Guerra do Golfo

Guerra do Golfo

Tipo guerra Editar o valor en Wikidata
Data 2 de agosto de 199028 de febreiro de 1991
Localización Golfo Pérsico
Resultado Vitoria da Coalición, liberando Kuwait. Invasión de Kuwait por parte de Iraq.
Belixerantes
Coalición das Nacións Unidas Iraq
Baixas
378 mortos 25.000 - 30.000 mortos
Feridos
1.000 feridos 75.000 feridos
Operation Desert Shield (en) Traducir e Operation Desert Storm (en) Traducir Editar o valor en Wikidata

A chamada guerra do Golfo Pérsico ou simplemente guerra do Golfo foi a guerra que de 1990 a 1991 enfrontou a Iraq e a unha coalición internacional, composta por 34 estados e liderada polos Estados Unidos de América, como resposta á invasión e anexión de Iraq do emirato de Kuwait. Tamén é coñecida como Operación Treboada do deserto, nome da campaña liderada polos Estados Unidos para liberar Kuwait. En Iraq, a guerra é con frecuencia chamada simplemente Um M'aārak ("A nai de tódalas batallas").

En xullo de 1990, Saddam Hussein, presidente do Iraq, acusou a Kuwait de causar a caída dos prezos do petróleo e retomou antigas cuestíons de límites, alén de esixir indemnizacións. Como Kuwait non cedeu, o 2 de agosto de 1990, tropas iraquís invadiron Kuwait, coa esixencia do presidente Saddam Hussein de controlar os seus vastos e valiosos campos de petróleo. Este acontecemento provocou a inmediata sanción económica por parte das Nacións Unidas. As hostilidades comezaron en xaneiro de 1991, dando como resultado unha crucial vitoria para as forzas da coalición, o cal conduciu a que as tropas iraquís abandonaran Kuwait deixando un saldo moi alto de vítimas humanas. As principais batallas foron combates aéreos e terrestres dentro de Iraq, Kuwait, e a fronteira de Arabia Saudita. A guerra non se expandiu fóra da zona de Iraq-Kuwait-Arabia, aínda que algúns mísiles iraquís chegaron a cidades israelís. As causas da guerra, e incluso o seu nome, son aínda temas de controversia.

Invasión a Kuwait

Ó amencer do 2 de agosto de 1990, as tropas iraquís cruzaron a fronteira de Kuwait con vehículos armados e infantaría, ocupando postos estratéxicos en todo o país, incluíndo o Palacio do Emir. O exército de Kuwait foi rapidamente esmagado, aínda que conseguiron dar o tempo necesario para que as forzas aéreas daquel país puidesen fuxir a Arabia Saudita. A loita máis difícil desenvolveuse no Palacio do Emir, onde os membros da garda real loitaron para que a familia real tivera tempo de fuxir. Un curmán do Emir, quen comandaba a garda, estivo no grupo daqueles que morreron. As tropas saquearon reservas alimenticias e médicas, detiveron a miles de civís e tomaron o control do medios. Iraq detivo a miles de turistas occidentais como reféns para despois intentar usalos como escudo para as negociacións. Despois de que un breve goberno monicreque liderado por Alaa Hussein fose instalado, Iraq anexou Kuwait. Hussein instalou entón un novo gobernador provincial, describindo o acontecido como a "liberación" do pobo das mans do Emir, isto foi usado principalmente como propaganda de guerra.

A guerra

Mapa dos países que integraron a coalición contra Iraq.

