1971 - Apróbase o Convenio relativo ás Zonas Húmidas de Importancia Internacional especialmente como Hábitats de Aves Acuáticas, máis coñecido como Convención de Ramsar por ser a cidade iraniana onde se asinou.
2004 - O tenista suízo Roger Federer alcanza o número 1 do mundo por primeira vez na súa carreira, número que conservaría por 237 semanas consecutivas, e un total de 310 semanas. Sendo así o número un que máis tempo estivo na cima da clasificación, de maneira consecutiva e total.
Nacementos
1811 - Delia Bacon escritora de obras de teatro e contos norteamericana. (m.1859)
Día Mundial das Zonas Húmidas, en conmemoración da data na que se aprobou a Convención de Ramsar sobre Zonas Húmidas de Importancia Internacional.
Neste día celébrase o Día das Candeas ou Día da Candeloria (forma galega que foi substituída no uso pola castelá Candelaria). Existe o costume de bendicir as candeas na misa que se celebra neste día, candeas que logo se gardan na casa como protección contra o trono e para axudar a ben morrer ós moribundos, a quen se lles pon unha na man xunto a outras cousas santas.
Tamén é tradicional ver neste día unha festa do amor entre os paxaros (Pola Candeloria casan os paxariños e vaise a galiñola). En San Domingos de Bonaval celebrábase unha misa na que casaban dúas pombas, que se ceibaban ó rematar.
O tempo que faga o día da Candeloria prognostica o que vai facer: Se treboa de entre a Candeloria e a Anunciación, corenta días máis de inverno son.
Outros
Santoral: A Presentación do Señor; Nosa Señora da Candelaria; Nosa Señora da Purificación; San Cornelio, centurión; San Lourenzo, bispo; San Cándido, mártir.