A economía marquesana está constituída maiormente por unha florecente pequena e media industria altamente especializada e distribuída de xeito regulas por todo o seu territorio, aínda que concentrada sobre todo no litoral e nos vales. Entre os sectores máis relevante, cabe destacar a industria do calzado, en numerosos centros das provincias de Macerata, Fermo e Ascoli Piceno, a industria mobiliaria e mecánica en Pesaro, a mecánica e vitivinícola de Castelli di Jesi, patria do viño Verdicchio, a grande industria naval de Fano e Ancona, electrodomésticos en Fabriano e a turística, cada vez máis importante debido á proliferación de centros balnearios e artísticos por toda a rexión, que atraen visitantes de toda Italia e Europa.