Como resposta a estes sucesos, o 16 de xaneiro de 1991 unha coalición internacional de 31 países liderada polos Estados Unidos e baixo mandato da ONU, iniciou unha campaña militar coa fin de obrigar ó exército invasor a repregarse fóra de Kuwait. Os países integrantes da coalición eran Arxentina, Arabia Saudita, Australia, Bangladesh, Bélxica, Canadá, Checoslovaquia, Corea do Sur, Dinamarca, Exipto, Emiratos Árabes Unidos, España, Estados Unidos de América, Francia, Grecia, Hungría, Reino Unido, Italia, Kuwait, Marrocos, Países Baixos, Nova Zelandia, Nixeria, Noruega, Omán, Paquistán, Polonia, Portugal, Qatar, Senegal e Siria. Para a batalla, a coalición lograra reunir un exército de 680.000 homes, 2.000 carros de combate e unha frota de 100 barcos de guerra entre os que había seis portaavións, ademais dun impresionante despregamento aéreo de polo menos 1.800 avións. Cabe destacar que o continxente norteamericano era por moito o máis numeroso con 415.000 soldados dos cales 27.000 eran mulleres.

Os iraquís dispoñían dun exército de 545.000 soldados, 4.500 blindados e 700 avións de combate entre os que había MiG-21, MiG-23, MiG-25, MiG-29, Mirage F-1, Su-24 e algúns bombardeiros Tupolev tu-22K. Tamén contaban cun bo número de mísiles balísticos Scud-B de alcance medio e algunhas plataformas móbiles coas cales era posible disparalos dende calquera zona en Iraq. Todo isto sen mencionar un importante arsenal de armas químicas e biolóxicas que diferentes países occidentais, entre eles Estados Unidos, propocionáranlle a Saddam Hussein durante a sanguenta guerra irano-iraquí que o ditador librara uns anos antes.

Inicialmente, a operación aliada recibiu o nome de "Escudo do Deserto" e máis adiante sería rebautizada como "Treboada do Deserto". A campaña iniciouse o 17 de xaneiro cunha serie de bombardeos nos que se utilizaron 100 mísiles cruceiro Tomahawk disparados dende barcos estacionados en augas do mar Vermello e o golfo Pérsico. Algúns dos brancos alcanzados durante os primeiros ataques foron 3 Palacios Presidenciais, o Ministerio de Defensa, a Dirección de intelixencia militar, cinco estacións de teléfono, a ponte Ashudad, o Cuartel xeral do Exército do Aire, unha fábrica de ensamblado de mísiles Scud, a sede do partido Baath, a sede central da policía, a estación central de televisión e diferentes ministerios. Durante a primeira semana de ataques aéreos, a coalición anunciou que se logrou a destrución de cando menos 350 avións inimigos, mentres que os iraquís afirmaban ter derrubado 60 avións aliados. A coalición unicamente recoñecería a perda de 4 avións e máis tarde daríase a coñecer que unha refinaría de Khafji en Arabia Saudita fora atacada pola artillaría iraquí.

Nun intento por rachar a coalición e provocar a saída de Exipto, Siria e outras nacións árabes do conflito, Saddam Hussein deu a orde de bombardear Israel usando mísiles Scud-B para obrigar ó Estado hebreo a entrar na guerra. A táctica non funcionou e os israelís abstivéronse de tomar represalias[Cómpre referencia], pero estes ataques obrigaron á coalición a modificar os seus plans. A partir dese momento, as plataformas móbiles coas cales os iraquís disparaban contra Israel serían o obxectivo principal dos ataques. En total uns 41 mísiles Scud con carga convencional impactarían sobre as cidades israelís de Tel-Aviv e Haifa.

O pánico apoderouse dos habitantes de Israel, pois temían que Saddam Hussein decidise lanzar un ataque químico ou biolóxico en calquera momento. Debido a isto, o goberno de Israel distribuíu máscaras antigás. O día 19 un bombardeo Iraquí causou a morte de 3 persoas e deixou feridas outras 16. Para evitar isto, o exército dos Estados Unidos dispuxo a instalación de 6 baterías de anti-mísiles Patriot en territorio israelí, 2 en Turquía e 21 en Arabia Saudita. A pesar do despregamento da defensa anti-mísil, isto non impediu que 46 mísiles Scud caesen sobre terrotorio saudita. De feito aínda, ata o día de hoxe, a efectividade dos anti-mísiles Patriot ó longo a Guerra do Golfo é obxecto de debate.

