Durante a súa longa historia, Xerusalén foi destruída polo menos en dúas ocasións, asediada 23 veces, 52 veces atacada, e capturada e recuperada en 44 ocasións.[2] A parte de Xerusalén coñecida como Cidade de David foi establecida no cuarto milenio antes de Cristo.[3] A cidade foi coñecida como "Urusalima" nas antigas táboas cuneiformes mesopotámicas, probablemente significando Cidade de Shalem, en honra a unha divindade caanita, durante os primeiros anos do dominio dese pobo. Durante o período israelita, comezouse unha significante actividade construtora que comezou cara o século IX a. C., e durante o século VIII a. C. a cidade desenvolveuse ata converterse no centro relixioso e administrativo do Reino de Xudá.[4] En 1538, reconstruíronse as murallas da cidade, durante o reinado de Solimán o Magnífico. Hoxe en día estas murallas definen o perímetro da Cidade vella, que tradicionalmente está dividida en catro cuartos desde o século XIX.[5] A Cidade vella foi nomeada Patrimonio da Humanidade pola UNESCO en 1981, e está incluída na lista de patrimonio mundial en perigo.[6] Desde 1860 Xerusalén creceu máis aló das antigas murallas. En 2015, a cidade tiña unha poboación de 850 000 residentes, dos cales 200 000 eran xudeus israelís seculares, 350 000 xudeus ultraortodoxos e 300 000 palestinos.[7]
O status da parte oriental da cidade, conquistada en 1967 por Israel, está disputado, xa que neste sector —referido habitualmente como Xerusalén Leste ou Xerusalén Oriental, que inclúe a Cidade vella— é onde o Estado de Palestina pretende establecer a súa capital. Israel discute as reclamacións palestinas e, trala Guerra dos Seis Días, considera a cidade como un todo unificado e un mesmo municipio, declarándoa como a súa capital "eterna e indivisible" mediante a Lei de Xerusalén en 1980. Esta anexión provocou un amplo rexeitamento na comunidade internacional, materializado na resolución 478 do Consello de Seguridade da ONU, que a considerou contraria ao Dereito internacional,[8] e en sinal de protesta por este acto unilateral os Estados membros das Nacións Unidas acabaron por trasladar as súas embaixadas a Tel Aviv, tal como pedía a resolución.
O nome Xerusalén enténdese etimolóxicamente como "fundación (do sumerio yeru, 'asentamento'/semítico yry' 'fundar, deitarse') do deus Shalem"[12][13]. Este deus foi a deidade orixinal durante a idade de Bronce na cidade.[14]
A forma hebrea Yerushalem ou Yerushalayim (Xerusalén) aparece por primeira vez na Biblia, no libro de Xosué. Segundo un Midrash, o nome é unha combinación de "Yireh" ("a morada", o nome dado por Abraham ao lugar onde tiña que sacrificar ao seu fillo) e "Salem" ("Lugar de Paz", dado polo Sumo Sacerdote Sem) polo que ambos nomes estaban unidos por Deus.[15][16]
En árabe, Xerusalén coñécese habitualmente como القُدس, transliterado como al-Quds e significa "A Santa" ou "O Santo Santuario".[17][18] A política oficial do goberno de Israel prefire o uso da forma أُورُشَلِيمَ, transliterada como Ūršalīm, máis afín ao nome hebreo, para que sexa utilizada en árabe como nome para a cidade xunto ao de al-Qudsأُورُشَلِيمَ-القُدس (Ūršalīm al-Quds).[19] As familias árabes palestinas orixinarias da cidade refírense a miúdo a ela como "Qudsi" ou "Maqdisi", mentres que os xerosolimitanos palestinos musulmáns usan estes termos como o xentilicio.[20]
Demografía
No 2012, tiña unha poboación de 933 113 habitantes. A súa aglomeración urbana terá preto de 1088 mil habitantes. É unha cidade moi heteroxénea onde están representados grupos dunha vasta diversidade relixiosa, nacional e sócio-económica. A chamada "cidade vella" está rodeada de murallas e está dividida en catro partes: a xudaica, a cristá, a armenia e a musulmá.
