Río Negro é unha provinciaarxentina situada no sur do país, ao norte da Patagonia. De acordo coa constitución provincial os nomes Provincia del Río Negro e Provincia de Río Negro son igualmente correctos. Limita ao norte coa provincia de La Pampa, ao leste coa de Buenos Aires, a sur con Chubut e ao oeste coa provincia de Neuquén e (separada pola cordilleira dos Andes) con Chile. Os seus símbolos oficiais son o Himno a Río Negro, o Escudo de Río Negro e a bandeira da provincia de Río Negro. A súa capital é Viedma e a cidade máis poboada San Carlos de Bariloche.
División administrativa
Territorialmente Río Negro atópase dividida en 13 departamentos, e estes en distritos. A Constitución provincial foi sancionada en 1958 e reformada en 1988.
Os departamentos inclúen á súa vez áreas de goberno local, denominadas municipios ou comisiones de fomento, segundo o caso. Estas utilizan o sistema de ejidos non lindeiros, polo que existen territorios non organizados nos espazos entre eles.