A campaña aérea

Apenas iniciadas as hostilidades, os italianos lanzaron oito avións Tornado para atacar brancos dentro de Kuwait. Sete destes avións deberon abortar a misión debido a problemas loxísticos e só un internouse en Kuwait de onde nunca máis volveu. O piloto e o navegante foron reportados como desaparecidos. A Royal Air Force británica, pola súa banda, experimentou serios problemas nos seus ataques ás bases aéreas iraquís. O obxectivo dos ingleses era deixar caer bombas JP-233 para inutilizar as pistas, aínda que para isto os avións debían voar a non máis de vinte metros de altura para evitar os rádares ou pola contra serían detectados con antelación. Deste xeito, os británicos perderon cinco avións Tornado nas primeiras 400 misións. Debido a este incidente, os británicos suspenderon os ataques a baixa altura. A Forza Aérea iraquí efectuou algunhas saídas nun intento por defende-lo país, pero non había moito que puidese facer xa que a coalición contaba con avións de última xeración como o F-15 Eagle, o F-16 Falcon, o F-14 Tomcat, o Panavia Tornado, o F-117 Nighthawk e outros máis que eran apoiados por avións de contramedidas electrónicas e AWACS. De feito nunca houbo propiamente unha batalla aérea, salvo algúns encontros esporádicos e a maioría dos avións de Iraq foron destruídos nos búnkeres onde se atopaban ou nas pistas. Nos combates aéreos, os iraquís perderon 39 avións dos cales 30 derrubamentos foron causados polos F-15 Eagle. Calcúlase que uns 127 avións de Iraq foron destruídos durante o conflito, entre estes contábanse cinco dos seis bombardeiros Tupolev tu-22K con que contaba a nación árabe. Aínda así, un MiG-25 iraquí logrou derrubar un F/A-18 Hornet do escuadrón VFA-81 Sunline durante unha escaramuza. Á súa vez, os F-15 Eagle da Forza Aérea Real Saudita encargáronse de dous Mirage F-1 iraquís. Máis adiante, un escuadrón de MiG-25 localizou e interceptou a un grupo de F-111 e F-15C. A actuación dos avións iraquís logrou que os mísiles SAM en terra puidesen derribar un dos F-15C Eagle. Así mesmo, tres F-16 Falcon estadounidenses foron destruídos por fogo antiaéreo durante unha misión de ataque e outros tres máis serían abatidos en distintos escaramuzas. Con todo, pese aos esforzos dos iraquís, a superioridade da coalición foise impoñendo rapidamente e unha patrulla de F-15 Eagle abateu dous MiG-25. Durante os encontros sucesivos sobre os ceos de Iraq, os F-15 Eagle norteamericanos lograron abater 5 MiG-29, 8 MiG-21, 2 SU-25, 4 SU-22, 1 SU-7 e 8 Mirage F-1. Aínda o 19 de xaneiro un MiG-29 conseguiu derribar un Tornado británico, pero pronto se fixo evidente que non había forma de competir co poderío da coalición e os mellores pilotos iraquís decidiron fuxir nos seus avións cara a Irán. Estímase que un total de 115 avións militares e 33 aparellos civís acharon refuxio en chan iraniano[Cómpre referencia].

Cara ó final do conflito reportouse a perda de 38 avións da coalición, a maioría abatidos por fogo antiaéreo. Privados de forza aérea e acosados por intensos bombardeos, as forzas de Iraq optaron por protexer as súas tropas e o seu equipo baixo terra co que perderon toda mobilidade. Unha vez alcanzada a total supremacía aérea, a coalición incrementou os seus ataques a fin de que Saddam Hussein dese a orde de retirarse de Kuwait e aceptase renderse. Todas as cidades de Iraq foron branco de bombardeos e sufriron severos danos; morreron decenas de miles xa que as bombas que os aliados lanzaron sobre todo Iraq tiveron unha capacidade destrutiva equiparable a unhas oito veces a bomba de Hiroshima[Cómpre referencia]. Un dos incidentes máis soados ocorreu o 13 de febreiro cando dous mísiles impactaron nun refuxio antiaéreo en Bagdad chamado Al-Ameria e provocaron a morte de 1.200 civís.

