Este artigo amosa letras urdús. Sen o soporte axeitado, o texto pode mostrar símbolos sen sentido, coma caixas, marcas e outros.
Balawaristán (en urdú: بلاورستان) que quere dicir 'país de alturas', e un nome empregado pola xente da rexión administrativa paquistaní de Gilgit-Baltistán para facer referencia á súa rexión. O termo foi creado polo partido político paquistaní Fronte Nacional de Balawaristán, fundado porNawaz Khan Naji en 1989. O concepto ten as súas raíces nos nomes históricos Bolor ou Boloristan, cuxo uso está documentado en fontes chinesas do século VIII.[1] Segundo activistas políticos actuais, 'Balawaristán' inclúe Chitral, Gilgit, Skardu, Hunza, Nagar, Ishkoman, Punial e Yasin. O líder da Fronte Nacionalde Balawaristán, Nawaz Khan Naji, declarou que Balawaristán (Gilgit-Baltistán) non forma parte da rexión de Caxemir.[2]
Notas
↑Osterreichishe Leo-Gesellschaft, Görres-Gesellschaft, Anthropos Institute, Görres-Gesellschaft zur Pflege der Wissenschaften im Katholischen Deutschland, Bonn, Leo-Gesellschaft, Vienna (1984). Anthropos, v.79 no.1-6. Consultado o 2009-01-24. A more indigenous label for the same territory is Bolor (or Boloristan); this designation had appeared in Chinese sources already in the 8th century.
Sökefeld, Martin (2012). "Secularism and the Kashmir dispute". En Nils Ole Bubandt; Martijn Van Beek. Varieties of Secularism in Asia: Anthropological Explorations of Religion, Politics and the Spiritual. Routledge. pp. 101–120. ISBN978-1-136-66864-7.
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.