Xerusalén atópase a só vinte quilómetros de Xericó, que se considera o primeiro asentamento protourbano da historia (c. 8000 a.C.), e na ruta dende este primixenio enclave ao Mediterráneo (50 km). Non é por conseguinte estraño que os outeiros polos que se estende a cidade fosen dende tempos moi remotos lugar de actividade humana.
Orixes
En concreto xa antes do 3000 a.C., no contorno do manancial Gihon nas abas do monte Ophel (un esporón ao sur da actual explanada das mesquitas [21]), aparecen achados dun primitivo poboamento que, a partir daquela data, indican un reasentamento permanente (olaría, casas rectangulares, sepulcros escavados na rocha). Ese vai ser o lugar da primeira Xerusalén.
Será ao redor do 2000 a.C. cando, despois de que na segunda metade do terceiro milenio non haxa apenas restos de actividade no enclave (posible destrución por conquistadores), reaparece reconstruída unha cidade-estado cananea co nome, segundo textos exipcios, de Rushalimum ou Urusilimu. Ao principio coma unión de varias tribos cada cal co seu líder, e unha centuria máis tarde cun rei.
É xa a cidade que en hebreo na Biblia se denomina Yerushalem (fundada por Shalem, divindade amorrea, ascendencia dos cananeos), onde Abraham tivo un encontro co seu rei Melquisedec.
No monte ao norte da cidade, chamado Moria, Abraham sacrificou un carneiro no canto do seu fillo Isaac. Andando o tempo será un dos lugares tidos por máis sagrados.
A cidade cananea era un centro importante cun recinto ben fortificado que abrigaba tamén o manancial Gihon (onde se erixía unha forte torre defensiva
. Fóra de murallas existían dous lugares sagrados: un ao norte, no monte Moria, dedicado a Shalem; e o outro na situación do actual Santo Sepulcro.
Ata o século XIII a.C. parece que houbo un estancamento e progresivo declive, coincidente coa posible chegada dos Pobos do mar e incendio da cidade. Para cando chegaron as tribos xudías á rexión, volvía a ser unha praza forte en mans dos xebuseos (pobo amorreo tamén). A cidade era pequena pero ben protexida cunha cidadela no norte[22]. Os xudeus asentáronse nas inmediacións sen atacala.
Cidade de David e Templo de Salomón
Con todo, cara ao 1000 a.C., o rei David da tribo de Xudá conquista a cidade e faina capital das doce tribos de Israel, nun principio como lugar neutral de compromiso para o resto.
Unha segunda decisión transcendental para a historia da cidade foi elixila tamén capital relixiosa, trasladando ao monte Moria o Tabernáculo coa Arca da Alianza. A súa idea era construír alí un templo para albergala, pero a tarefa recaerá no seu fillo Salomón. O que si fixo David foi levantar un pazo onde se situaba a cidadela xebusita (o lugar chamado Millo)[23].
O rei Salomón estende a cidade dobrando o seu tamaño. Constrúe un complexo pacego no Ophel, entre a vella cidade amurallada e a nova explanada ao norte, onde inicia a erección do primeiro Templo de Xerusalén (960 a.C.)[24][25][26]. A descrición bíblica, da que non quedan restos, fala da gran suntuosidade dos materiais empregados na construción do conxunto (artesáns e materiais de Tiro, cedros do Líbano), separado do resto da cidade por unha muralla [27].
En 922 a.C., as disensións internas deixan a Xerusalén coma capital só do reino de Xudá. Porén, comeza un período de máis de tres séculos de expansión urbana e crecemento da poboación (refuxiados do reino escindido de Israel ao norte) no que se converte nunha verdadeira cidade, centro relixioso de primeira orde. O desenvolvemento realízase cara ao oeste salvando o val do Tyropoeon, e baixo o reinado de Ezequías (727 a.C.-698 a.C.) arrodéase dunha forte e ancha muralla [28][29]. A outra grande infraestrutura desta época pretende garantir o abastecemento de auga dende o manancial Gihon, para o cal escávase un canal subterráneo ata a punta sur da cidade, onde se acumula nunha cisterna (a piscina de Shiloé) [30].
