10 de novembro
O 10 de novembro é o 314º día do ano do calendario gregoriano e 315º nos anos bisestos . Quedan 51 días para rematar o ano.
Acontecementos
Nacementos
Friedrich Schiller.
1483 - Martiño Lutero , teólogo alemán , creador da Reforma protestante (m.1546).
1668 - François Couperin , compositor e organista francés (m. 1773 ).
1712 - Teresa Herrera , filántropa coruñesa (m. 1791).
1759 - Friedrich Schiller , escritor e filósofo alemán (m. 1805).
1764 - Andrés Manuel del Río Fernández , científico e naturalista español, descubridor do elemento químico vanadio (aínda que el o bautizou como eritronio ) (m. 1849 ).
1877 - Darío Álvarez Limeses , médico e xornalista galego (m. 1936).
1879 - Patrick Pearse , escritor e político irlandés (m. 1916).
1893 - John P. Marquand , novelista norteamericano (m. 1960).
1905 - Tommy Dorsey , músico de jazz (m. 1956).
1910 - José Posada-Curros , escritor e xornalista galego.
1910 - Antonio Fernández Saavedra , médico e político galego.
1913 - Álvaro Cunhal , político comunista portugués.
1915 - Torcuato Fernández-Miranda , político español (m. 1980).
1918 - Ernst Otto Fischer , químico alemán (m. 2007).
1928 - Ennio Morricone , compositor de música italiano.
1944 - José-Maria Monterroso Devesa , escritor galego.
1963 - Mike Powell , atleta estadounidense. Bateu o récord en salto de lonxitude de Bob Beamon , establecido 23 anos antes, conseguindo un rexistro de 8,95 metros.
Mortes
Arthur Rimbaud. 1549 - Paulo III , papa (n. 1468).
1852 - Gideon Mantell , xeólogo e paleontólogo inglés (n. 1790).
1891 - Arthur Rimbaud , poeta francés (n. 1854).
1926 - Leandro Pita Sánchez-Boado , avogado e político galego.
1936 - Manuel Lustres Rivas , xornalista e escritor galego.
1938 - Mustafa Kemal Atatürk , fundador da Turquía moderna.
1978 - José Santiago Crespo Pozo , escritor galego (n. 1909).
1982 - Leonid Brezhnev , político soviético (n. 1906).
1991 - Montserrat Roig , escritora catalá (n. 1946).
1996 - Ricardo Palmás Casal , xornalista, escritor e galeguista da Arxentina (n. 1940).
2003 - Francisco Bernis Madrazo , ornitólogo e biólogo español (n. 1916),
2006 - Ramón Montes de Oca , músico e compositor mexicano (n. 1953).
2007 - Norman Mailer , periodista e escritor estadounidense .
2008 - Miriam Makeba , cantante surafricana (n. 1932).
Festas e celebracións
Día Mundial da Ciencia para a Paz e o Desenvolvemento [1]
Día do Debuxante [ 1]
Notas
Os 366 días do ano