A provincia do Chaco[1] (El Chaco) é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1 053 466 habitantes (2010) e a súa capital é Resistencia.
A súa economía baséase no sector primario, onde destacan os cultivos de algodón, soia, a produción de gando vacún, e a extracción de madeira.
No 2010, Chaco pasou a ser a segunda Provincia arxentina en adoptar máis dun idioma oficial, ao declarar os idiomas qom (lingua nativa da etnia toba), moqoit (lingua nativa da etnia mocoví) e wichi (lingua nativa da etnia wichi) como idiomas oficiais alternativos da Provincia. Así, Chaco sumaríase á súa veciña Provincia de Corrientes como as únicas da República Arxentina en posuír máis dun idioma oficial (á parte do español oficial da Arxentina).
Notas e referencias
↑Goretti Sanmartín Rei et al. Servizo de Normalización Língüística, Universidade da Coruña, ed. Criterios para o uso da lingua(PDF). p. 120. ISBN84-9749-199-8. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 26 de setembro de 2013. Consultado o 14 de abril de 2014.