Os resultados da campaña aérea foron abafadores para as forzas iraquís e minguaron terriblemente a súa capacidade de combate por non falar da súa moral. Estímase que ó termina-la guerra uns 2.435 tanques, 1.443 blindados e 1.649 pezas de artillaría foron destruídos ou inutilizados como consecuencia directa dos demoledores ataques aéreos. Cabe destacar que o A-10A Thunderbolt II norteamericano deu bos resultados nas súas accións contra os blindados iraquís.

A campaña terrestre

Mapa do plan de invasión terrestre.

O 13 de febreiro de 1991, algunhas unidades da 1ª e 2ª División de Marines despregadas na fronteira con Arabia Saudita realizaron algunhas incursións de tanteo dentro de Kuwait co obxectivo de medir o perigo con vistas a iniciar un ataque por terra. O certo é que os iraquís comezaran a repregarse desde principios de febreiro e a moral das tropas era baixa. Das 42 divisións despregadas en Kuwait, polo menos 14 foran desbandadas e só 19 conservaban entre un 60% e un 70% das súas capacidades de combate. O resto das forzas iraquís achábase nunha situación precaria e comezaron as desercións en masa.

O plan do xeneral Schwarzkopf dependía de manter unha forza significativa de marines fronte ás costas da capital de Kuwait, o cal fixo crer aos iraquís que as forzas norteamericanas efectuarían un desembarco e obrigounos a concentrar as súas tropas nesa zona. O seguinte paso da coalición foi mobilizar o groso das súas forzas cara ó oeste, en dirección á liña Wadin al Batin onde as defensas iraquís consistían en meros outeiros de area, dispersos e non garecidos ademais de gabias e campos minados. As forzas norteamericanas estiveron acompañadas pola 6ª División acoirazada, Daguet, francesa, e a 1ª británica, coas soadas Desert Rats. Os franceses ocuparon todo o tempo a posición máis occidental funcionando como un escudo protector para o resto das forzas aliadas. O plan recibiu o nome de Hail Mary e consistía en rodear ás forzas inimigas a través dun flanco para envolvelas, sorprendelas e ó mesmo tempo cortarlles a retirada.

Ós dous días de iniciar o asalto terrestre, uns cen mil soldados iraquís rendéronse en masa ante as forzas da coalición que avanzaban sen ningún problema. Ata un dos oficiais norteamericanos mencionou que atravesaban as poucas liñas iraquís que atopaban como "coitelo en manteiga". A única batalla por terra de certa importancia foi denominada 73 Easting na que carros de combate do sétimo corpo topáronse coa división Tawakalna da Garda Republicana que se retiraban e comezaron un enfrontamento que durou seis horas. O 25 de febreiro un mísil Scud impactou contra un cuartel norteamericano situado en Arabia Saudita e causou a morte inmediata de 25 soldados e 50 máis resultaron gravemente feridos. O 28 de febreiro de 1991 Iraq rendeuse e aceptou as condicións impostas polas Nacións Unidas. Nese momento as forzas francesas da 6ª División acoirazada achábanse a só 150 quilómetros de Bagdad. Ó final do conflito a coalición internacional reportou a perda de 378 soldados e uns 1.000 resultaron feridos. Os iraquís levaron a peor parte xa que as súas baixas oscilaron entre os 25.000 e 30.000 mortos[Cómpre referencia].

A posguerra

Tralo conflito, a ONU impuxo a Iraq un severo embargo que produciu gravísimos trastornos sociais no país.

