0 de xaneiro

0 de xaneiro é un día ficticio, unha pseudodata empregada para organizar información.

Características

Refírese a un día que cumpriría imaxinar entre o 31 de decembro e o 1 de xaneiro. O obxectivo é manter a época do ano para o que publicou un aniversario, evitando así calquera referencia ao ano anterior, mesmo despois de aceptar que esta é a mesma data que o 31 de decembro do ano pasado.

A Unión Astronómica Internacional, reunida en Dublín en 1955, adoptou un calendario xuliano especial, que comezou ao mediodía do 0 xaneiro de 1900. Aínda que poida parecer confuso, pois é evidente que non hai ningún 0 de xaneiro no calendario habitual, o propósito da súa creación era só astronómico[1]. É similar ao 0 de marzo, usado no algoritmo Doomsday para calcular que día da semana é calquera día nun ano determinado

Notas

  1. "ASTROCLK Astronomical Clock and Celestial Tracking Program". Arquivado dende o orixinal o 28 de setembro de 2007. Consultado o 30 de setembro de 2010.