O primeiro martes de maio celébrase o Día Mundial da Asma. Para o ano 2008 elixiuse o lema "Ti podes controlar a túa asma", co obxectivo de estimular os pacientes a tomar parte activa no control da súa enfermidade [1]
O segundo sábado do mes de maio celébrase o Día Mundial do Comercio Xusto.[2]
O segundo sábado ou o segundo domingo de maio celébrase o Día Mundial das Aves Migratorias. Trátase dunha celebración dobre, xa que tamén se celebran actos o segundo sábado ou domingo de outubro [3][4]