14 de xaneiro
O 14 de xaneiro é o 14º día do ano do calendario gregoriano. Quedan 351 días para finalizar o ano, 352 nos anos bisestos.
Acontecementos
- 1236: o rei Henrique III de Inglaterra casa con Aliénor da Provenza.
- 1503 - Créase a Casa de Contratación en Sevilla, destinada o depósito de mercadorías importadas e exportadas de América.
- 1506 - Descóbrese a famosa escultura da Grecia clásica Laoconte e seus fillos.
- 1514 - Real cédula autorizando o casamento de españois con indias.
- 1526 - Tratado de Madrid, entre Francisco I de Francia e Carlos I de España, trala batalla de Pavia.
- 1696 - Os xuíces dos xuízos as bruxas de Salem realizan unha confesión oficial dos erros cometidos durante os mesmos.
- 1739 - Convenio de El Pardo, acordo entre España e Inglaterra, para establecer as bases do comercio nas colonias americanas.
- 1807 - Tropas inglesas do navío Diadema, fondeado en Montevideo, impoñen a rendición da praza o xeneral Rafael Marqués de Sobremonte.
- 1809 - Tratado de alianza entre Inglaterra e España para loitaren conxuntamente contra Napoleón, cuxos Exércitos invadiran España.
- 1812 - As Cortes de Cádiz decretan a supresión da forca.
- 1814 - Tratado de Kiel: Dinamarca cede Noruega a Suecia e esta renuncia a rexión de Pomerania no favor de Dinamarca.
- 1851 - Juan Bravo Murillo é encargado pola Raíña Isabel II de formar un novo Goberno en España.
- 1852 - Promulgación en Francia dunha nova Constitución que dá o poder a Carlos Lois Bonaparte.
- 1858 - Atentado contra Napoleón III, en París, cando se dirixía a ópera xunto coa emperatriz Eugenia. Resultaron ilesos.
- 1866 - O Goberno do Perú formula unha declaración de guerra, o considerarse agraviado polo de España.
- 1875 - Afonso XII chega a Madrid para ocupar o Trono de España.
- 1876 - Graham Bell patenta o teléfono.
- 1897 - O Senado norteamericano disolve a seita dos mormóns.
- 1897 - Primeira ascensión ao monte Aconcagua (Arxentina).
- 1900 - Estrease Tosca de Puccini no teatro Costanzi, de Roma.
- 1913 - Os Estados balcáns reanudan as hostilidades contra o Imperio Otomán.
- 1914 - A erupción do volcán Strato na illa Sakura (Xapón) provoca a morte de 7.000 persoas e destrúe 13 000 casas.
- 1933 - Chegan a Manaus, no Amazonas, as tropas colombianas que se enfrontarían as peruanas que se apoderaran da cidade colombiana de Leticia.
- 1935 - Aparece en Madrid o primeiro número do xornal Ya.
- 1937 - Guerra civil española: comenza a ofensiva das tropas golpistas contra Málaga.
- 1940 - Segunda guerra mundial: tropas finlandesas penetran na URSS pola fronte de Kuhmo.
- 1942 - Conclúe en Washington a conferencia Arcadia, que decide o desembarco dos aliados en África do Norte.
- 1943 - Conferencia de Casablanca entre Roosevelt, Churchill e os xenerais franceses Giraud e De Gaulle.
- 1945 - Turquía abre os estreitos aos aliados.
- 1953 - Importantes descubrimentos arqueolóxicos das culturas incaica e preincaica cerca de Cuzco (Perú).
- 1958 - É derrocado en Venezuela o presidente Marcos Pérez Jiménez.
- 1962 - Protesta en Vietnam do Sur pola axuda concedida pola China a Vietnam do Norte.
- 1968 - Lanzamento da nave Soiuz 4.
- 1971 - Estados Unidos concede apoio loxístico as forzas de Vietnam do Sur que combaten en Camboxa.
- 1986 - O democristián Vinicio Cerezo toma posesión do seu cargo coma Presidente de Guatemala.
- 1987 - O Goberno español anuncia unha nova reconversión industrial, que suporá a perda de 30 000 empregos.
- 1989 - Os países da OTAN e do Pacto de Varsovia acordan en Viena iniciar negociacións sobre o desarme convencional en Europa.
- 1990 - Emítese o primeiro episodio piloto de The Simpsons.
- 1992 - O Parlamento de Mongolia aproba unha nova Constitución, que establece a democracia parlamentaria e o sufraxio universal.
- 1992 - Acórdase a "Acta de Nova York II", tratado de paz entre o FMLN e o goberno de O Salvador.
