Juan Sieiro
Juan Sieiro González, nado en Maside o 2 de febreiro de 1835 e finado en Ourense o 30 de outubro de 1893, foi un filósofo e profesor galego. TraxectoriaEstudou Bacharelato no Seminario de Ourense e empezou a carreira de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e rematouna na de Madrid. Ao mesmo tempo estudou Teoloxía na Universidade Pontificia de Toledo. Gañou a cátedra de Grego no Instituto de Pontevedra, pero logo da supresión da cátedra pasou á de Filosofía no Instituto de Ourense. Alí permaneceu ata a súa morte en 1893. Colaborou en La Ilustración Gallega y Asturiana, Las Provincias, El Eco de Orense, El Heraldo, Galicia e Las Provincias de Madrid, con artigos de crítica literaria e fundou o xornal El Alerta en Pontevedra en 1864. PensamentoJuan Sieiro foi un dos principais representantes do krausismo en Galicia e así se reflicte na súa filosofía e no contido das súas clases. Obras
Véxase taménBibliografía
|