Conquista Babilonica
No 586 a.C. os babilonios toman e arrasan a cidade queimando o Templo de Salomón. Amnistiados polo rei Ciro II de Persia no 538 a.C., os xudeus regresan e reconstrúen Xerusalén, erixindo un novo Templo (516 a.C.) no mesmo lugar e coas mesmas dimensións [31] pero sen o complexo palacial que o separaba do pobo [32][33]. Convértese nun lugar de peregrinación.
De calquera maneira, a agora capital de provincia persa permanece pequena en comparanza co que foi. Aínda cando Nehemías reconstrúe as vellas murallas do oeste (435 a.C.[34]). Nesta época constrúese tamén unha fortaleza (HaBirah) na vulnerable esquina noroeste do monte do Templo.
No período helenístico Xerusalén continúa coma unha pequena cidade. Tras gozar dunha grande autonomía, os intentos helenizadores (un ximnasio xunto a HaBirah, vilas dos ricos en estilo clásico na chamada cidade superior) rematan na revolta dos macabeos en 168 a.C. ao entendelo como unha agresión aos ritos xudeus. Os ocupantes erixen unha nova fortaleza (Acra) no Ophel, onde estaba o pazo de Salomón. Tras anos de guerra, os macabeos conquistan a cidade e fana de novo capital, instaurando a Dinastía Hasmonea. O crecemento subseguinte volta a ser dramático. Os reis hasmoneos refán novamente as murallas e constrúen un pazo preto da ponte que, atravesando o val Tyropoeon, levaba do monte do Templo á parte oeste (cidade superior)[35]. Asemade amplían a explanada do Templo cara ao sur recheando o val e derrubando o Acra, símbolo da ocupación helena.
Proclamado por Roma rei de Xudea no 37 a.C., Herodes o Grande vai emprender unha actividade construtora que levará a cidade ao seu apoxeo [36]: empeza restaurando e ampliando o Templo[37]; para a inxente cantidade de peregrinos duplica a superficie da explanada (o actual Muro das Lamentacións é un resto do gran muro de contención occidental [38]) e deféndea cunha nova fortaleza no canto da HaBirah, a impoñente Antonia[39]. Pechando o sur do recinto eleva unha gran Basílica Real, sempre no prevalecente estilo helenístico[40].
Para si erixe un pazo no extremo oeste da cidade superior, xunto a primeira muralla[41], protexido por tres magníficas torres [42] (cidadela que andando o tempo chamarase Torre de David). Baixando cara o Tyropoeon, a cidade superior é o barrio de luxosas vilas das altas dignidades da corte, e no seu límite leste eríxense o hipódromo e o teatro[43].
Como o gran crecemento da capital tiña superado o antigo recinto polo norte, manda facer unha segunda muralla que cerque os novos barrios [44]. A máis, amplía o sistema de abastecemento de augas para a pequena metrópole con novos encoros, reservorios, cisternas e acuedutos.
Tras Herodes, cara o 44 d.C. unha terceira muralla foi levantada máis ao norte[45]. Despois os conflitos entre xudeus e romanos foron en ascenso ata que unha gran revolta foi finalmente, no ano 70 d.C., esmagada polo futuro emperador Tito Flavio Sabino Vespasiano, Xerusalén arrasada e o Templo destruído.
Nos anos que seguiron, a Lexión X asentouse no que fora a cidade superior. A poboación xudía foi substituída por romanos e helenísticos. Os xudeus convertidos a nova relixión cristiá foron tolerados, e deron orixe a unha pequena comunidade asentada arredor da lexión, e que vivía proporcionándolle diversos servizos.
A resposta a revolta foi severa e exemplar. Así, unha nova cidade, urbe ou polis, consagrada aos novos deuses dunha nova cidade, co nome de Aelia Capitolina, no 130 foi fundada polo emperador Adriano sobre as ruínas de Xerusalén[46]. Sen murallas (engadidas cara o fin do século III ou en época bizantina), e coa disposición clásica do urbanismo romano (catro portas [47], cardo, decumanus, foros). Basicamente configurou a estrutura da cidade vella actual: catro barrios e límites das murallas otomás.
Na explanada do Templo Adriano erixiu un novo, dedicado a Xúpiter.