  • En xullo de 1992, avións británicos e estadounidenses engalaron en Turquía e queimaron cultivos en Iraq.
  • O 30 de xuño de 1993, Estados Unidos bombardeou Iraq en represalia por unha suposta conspiración para asasinar a George Herbert Walker Bush.
  • Do 16 de decembro ao 19 de decembro de 1998, mentres nos Estados Unidos arreciaba o "escándalo Lewinsky", os EEUU e Gran Bretaña levaron a cabo sobre Iraq unha serie de bombardeos que chamaron «Operación Raposo do Deserto».
  • No ano 2002 George W. Bush acusou a Iraq de constituír un «eixe do mal», xunto con Corea do Norte e Irán, desencadeando a Invasión de Iraq de 2003 baixo os pretextos sen fundamento de ter gran cantidade de armas de destrución masiva, e de ter vínculos con Al-Qaeda.

Véxase tamén

Outros artigos

Read other articles:

Questa voce o sezione sull'argomento università del Regno Unito non cita le fonti necessarie o quelle presenti sono insufficienti. Puoi migliorare questa voce aggiungendo citazioni da fonti attendibili secondo le linee guida sull'uso delle fonti. Questa voce sull'argomento università del Regno Unito è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. London School of Economics and Political Science(EN) The London School of Economics and Politi...

 

Goodbye MotherPoster filmNama lainVietnamThưa mẹ con đi SutradaraTrịnh Đình Lê MinhPemeranLãnh ThanhVõ Điền Gia HuyHồng ĐàoTanggal rilis 16 Agustus 2019 (2019-08-16) Durasi106 menitNegaraVietnamBahasaVietnam Goodbye Mother (bahasa Vietnam: Thưa mẹ con đi) adalah film sosio-psikologis Vietnam yang mengangkat tema isu LGBT. Film ini menandai debut penyutradaraan dari Trịnh Đình Lê Minh. Film ini dirilis pada tahun 2019 dan menampilkan pemeran utama yait...

 

Halim Othman Halim Othman lahir di Terengganu, Malaysia yang kini menjadi presenter di radio Sinar FM dalam acara Sinar Pagi bersama penyampai radio, Rina. Ia juga seorang pembawa acara Roda Impian sebelum digantikan dengan Hani Mohsin. Halim juga menjadi host di acara Halim Othman Live di Astro Ria. Artikel bertopik biografi tokoh ini adalah sebuah rintisan. Anda dapat membantu Wikipedia dengan mengembangkannya.lbs

Presiden Republik Sudan SelatanPetahanaSalva Kiir Mayarditsejak 30 Juli 2005Masa jabatan5 tahunDibentuk9 Juli 2005Pejabat pertamaJohn Garang Berikut merupakan daftar Presiden Sudan Selatan.. Tanggal yang dicetak miring menunjukkan indikasi kontinuitas pemerintahan de facto, meskipun sifat jabatannya mungkin telah berubah. Masa jabatan Pejabat Afiliasi Catatan Pemerintah Sudan bagian Selatan 9 Juli 2005 hingga 30 Juli 2005 John Garang, Presiden Pemerintah Sudan bagian Selatan SPLA/M Menin...

 

Enola Gay dan krunya Untuk lagu, lihat Enola Gay (lagu). Enola Gay ialah nama pesawat pengebom yang pada Perang Dunia II menjatuhkan bom atom, bernama Little Boy (Bocah Kecil) terhadap kota Hiroshima pada tanggal 6 Agustus dan Fat Man (Orang Gemuk) terhadap kota Nagasaki pada tanggal 9 Agustus 1945 di Kekaisaran Jepang. Pengeboman itu merenggut nyawa sekitar 80.000 jiwa manusia di Hiroshima dan 140.000 di Nagasaki. Pesawat ini berjenis B-29 Superfortress dengan nomor seri B-2945-MO 44-86292 d...

