Macerata é unha comuna e cidade de Italia, e sede diocesana, que se localiza na rexión das Marcas, no leste do país. Atópase a unha altitude de 315 msnm. Macerata é a capital da provincia do mesmo nome.
A poboación do municipio é de 43.056 habitantes (2009) e a superficie é de 92 km², polo que resulta unha densidade de poboación de 460 hab./km².
A Universidade de Macerata é unha das máis antigas do mundo, xa que foi fundada en 1290 coa proclamación do edicto en toda a rexión de Bartolo da Sassoferrato, que anunciaba a creación dunha escola de dereito na cidade.