Cristiana e bizantina
Ao comezo do século IV, coa asunción do cristianismo coma relixión do Imperio e a división do mesmo, coa conseguinte proclamación de Constantinopla a súa nova capital do Imperio Romano de Oriente, Xerusalén vai se converter no foco de peregrinación da emerxente nova fe, Terra Santa. Da man da nai do emperador Constantino I o Grande, Santa Helena, eríxense igrexas conmemorativas nos chamados santos lugares, onde se pensaba que Xesús Cristo pasara as súas derradeiras horas. A máis importante, no centro urbano, a do Santo Sepulcro (326/35[48]). Levantada no lugar da morte e sepultura de Xesús (Gólgota), derrubando o templo a Venus que levantara o emperador Adriano no lugar, o templo de Xúpiter tamén sufriu a mesma sorte ca chegada do cristianismo. Ao outro lado do val de Kidron, no Monte das Oliveiras, erixiuse outra igrexa importante, a Eleona (325-35). Despois de languidecer coma pequena colonia de provincias, a economía local vai reverdecer co impulso das peregrinacións.
É de destacar que a décima lexión abandonará a cidade a fins do século III, deixando un baleiro urbano propicio para a construción de igrexas, mosteiros e hostalerías monásticas,actual barrio armenio.
Durante o Imperio Bizantino, cara a metade do século V, a emperatriz Eudoxia construíu varias igrexas, unha preto da cisterna de Siloé, o que tivo por consecuencia estender as murallas e por ende a cidade ata o sur, aos vellos límites da primeira muralla. Foi o emperador Xustiniano quen deu corpo a esta extensión ampliando ata alí o Cardo Máximus, dándolle esplendor e construíndo a Nea Igrexa (540), a maior basílica bizantina en Xerusalén[49].
A cidade foi conquistada polo califato omeia no ano 638, e de seguido planeouse erixir unha mesquita na explanada baleira do Templo.
A rivalidade entre o califato omeia de Damasco (dende o 661) e as cidades santas da península arábiga, A Meca e Medina, levaron ao califa Abd al-Malik a promover a Xerusalén coma centro de peregrinación erixindo a Cúpula da Rocha (685-92) no centro da explanada, atribuíndo ao lugar a pasaxe do Corán onde se relata unha viaxe nocturna de Mahoma e posterior ascensión, dende a suposta rocha do sacrificio de Abraham, aos ceos. A máis, na esquina suroeste, construíu un complexo pacego e hospital de peregrinos.
O seu fillo e sucesor, o califa Al-Walid I, completa o conxunto reconstruíndo a mesquita Al-Aqsa en pedra a comezos do século VIII[50].
Ambas obras de primeira orde, fundacionais da arte islámica, van conformar un conxunto (explanada das mesquitas, Haram Esh Sharif[51]) que ata hoxe identifica o perfil da cidade[52].
No 750, os abásidas fanse co poder e desprazan o centro de gravidade do califato a Bagdad. Xerusalén resulta completamente esquecida excepto para as reconstrucións de Al Aqsa tras varios terremotos (que destrúen os pazos omeias).
Por contra, recibe unha crecente atención dos emerxentes poderes do occidente cristián. Sinaladamente do emperador Carlomagno que manda construír mosteiros, hospedería, mercado e biblioteca.
O campo de batalla no que se converteu a rexión no século XI fixo que Xerusalén cambiara constantemente de mans (tulúnidas, fatimitas, turcos seleúcidas). Repregáronse as murallas do sur ata os límites de Aelia Capitolina e comezou a segregación de barrios por relixións[53].
Época das Cruzadas
En 1099 os cruzados toman a cidade, masacran a poboación musulmá e xudía e instauran o Reino de Xerusalén.
A nova capital cristiá organízase segundo as diferentes orixes dos cruzados, dentro das murallas cuxo perímetro subsiste en grandes liñas ata hoxe, cunha reforzada cidadela (Torre de David) a carón da que se dispúña o pazo real[54].
Eríxense novas igrexas (Santa Ana) e reconstrúense outras, significativamente a do Santo Sepulcro en estilo románico. A Cúpula da Rocha cristianízase coma Templo do Señor. As ordes militares asentan os seus cuarteis en diferentes puntos da cidade (os Templarios segundo o seu nome, na explanada do Templo, ocupando Al Aqsa; os Hospitalarios de Malta preto do Santo Sepulcro; os Teutónicos no sur).