 

1992 single by U2 OneSingle by U2from the album Achtung Baby B-sideLady with the Spinning Head (UV1)Released24 February 1992 (1992-02-24)RecordedOctober 1990 – September 1991Studio Hansa Ton Studios (Berlin) Elsinore (Dalkey) Windmill Lane Studios (Dublin) GenreRockLength4:36LabelIslandComposer(s)U2Lyricist(s)BonoProducer(s)Daniel Lanois with Brian EnoU2 singles chronology Mysterious Ways (1991) One (1992) Even Better Than the Real Thing (1992) Audio samplefilehelpMusic video...

Posko fall-out, bangunan pelindung dari radiasi fadioaktif fall-out, di kota New York Luruhan nuklir (Inggris: Nuclear fallout) adalah sisa atau bagian-bagian radioaktif yang terlepas di atmosfer setelah suatu senjata nuklir meledak dan bagian-bagian ini beterbangan dibawa aliran udara.[1] Gejala ini disebut juga dengan Black Rain sebab merujuk pada materi yang beterbangan di udara berupa debu-debu dan abu yang terpancar ketika senjata nuklir meledak, tetapi debu-debu tersebut bis...

 

Peta pembagian administratif tingkat pertama Tajikistan Pembagian administratif Tajikistan terdiri atas empat tingkat hierarkis. Tingkat pertama terdiri atas dua provinsi Sughd and Khatlon, provinsi otonom Gorno-Badakhshan, Region Republik Subordinasi (dahulu Provinsi Karotegin), dan ibu kota Dushanbe. Tingkat kedua adalah distrik (ноҳия, nohiya) yang dibagi menjadi tingkat ketiga jamoat (Тоҷикӣ). Tingkat keempat adalah desa yang disebut qyshqol (Шаҳрак) atau deha (Деҳот...

 

Jendrik SigwartBiographieNaissance 27 août 1994 (29 ans)Volksdorf (en)Surnom JendrikNationalité allemandeFormation Hochschule Osnabrück (en)Activités Chanteur, auteur-compositeur, acteurPériode d'activité depuis 2016Autres informationsInstruments Piano, violon, ukuléléSite web (en) www.jendriksworld.commodifier - modifier le code - modifier Wikidata Jendrik Sigwart, plus connu sous le mononyme Jendrik, né le 27 août 1994 à Hambourg en Allemagne, est un auteur-compositeur-...

Questa voce sull'argomento edizioni di competizioni calcistiche è solo un abbozzo. Contribuisci a migliorarla secondo le convenzioni di Wikipedia. Segui i suggerimenti del progetto di riferimento. Coppa delle Alpi 1985 Competizione Coppa delle Alpi Sport Calcio Edizione 25ª Organizzatore FFF, ASF Luogo  Svizzera  Francia Partecipanti 8 Risultati Vincitore  Auxerre(1º titolo) Secondo  Monaco Statistiche Incontri disputati 17 Gol segnati 75 (4,41 per incontro) ...

 

Pakistani television series Mujhe Beta ChahiyeWritten byAbdul Khaliq KhanDirected byAsim AliStarringSabreen HisbaniShahood AlviAiza AwanCountry of originPakistanOriginal languageUrduNo. of episodes26ProductionProducerSadia JabbarProduction locationsKarachi, SindhCamera setupMulti-camera setupProduction companySadia Jabbar ProductionOriginal releaseNetworkA-Plus TVRelease22 June (2019-06-22) –21 December 2019 (2019-12-21) Mujhe Beta Chahiye (transl. I want a son) is a 2019 Pak...

 

artikel ini perlu dirapikan agar memenuhi standar Wikipedia. Tidak ada alasan yang diberikan. Silakan kembangkan artikel ini semampu Anda. Merapikan artikel dapat dilakukan dengan wikifikasi atau membagi artikel ke paragraf-paragraf. Jika sudah dirapikan, silakan hapus templat ini. (Pelajari cara dan kapan saatnya untuk menghapus pesan templat ini) Parasite Eve II PublikasiEU: 25 Agustus 2000NA: 12 Januari 2000JP: 24 November 2010 (PSN)PAL: 31 Mei 2011 (PSN)NA: 23 Agustus 2011 (PSN)GenreActio...

