xullo - Hermann Hesse, escritor alemán.
- 6 de xullo - Niceto Alcalá-Zamora, político e avogado español, primeiro Presidente da Segunda República española.
- 6 de agosto - Salustiano Portela Pazos, sacerdote e historiador galego (m. 1976).
- 10 de agosto - Basilio Álvarez, líder do movemento agrario galego.
- 1 de setembro - Francis William Aston, físico e químico inglés, premio Nobel de Química en 1922.
- 22 de setembro - Francisco Javier Elola, xuíz e político galego.
- 8 de novembro - Teixeira de Pascoaes, poeta e escritor portugués (m. 1952).
- 16 de novembro - Faustino Santalices, gaiteiro e investigador de zanfona galego (m. 1960).
- 31 de decembro - Viktor Dyk, poeta, escritor, político e avogado checo.
- Gabrielle Renaudot astrónoma francesa. (m. 1962).
Mortes
Outros
Historia ano a ano
|
|