Imperio otomán
No 1187Saladino conquista a cidade (Al-Quds, como xa comezaba a coñecerse no mundo árabe. Un sucesor seu, sultán ayubí de Damasco manda demoler as murallas en 1219, e así vai permanecer Xerusalén por vez primeira na súa historia, desgornecida (só a cidadela foi reparada en 1310) ata que o sultán otománSuleimán o Magnífico levante as definitivas murallas cara a 1550[55][56].
Non é máis que un sinal da súa definitiva perda de importancia coma centro de poder político en beneficio do Cairo ayubí e mameluco ou o Istambul otomán, a finais do século XVIII tiña menos de 10.000 habitantes[57].
Nesta época a cidade non era tan sequera capital provincial, porén continúa a construción de madrasas (escolas coránicas), zawiyas (mosteiros) e ribats (hospederías de peregrinos). Situadas sobor de todo ao redor do Haram (ao norte e oeste, futuro barrio musulmán)[58][59]. Naquel, os sultáns mamelucos (1250-1517) e otománs si que se ocuparon de embelecer a Cúpula da Rocha e a mesquita Al Aqsa, asemade de fornecer o complexo con novos aditamentos (El Kas, fonte para ablucións).
Foi o tempo no que a poucos, unha pequena comunidade xudía foi tolerada no sueste da cidade, cunha primeira sinagoga (Ramban); comunidade ampliada despois cos refuxiados sefardís da expulsión de España (século XVI). Así foise configurando o barrio xudeu.
Século XIX
A partir de 1831 levouse a cabo algún cambio administrativo que mellorou a situación da cidade: primeiro, estendéronse os dereitos aos non musulmáns (forte inmigración xudía); reorganizouse a administración e concedéuselle o estatuto de municipalidade en 1863; en terceiro lugar, incrementouse a seguridade de camiños e urbana (peregrinacións).
O resultado inmediato foi o incremento de poboación; o establecemento de consulados das potencias occidentais do momento que á súa vez protexían os connacionais das fundacións relixiosas asentadas; as expedicións de estudosos historiadores e arqueólogos; en definitiva, unha mellora radical da economía da cidade.
Un dos efectos da forte inmigración de xudeus da diáspora foi o amoreamento no seu barrio na cidade vella[60], o que provocou por vez primeira a expansión fóra de murallas a partir de 1860[61], especialmente no oeste e noroeste (estrada de Xafa) [62].
Protectorado británico
O período de entreguerras baixo mandato británico foi o do desenvolvemento de Xerusalén coma cidade moderna. Capital de Palestina, experimenta un enorme crecemento ordenado segundo plans urbanísticos (1918 por W.McLean; 1919, P.Geddes). Constrúese o centro actual cos grandes hoteis (King David) e barrios residenciais segundo a moda dos ocupantes (cidade xardín inglesa) e os novos inmigrantes, arquitectos alemáns que traen o estilo internacional da Bauhaus[63].
Trala progresiva colonización xudea, a guerra de 1948 e a independencia de Israel, o armisticio deixou unha liña verde entre a parte occidental (israelí) e o leste xunto a cidade vella (árabe)[64]. Porén a raíz da Guerra dos Seis Días de 1967 Israel anexionou unilateralmente os barrios orientais [65].
Dende entón, séguese a producir o desenvolvemento de novas áreas na zona ocupada [66][67], configurando unha metrópole entre dúas beiras, dous mundos enfrontados (Israel e Autoridade Nacional Palestina en Cisxordania dende 1994).
↑David Noel Freedman; Allen C. Myers; Astrid B. Beck (2000). Eerdmans dictionary of the Bible. Wm. B. Eerdmans Publishing. pp. 694–695. ISBN978-0-8028-2400-4. Consultado o 19 de agosto de 2010. Nadav Na'aman, Canaan in the 2nd Millennium B.C.E., Eisenbrauns, 2005 pp.177ff. ofrece unha opinión diferente, argumentando que para a transcrición Rôsh-ramen, etimoloxilazada a r'š (cabeza) e rmm (exaltación), para significar a Cabeza exaltada e non se refire a Xerusalén.
