O sionismo (en hebreo: צִיּוֹנוּתTsiyyonut) é un movemento que defende a volta dos xudeus a Palestina (chamada polos xudeus Eretz Israel ou simplemente Haaretz, A Terra). Cando o xornalista vienés Theodor Herzl asistiu en París á degradación do oficial Dreyfus, inxustamente acusado de espionaxe, que fixo un gran rebumbio na sociedade francesa, poñendo a poboación francesa en dous eidos "dreyfusard" e "antidreyfusard" levando consigo tamén na prensa estas dúas posicións algúns artigos francamente antisemitas, no entanto outros defendían a inocencia de Dreyfus[1], Theodor Herzl pensou que o seu pobo nunca se integraría en Europa, o que o levou a fundar en Basilea en 1897 a Organización Sionista Mundial (de Sión, monte de Xerusalén), que recadaba fondos para comprar terreos e favorecer a inmigración xudía a Palestina. A afluencia de inmigrantes foi ben vista inicialmente polos árabes, que xa convivían en paz con xudeus autóctonos pero a medida que a poboación xudía aumentaba e se facía probable a consecución dun estado propio para estes, a opinión da poboación árabe foi cambiando. O desenvolvemento económico propiciou tamén unha migración árabe doutros estados cara a Palestina, mesturándose coa poboación árabe autóctona.
Tras as presións xudeu-sionistas, o goberno inglés emitiu a Declaración Balfour, na que este se comprometía á creación dun fogar xudeu. O holocausto xudeu durante a segunda guerra mundial foi un dos factores decisivos que levou á decisión da ONU da partición de Palestina nun estado xudeu e outro árabe. A poboación local e os gobernos árabes non aceptaron esa decisión e declaráronlle a guerra en 1948 ó recentemente creado Estado de Israel comezando a Primeira Guerra Árabe-Israelí, dentro do conflito que aínda non se resolveu.
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.