O edificio rematou de construírse en 1894. En 1933 foi vítima dun incendio provocado cuxa autoría non chegou a esclarecerse completamente. Ao final da segunda guerra mundial, durante a Batalla de Berlín, foi escenario de cruentos combates e resultou seriamente danado. Na década de 1960 realizáronse as reformas máis urxentes. O aspecto que ten na actualidade adquiriuno durante unhas obras nos anos 90 responsabilidade do arquitectobritánico Sir Norman Foster.
Tamén se coñece co nome de Reichstag a un Parlamento imperial elixido por sufraxio universal pero con escasas atribucións creado durante a Unificación alemá.