↑G. Johannes Botterweck, Helmer Ringgren (eds.) Theological Dictionary of the Old Testament, (tr. David E. Green) William B. Eerdmann, Grand Rapids Michigan, Cambridge, UK 1990, Vol. VI, p. 348
↑G. Johannes Bottereck, Helmer Ringgren, Heinz-Josef Fabry, (eds.) Theological Dictionary of the Old Testament, tr. David E. Green, vol. XV, pp. 48–49 William B. Eeerdmanns Co. Grand Rapids, Michigan/Cambridge UK 2006, pp. 45–6
↑Denise DeGarmo (9 de setembro de 2011). "Abode of Peace?". Wandering Thoughts. Center for Conflict Studies. Arquivado dende o orixinal o 26 de abril de 2012. Consultado o 17 de decembro de 2011.
Hanceville, AlabamakotaNegaraAmerika SerikatNegara bagianAlabamacountyCullmanLuas • Total4,1 sq mi (10,6 km2) • Luas daratan4,1 sq mi (10,6 km2) • Luas perairan0 sq mi (0 km2)Ketinggian541 ft (165 m)Populasi (2000) • Total2.951 • Kepadatan719,8/sq mi (278,4/km2)Zona waktuUTC-6 (Central (CST)) • Musim panas (DST)UTC-5 (CDT)Kode pos35077Kode area telepon256 Ha...
Sudut kota Innsbruck Innsbruck adalah kota di Austria yang menjadi pusat pemerintahan negara bagian Tirol. Kota yang terletak di bagian barat ini berpenduduk 140.000 jiwa (daerah urban). Di wilayah suburban berjumlah 250.000 jiwa (2005) dan pernah jadi tuan rumah Olimpiade musim dingin 1964 dan Olimpiade musim dingin 1976 innsbruck merupakan jantung kota di austria karena terletak di tengah pegunungan. Innsbruck Artikel bertopik geografi atau tempat Austria ini adalah sebuah rintisan. Anda da...
Study of ignorance in science Part of a series onSociology History Outline Index Key themes Society Globalization Human behavior Human environmental impact Identity Industrial revolutions 3 / 4 / 5 Social complexity Social construct Social environment Social equality Social equity Social power Social stratification Social structure Perspectives Conflict theory Critical theory Structural functionalism Positivism Social constructionism Symbolic interactionism Branches Aging Architecture Art Ast...
Sports teams of Davidson College, North Carolina, U.S. Davidson WildcatsUniversityDavidson CollegeConferenceAtlantic 10 Conference (primary)Pioneer Football LeagueSouthern Conference (wrestling)NCAADivision I (FCS)PresidentDouglas A. HicksAthletic directorChris ClunieLocationDavidson, North Carolina, U.S.Varsity teams19Football stadiumRichardson StadiumBasketball arenaJohn M. Belk ArenaBaseball stadiumT. Henry Wilson Jr. FieldNicknameWildcatsColorsRed and black[1] ...
1996 Russian crewed spaceflight to Mir Soyuz TM-24Soyuz TM-24 docked with Mir as seen from the Space Shuttle Atlantis during STS-79.OperatorRosaviakosmosCOSPAR ID1996-047A SATCAT no.24280Mission duration196 days, 17 hours, 26 minutes, 13 secondsOrbits completed~3,160 Spacecraft propertiesSpacecraftSoyuz 7K-STM No. 73Spacecraft typeSoyuz-TMManufacturerRKK EnergiaLaunch mass7,150 kilograms (15,760 lb) CrewCrew size3MembersValery KorzunAleksandr KaleriLaunchingClaudie An...
Este artículo se refiere o está relacionado con una infraestructura de transporte público futura o en desarrollo. La información de este artículo puede cambiar frecuentemente. Por favor, no agregues datos especulativos y recuerda colocar referencias a fuentes fiables para dar más detalles. Callao La estación se construirá bajo el cruce de las Avenidas Callao y Santa Fe.UbicaciónDirección Avenida Callao y Avenida Santa FeSector Recoleta (Buenos Aires)Datos de la estaciónConexiones ...
