Trátase dunha das provincias chinesas cunha menor densidade de poboación, pois cunha extensión 1'4 veces superior á de España, nela viven pouco máis de 5 millóns de persoas, a maioría na capital Xining ou nos seus arredores. Esta baixa poboación da provincia explícase polo clima extremo, con invernos moi fríos e veráns moi quentes, xa que xeograficamente a provincia é unha prolongación natural da meseta do Tíbet.