Vía Dolorosa

Il Spasimo, Xesucristo levando a cruz, por Raphael, 1516

A Vía Dolorosa (en latín: Via Dolorosa; hebreo: ויה דולורוזה árabe: طريق الآلام) é unha rúa na cidade vella de Xerusalén, pola que segundo a tradición cristiá, camiñou Xesucristo ata o lugar da súa crucifixión. A ruta parte desde a Fortaleza Antonina, no barrio musulmán ata a Igrexa do Santo Sepulcro, no barrio cristián –arredor de 600 metros[1]—. A ruta actual quedou establecida no século XVIII, substituíndo varias versións anteriores da mesma.[2] Na actualidade está marcada por nove Estacións da Cruz, estando as cinco restantes no interior da Igrexa do Santo Sepulcro.

Itinerario Tradicional

Vía Dolorosa, Xerusalén.
Sinal indicando o nome da rúa en árabe, hebreo e inglés.

O itinerario tradicional comeza xusto dentro da Porta dos Leóns (Porta de Santo Estevo), preto da localización da antiga Fortaleza Antonina, dirixíndose cara ao oeste a través da cidade vella ata a Igrexa do Santo Sepulcro. Este itinerario baséase na procesión organizada polos franciscanos no século XIV.[3]

Galería

Notas

  1. Moubarak, Andre (2017). One Friday in Jerusalem. Jerusalem, Israel: Twin Tours & Travel Ltd. pp. 13. ISBN 9780999249420. 
  2. Jerome Murphy-O'Connor, The Holy Land, (2008), page 37
  3. "El desarrollo de las 14 estaciones a lo largo de los siglos". terrasanctamuseum.org. Arquivado dende o orixinal o 23 de outubro de 2018. Consultado o 23 de outubro de 2018. 

Véxase tamén

Outros artigos