1814
Acontecementos
- 14 de xaneiro - Noruega, posesión de Dinamarca, pasa a Suecia. Dinamarca conserva as Illas Feroe, Islandia e Groenlandia, antigas posesións norueguesas.
- 22 de marzo - Fernando VII volve a España desde o exilio.
- 10 de abril - Batalla de Tolosa entre o exército francés e as tropas do Duque de Wellington.
- 3 de maio - Chile: Fírmase o Tratado de Lircay, acordando un cesamento das hostilidades entre as forzas patriotas e realistas.
- 4 de maio - Fernando VII suspende as Cortes de Cádiz despois que o xeneral Elío, emitira un decreto que implicaba un pronunciamento pola súa parte en Valencia.
- 11 de setembro - Na Batalla de Plattsburgh (Guerra de 1812) un escuadrón estadounidense derrota un escuadrón británico, que se ve forzado a recuar ata o Canadá.
- 1 de outubro - Comeza o Congreso de Viena.
- 17 de outubro - Chile: unha columna realista sorprende e dispersa aos patriotas en El Roble.
- 24 de decembro - Inglaterra e os Estados Unidos firman en Gante unha "paz perpetua", pondo fin a Guerra de 1812.
- Hokusai, o pintor xaponés do Ukiyo-e, bautiza co termo manga, ao conxunto de debuxos garabateados que, posteriormente, terá éxito como xénero de arte e historieta na segunda metade do século XX.
Nacementos
Mortes
Outros
Historia ano a ano
|
|