República Serbia

Modelo:Xeografía políticaRepública Serbia
Република Српска (sr) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

HimnoMoja Republika Editar o valor en Wikidata

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 44°45′N 17°19′L / 44.75, 17.32
EstadoBosnia e Hercegovina Editar o valor en Wikidata
CapitalSaraxevo
Banja Luka Editar o valor en Wikidata
Contén a división administrativa
Poboación
Poboación1.228.423 (2013) Editar o valor en Wikidata (49,42 hab./km²)
Lingua oficiallingua serbia
lingua bosníaca
lingua croata Editar o valor en Wikidata
Xeografía
Superficie24.857 km² Editar o valor en Wikidata
Altitude355 m Editar o valor en Wikidata
Comparte fronteira con
Datos históricos
Precedido por
Creación9 de xaneiro de 1992 Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Presidência da República Sérvia (pt) Traducir Editar o valor en WikidataŽeljka Cvijanović (pt) Traducir (2018–2022) Editar o valor en Wikidata
• Primeiro ministro Editar o valor en WikidataRadovan Višković (en) Traducir (2018–) Editar o valor en Wikidata
Órgano lexislativoNational Assembly of Republic of Srpska (en) Traducir , (Escano: 83) Editar o valor en Wikidata
PIB per cápita6.700.000.000 $ (2019) Editar o valor en Wikidata
MoedaMarco convertible Editar o valor en Wikidata
Identificador descritivo
Fuso horario
ISO 3166-2BA-SRP Editar o valor en Wikidata

A República Serbia[1] (en adiante RS) (serbio: Република Српска) é unha das dúas entidades políticas que forman Bosnia e Hercegovina. A outra é a Federación de Bosnia e Hercegovina. Ten unha superficie de 24 811 km² e unha poboación de 1 490 993 habitantes, e o seu himno titúlase Moja Republika[2]

Nome

A República Serbia é chamada de xeito común na prensa e medios oficiais Republika Srpska.[3] Segundo as regras das linguas eslavas, Srpska (ou sexa de Serbia), pode ser tanto un adxectivo como un nome propio. Por mor da posible confusión entre esta parte de Bosnia e Hercegovina e a República de Serbia (ou Serbia, país independente), en ocasións o nome Republika Srpska déixase sen traducir nos países non eslavos para evitar confusións.

Demografía

A RS comprende o 48% da superficie do país, e ten aproximadamente o 34% da poboación. Estes datos como case todos os da antiga Iugoslavia son estimacións, xa que o derradeiro censo oficial tivo lugar en 1991[4]. O 88,4% da poboación é serbia, bosníacos 10,7% e croatas 0,9%. Durante as guerras dos Balcáns a rexión recibiu a refuxiados serbocroatas e serbobosnios doutras partes da antiga Iugoslavia.

Historia

Trala independencia de Eslovenia e Croacia da antiga Iugoslavia o 24 de outubro de 1991, créase a Asemblea Serbobosníaca para defender os intereses serbobosnios dentro da antiga República Iugoslava de Bosnia e Hercegovina. Esta asemblea organizou un referendo para manterse unidos a Iugoslavia no caso de independencia de Bosnia e Hercegovina. O líder do principal partido serbiobosníaco Radovan Karadzic organizou as "Provincias Autónomas Serbias" e posteriormente declarou os territorios como República do Pobo Serbio de Bosnia e Hercegovina (Република српског народа Босне и Херцеговина). Isto foi declarado inconstitucional polo goberno de Saraxevo, que votou unha nova constitución secesionista de Iugoslavia (caso análogo á da República Krajina de Serbia en Croacia).

En marzo de 1992 proclámase a independencia de Bosnia e Hercegovina co desacordo dos serbobosníacos(un terzo da poboación). Como reacción a República Serbia de Bosnia e Hercegovina declarou a súa independencia o 7 de abril, e o 12 de agosto eliminaba a referencia a Bosnia e Hercegovina no nome quedando só en Republika Srpska. Forzas paramilitares serbias e o exército iugoslavo (JNA, mandado polos serbios pero non formado unicamente por serbios) intentaron impedir a secesión bosníaca.

De 1992 a 1995, é dicir, durante a guerra de Bosnia, os serbobosnios da República Serbia era un dos tres bandos enfrontados: os outros dous eran os bosníacos e os bosníacocroatas da República Croata de Herzeg-Bosnia. Durante a guerra e segundo o Tribunal Internacional para a Antiga Iugoslavia, os serbobosníacos abriron campos de concentración, levaron a cabo masacres masivos (ver masacre de Srebrenica) e actos de xenocidio e limpeza étnica da poboación non serbia.

Segundo o Acordo de Paz de Dayton, a República Serbia ficaría co 49% do territorio de Bosnia e Hercegovina e recoñeceríaselle o status de entidade propia en confederación coa Federación de Bosnia e Hercegovina para formar Bosnia e Hercegovina.

Por mor da guerra e dos desprazamentos forzosos de poboación, a transición á economía de mercado vese complicada. O Alto Representante para Bosnia e Hercegovina tivo que apartar dos seus cargos a moitos dirixentes serbiobosníacos acusados de corrupción ou de crimes de guerra. Debido ó referendo de Montenegro e a cada vez maior insatisfacción dos serbiobosníacos co goberno de Saraxevo, moitos queren convocar un referendo de seu, aínda que a comunidade internacional non acepta a lexitimidade dun referendo convocado por unha das entidades do Acordo de Dayton.

O 1 de xaneiro de 2006 a República Serbia deixou de xeito oficial de ter forzas armadas como reivindicación da OTAN para un acordo de cooperación con Bosnia e Hercegovina. Pese a que Saraxevo é a capital de iure da República Serbia, Banja Luka é a capital de facto, coa maioría das sedes do goberno rexional.

Notas e referencias

  1. Nome en galego empregado, por exemplo, en publicacións do IGADI como Un estatuto final para Kosovo ou A Krajina e os que sentan na Haia.
  2. (en serbio) Srpska – Portal javne uprave Republike Srpske: Simboli at the Governament of Republika Srpska official website (consultado o 17 de maio de 2012).
  3. Por exemplo en: Galicia Hoxe (ed.). "A defensa de Karadzic negará a existencia do xenocidio de Srebrenica". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2015. Consultado o 25 de novembro de 2014. 
  4. "Datos do censo". Arquivado dende o orixinal o 30 de xuño de 2013. Consultado o 30 de xuño de 2013. 

Véxase tamén

Ligazóns externas