Ennio Morricone (2007) Nacemento 10 de novembro de 1928 Roma (Reino de Italia)
Morte 6 de xullo de 2020 (91 anos)Roma (Italia)
Causa da morte Fratura femoral (pt) Lugar de sepultura Cimitero Laurentino (en) Outros nomes Dan Savio Leo Nichols Residencia Roma Educación Academia Nacional de Santa Cecilia Campo de traballo Música cinematográfica , television score (en) , Jazz e música Lugar de traballo Roma Ocupación director de orquestra , compositor , trompetista , produtor musical , arranxador musical , pianista , compositor de bandas sonoras , músico Período de actividade 1946 - 2020 Empregador Academia Nacional de Santa Cecilia Membro de Xénero artístico Música cinematográfica Profesores Goffredo Petrassi Instrumento Piano e trompeta Selo discográfico Virgin Records Deporte xadrez Obras destacables
Cónxuxe Maria Travia Fillos Andrea Morricone , Giovanni Morricone Pai Mario Morricone
(2020) Premio Princesa de Asturias das Artes (27 de decembro de 2017) Cabaleiro da Gran Cruz da Orde ao Mérito da República Italiana (12 de febreiro de 2015) Artis Bohemiae Amicis Medal (en) (2014) Prêmio Grammy ao Curador (pt) (2014) Óscar á mellor banda sonora , premiado polo traballo The Hateful Eight (2013) Prémio do Cinema Europeu de melhor compositor (pt) , premiado polo traballo La Migliore Offerta (pt) (12 de marzo de 2009) Cabaleiro da Lexión de Honra (25 de febreiro de 2000) Medalla de Ouro da Orde do Mérito para a Cultura e a Arte (1999) Premio do Cinema Europeo á traxectoria (1989) Leopard of Honour (en) (1965, 1970, 1972, 1985, 1988, 2000, 2001, 2007, 2013) Nastro d'Argento for Best Score (en) Premio Cinearti La chioma di Berenice (en) estrela no Paseo da Fama de Hollywood Order of the Rising Sun, 4th class (en) Premios Grammy Óscar Honorífico Camille Awards (en) Sinatura Descrito pola fonte Obálky knih , Sitio web enniomorricone.org
Ennio Morricone , nado en Roma o 10 de novembro de 1928 e finado o 6 de xullo de 2020 [ 1] na mesma cidade, foi un compositor de música italiano .
Traxectoria
De pequeno foi compañeiro de colexio de Sergio Leone , co que máis tarde colaborou en case tódalas súas películas ata a morte deste. Tralo colexio ingresou no Conservatorio Santa Cecilia de Roma, onde estudou trompeta e composición. A súa carreira cinematográfica empezou nos 60, estando aínda activo, polo que é un dos compositores actuais máis prolíficos, con máis de 500 traballos feitos.
Foi moi criticado por uns e moi aclamado por outros, debido á súa atípica música, pero ante todo foi valente integrando instrumentos pouco comúns entre as grandes orquestras. En 1964 tocou no grupo de improvisación Nuova Consonanza fundado por Franco Evangelisti .
Tampouco pasou desapercibida a súa colaboración con grandes directores como Pier Paolo Pasolini , Bernardo Bertolucci , Gillo Pontecorvo , Brian De Palma , Marco Bellocchio ou Pedro Almodóvar .
É un dos máis coñecidos dos compositores cinematográficos, grazas sobre todo á música dos "spaghetti western ", pero tamén por melodías como as de A misión ou Nuovo Cinema Paradiso .
Tamén compuxo obras para series de televisión. Entre as máis coñecidas están Il segreto del Sahara , La piovra , Marco Polo ou Moses the Lawgiver .
Compuxo a marcha da Copa Mundial de FIFA Arxentina 1978 .
En 2020, recibiu o Premio Princesa de Asturias das Artes .
Obras
Anos 60
Ennio Morricone e o seu amigo e colaborador favorito do trompetista Mauro Maur - Forum Studios en Roma (Italia)
Anos 70
Anos 80
Anos 90
Anos 2000
Premios
Foi candidato ós Oscar en 6 ocasións, gañándoo nunha ocasión:
Na 79ª Cerimonia de entrega dos Premios Oscar recibiu o Oscar Honorífico como recoñecemento a toda a súa carreira.
Notas
Véxase tamén
Década de 1980 Década de 1990 Década de 2000 Década de 2010 Década de 2020