- 1994 - Presentadas as primeiras imaxes trala misión espacial do telescopio espacial Hubble.
- 1994 - Os presidentes de Rusia, Boris Eltsin e de Estados Unidos, Bill Clinton, asinan en Moscova co presidente de Ucraína, Leonid Kravchuk, un acordo tripartito para eliminar tódolos mísiles nucleares estratéxicos ex-soviéticos.
- 1996 - O socialista Jorge Sampaio é elixido presidente de Portugal.
- 1997 - José María Gil-Robles y Gil-Delgado é elixido presidente do Parlamento Europeo.
Nacementos
- 1615 - John Biddle, reformista relixioso inglés.
- 1775 - Paul Johann Anselm von Feuerbach, xurista e filósofo alemán.
- 1807 - Hilario Ascasubi, poeta arxentino.
- 1836 - Henri Fantin-Latour, pintor francés.
- 1841 - Berthe Morisot, pintora francesa.
- 1850 - Pierre Loti, escritor francés (m. 1923).
- 1875 - Albert Schweitzer, teólogo, filósofo, musicólogo e médico misioneiro alemán, Premio Nobel da Paz no 1952.
- 1882 - José Gómez Osorio, político e dirixente socialista galego (m. 1940).
- 1888 - Manuel Lustres Rivas, xornalista e escritor galego.
- 1892 - Hal Roach, produtor, cineasta e guionista estadounidense.
- 1896 - John Dos Passos, novelista estadounidense.
- 1901 - Virginia Daniels, actriz estadounidense.
- 1909 - Joseph Losey, cineasta estadounidense.
- 1919 - Giulio Andreotti, político italiano.
- 1920 - Chava Flores, actor e compositor mexicano.
- 1921 - Manuel Martín-Vázquez Bazán, toureiro español.
- 1924 - Fernando Álvarez de Miranda, político español.
- 1924 - Guy Williams, actor estadounidense.s
- 1925 - Yukio Mishima, escritor xaponés.
- 1928 - Carlos Luis Álvarez, Cándido, xornalista español
- 1932 - Harriet Andersson, actriz sueca.
- 1933 - José María Iglesias, pintor español.
- 1937 - Billy Jo Spears, músico.
- 1941 - Faye Dunaway, actriz estadounidense.
- 1942 - Juan Diego, actor español.
- 1942 - Manuel Mandianes, antropólogo galego.
- 1943 - Miguel Ángel Ladero Quesada, historiador español.
- 1944 - James Suturius, actor.
- 1947 - Jane Birkin, actriz británica.
- 1949 - José Bono Martínez, político español.
- 1951 - Jan Timman, xadrecista.
- 1962 - Ginger Lynn Allen, actriz estadounidense.
- 1963 - Steven Soderbergh, director de cine estadounidense.
- 1964 - Emilio Gavira, actor.
- 1965 - Antonio Cantó García del Moral (Toni Cantó), actor español.
- 1967 - Zakk Wylde, rockeiro, que traballou con Ozzy Osbourne e Black Label Society.
- 1967 - Emily Watson, actriz británica.
- 1969 - Dave Grohl, músico estadounidense.
- 1971 - Manel Fuentes, xornalista catalán.
- 1973 - Giancarlo Fisichella, piloto de Fórmula 1 italiano.
- 1981 - Rosa López, cantante española.
Mortes
- 1958 - José Miaja Menant, militar español.
- 1960 - Eduardo Lence-Santar, escritor e xornalista galego (n. 1879).
- 1965 - Jeanette MacDonald, actriz e cantante estadounidense (n. 1903).
- 1977 - Sir Anthony Eden, político británico.
- 1978 - Kurt Gödel, matemático austrohúngaro (n. 1906).
- 1978 - Hubert Humphrey, ex vicepresidente dos Estados Unidos.
- 1984 - José Fernando Dicenta, actor e escritor español.
- 1984 - Maurice Bellonte, aviador francés (n. 1896).
- 1991 - Luis Escobar, actor, produtor e director español.
- 1992 - Jerrry Nolan, músico.
- 1994 - Federica Montseny, dirixente anarquista catalá.
- 1994 - Delio Rodríguez, ciclista galego (n. 1916).
- 1999 - Prince Lincoln Thompson, músico.
- 2012 - Pearse Hutchinson, poeta e tradutor irlandés (n. 1927).
- 2014 - Juan Gelman, poeta arxentino (n. 1930).
Santoral
- Santa Ida.
- San Dacio.
- Santa Verónica de Binasco.
Outros
Os 366 días do ano
|
|