حركة التحرير الوطني الفلسطيني (فتح) شعار حركة فتح البلد دولة فلسطين التأسيس تاريخ التأسيس 1 يناير 1965 المؤسسون ياسر عرفات، عادل عبد الكريم ياسين، خليل الوزير، عبدالله الدنان، توفيق شديد قائد الحزب محمود عباس القادة محمود عباس الأمين العام جبريل الرجوب المقرات ال...
Civil ensign of the United Kingdom For the 1934 film, see Red Ensign (film). Red EnsignRed DusterUseCivil ensign Proportion1:2AdoptedBritish Merchant NavyDesignRed with the Union Jack occupying one quarter of the field and placed in the canton. World War II morale poster A well used Red Ensign worn on a motorboat The Red Ensign or Red Duster is the civil ensign of the United Kingdom of Great Britain and Northern Ireland. It is one of the British ensigns, and it is used either plain or defaced...
This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Awlad Himayd – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (March 2009) Awlad Himayd is a group of people who are part of the greater Baggara Arabs tribes of Kordofan and Darfur that includes the Habbaniya and Ta'isha. Description They speak Sudanese ...
Estimation of risk associated with exposure to a given set of hazards This article's lead section may be too short to adequately summarize the key points. Please consider expanding the lead to provide an accessible overview of all important aspects of the article. (February 2021) Risk assessment determines possible mishaps, their likelihood and consequences, and the tolerances for such events.[1] The results of this process may be expressed in a quantitative or qualitative fashion. R...
Questa voce o sezione sull'argomento politici pakistani non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Arif Alviعارف الرحمان علوی Presidente del PakistanDurata mandato9 settembre 2018 –10 marzo 2024 Capo del governoImran KhanShehbaz SharifAnwaar ul Haq Kakar PredecessoreMamnoon Hussain SuccessoreAsif Ali Zardari Dati gener...
Disambiguazione – Isole rimanda qui. Se stai cercando altri significati, vedi Isola (disambigua) o Isole (disambigua). Questa voce o sezione sull'argomento isole non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Isola al largo delle Figi. Un'isola (dal latino insŭla) è una porzione di terra ...
IST EntertainmentNama asli아이에스티엔터테인먼트SebelumnyaA Cube Entertainment (2011–2015)Plan A Entertainment (2015–2019) Play M Entertainment (2019–2021)JenisUmumIndustriMusikGenreK-popDanceR&BDidirikan2011 (2011)PendiriChoi Jin-hoKantorpusatSeoul, Korea SelatanCabang6F, 151, Bongeunsa-ro, Gangnam-guPemilikKakao M (100%) (per Mei 2018)IndukKakao M(sejak 2015)Situs webplay-m.co.kr IST Entertainment (Hangul: 아이에스티엔터테인먼트) adalah perusahaan hibura...
Le informazioni riportate non sono consigli medici e potrebbero non essere accurate. I contenuti hanno solo fine illustrativo e non sostituiscono il parere medico: leggi le avvertenze. Ramipril Nome IUPACacido [2S,3aS,6aS]-1-[(2S)-2-[[(1S)-1-(etossicarbonil)-3-fenilpropil]ammino]-1-ossopropil]ottaidrociclopenta[b]pirrol-2-carbossilico Nomi alternativitritace Caratteristiche generaliFormula bruta o molecolareC23H32N2O5 Massa molecolare (u)416.511 g/mol Numero CAS87333-19-5 Numero EINECS642-90...
German Jewish rabbi and theologian (1873–1956) Leo BaeckBust of Leo Baeck at the Wiener Holocaust LibraryPersonalBorn(1873-05-23)23 May 1873Lissa, Province of Posen, German EmpireDied2 November 1956(1956-11-02) (aged 83)London, EnglandReligionJudaismSpouseNatalie HamburgerDenominationReform JudaismSynagogueFasanenstrasse SynagogueSemikhahHochschule für die Wissenschaft des Judentums Leo Baeck (German pronunciation: [ˌleːo ˈbɛk] ⓘ; 23 May 1873 – 2 November 1956) wa...
Formal written document that creates law Not to be confused with statue. For other uses, see General Statutes (disambiguation). This article relies largely or entirely on a single source. Relevant discussion may be found on the talk page. Please help improve this article by introducing citations to additional sources.Find sources: Statute – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (May 2023) Statute of Grand Duchy of Lithuania, written in Polish A s...