A independencia da Padania foi anunciada en Venecia o 15 de setembro de 1996 por Umberto Bossi, presidente da Liga Norte,[1] co obxectivo de configurar unha especie de goberno sombra en contraposición ao oficial con sede en Roma. No curso de grandes mitins da Liga Norte, Umberto Bossi proclamou o nacemento da "República Federal Padana" con estas palabras:
Nós, pobos da Padania solemnemente declaramos: a Padania é unha República Federal independente e soberana. Nós ofrecemos, os uns aos outros, en prenda recíproca, as nosas vidas, as nosas fortunas e a nosa sacra honra. (Noi popoli della Padania solennemente dichiariamo: La Padania è una Repubblica federale indipendente e sovrana. Noi offriamo, gli uni agli altri, a scambievole pegno, le nostre vite, le nostre fortune e il nostro sacro onore.
Segundo Bossi, a política italiana estaba marcada por unha liña centralista desfavorable para a Padania, acusando de parasito ao sur de Italia, menos próspero ca o norte, e esixindo romper a solidariedade interterritorial de Italia.
Poucos días despois déronse enfrontamentos entre as forzas da orde e os militantes leghisti na rúa Bellerio en Milán, sede da Liga Norte, a consecuencia diso houbo un proceso penal sobre os reatos de resistencia (a público oficial), a cargo de Roberto Maroni, Mario Borghezio e outros representantes da Liga Norte, finalizando o proceso coa absolución dos mesmos.
A liña secesionista foi abandonada no Congreso de Varese e a nova alianza de Umberto Bossi con Silvio Berlusconi na Casa da Liberdade, remarcaría a súa inestable situación. O Parlamento posteriormente cambiaría o seu nome polo de Parlamento do Norte.
Territorio reivindicado polo nacionalismo padano
O territorio reivindicado polo nacionalismo padano inclúe ademais do territorio denominado Padania na súa acepción xeográfica e lingüística (no mapa en cor vermella escuro e marrón), as rexións das Marcas, Toscana e a Umbría (no mapa en cor laranxa).
O nacionalismo padano propón como capital a cidade de Venecia. O territorio reivindicado supón o 53,4% do territorio de Italia, e o 55,6% da súa poboación.
Nota: As formas de nacionalismo baseado principalmente no grupo étnico están recollidos enriba. Isto non implica que tódolos nacionalistas do grupo étnico subscriban esa forma de nacionalismo étnico.