A provincia de Entre Ríos é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 1.236.300 habitantes (2010),[1] sendo a sétima provincia máis poboada do país, co 3,1% da poboación total nacional. A súa capital é Paraná.
Con 78.781 quilómetros cadrados (distribuídos territorialmente en 66 976 km² de terra firme e 11 805 km² de illas e terras anegadizas), é a décima sétima provincia máis extensa do país, ocupando o 2,83 % da superficie total do mesmo.
A miúdo defínese como unha provincia de carácter "insular", por estar rodeada por ríos e arroios. Os seus principais accesos están constituídos por pontes e un túnel subfluvial. A rede de auga superficial e profunda, a través de acuíferos e apta para o consumo inmediato, é até 12 veces maior que en calquera outra provincia arxentina.[2]