Pour l’article homonyme, voir 55e division d'infanterie (Pologne). 55e division d'infanterie Insigne de la 55e division d'infanterie (1940). Création 1914 Dissolution 1940 Pays France Branche Armée de terre Type Division d'infanterie Rôle Infanterie Guerres Première Guerre mondialeSeconde Guerre mondiale Batailles 1914 - bataille de l'Ourcq1914 - 1re bataille de l'Aisne1915 - 2e bataille d'Artois1915 - 3e bataille d'Artois1916 - bataille de Verdun1918 - 1r...

 

Nicolai Copernici Torinensis De revolutionibus orbium coelestium, Libri VI (Sur les révolutions des orbes célestes, en six livres, par Nicolas Copernic de Toruń), édition originale de 1543 imprimée à Nuremberg par Johann Petreius (fac simile accessible en cliquant sur l'image). De revolutionibus orbium coelestium (Des révolutions des orbes célestes ou des sphères célestes) qui fut imprimé pour la première fois en 1543 à Nuremberg[1], est l'œuvre de l'astronome polonais Nicolas ...

 

Allgemeiner Deutscher Automobil-Club e.V.[1] Nuova sede a Monaco di Baviera Fondazione24 maggio 1903 come Deutsche Motorradfahrer-Vereinigung ScopoWahrnehmung und Förderung der Interessen des Kraftfahrzeugwesens und des Motorsports Sede centrale Monaco di Baviera PresidenteChristian Reinicke, ADAC-Präsident Membri21 178 729 (Fine 2020) Sito web Modifica dati su Wikidata · Manuale L'Allgemeiner Deutscher Automobil-Club e.V., abbreviato in ADAC, è il più grande club automo...

Land warfare branch of the Soviet Armed Forces (1946–1992) This article is about the Soviet Army between 1946 and 1991. For the Soviet Army from 1918 to 1946, see Red Army. You can help expand this article with text translated from the corresponding article in Russian. (February 2014) Click [show] for important translation instructions. View a machine-translated version of the Russian article. Machine translation, like DeepL or Google Translate, is a useful starting point for translati...

 

Landform in Utah and Arizona, United States For other uses, see Grand Staircase (disambiguation). This article includes a list of general references, but it lacks sufficient corresponding inline citations. Please help to improve this article by introducing more precise citations. (July 2016) (Learn how and when to remove this message) View from Utah Highway 12 of Grand Staircase–Escalante National Monument The Cockscomb at right runs along Cottonwood Canyon Road The Grand Staircase is an im...

 

United States historic placeChinese Tong Houses of Maui Island TRU.S. National Register of Historic PlacesHawaiʻi Register of Historic Places LocationMaui, HawaiiBuiltvariousArchitectvariousArchitectural stylenot listed/variousNRHP reference No.82000173, under the Chinese Tong Houses of Maui Island TR[1]HRHP No.50-50-10-01615[2]Significant datesAdded to NRHPNovember 15, 1982Designated HRHPJune 30, 1982 At their peak, there were six Chinese Society Ha...

ثيسبياي  خريطة الموقع تقسيم إداري البلد اليونان  إحداثيات 38°17′00″N 23°09′00″E / 38.283333333333°N 23.15°E / 38.283333333333; 23.15   [1] السكان التعداد السكاني 4443 (legal population of Greece) (2021)[2]4890 (legal population of Greece) (2011)[3]  معلومات أخرى 32002  22620  تعديل مصدري - تعديل   ثيسب...

 

В Википедии есть статьи о других людях с фамилией Лассаль. Шарль Лассальфр. Charles Lasalle Имя при рождении Антуан Шарль Луи де Ласалль (фр. Antoine Charles Louis de Lasalle) Прозвище «Гусарский генерал» (фр. Le général hussard),«Пи́каро» (исп. Pícaro) Дата рождения 10 мая 1775(1775-05-10)[1][2] Ме...