A provincia de Terra de Fogo, Antártida e Illas do Atlántico Sur[1][2][3] (en castelán: Tierra del Fuego, Antártida e Islas del Atlántico Sur), de xeito simplificado Terra de Fogo ou Terra do Fogo,[4][5] é unha das 23 provincias da Arxentina. Ten unha poboación de 127.205 habitantes (2010)[Cómpre referencia] e a súa capital é Ushuaia.
Toponimia
Tierra del Fuego: Fernão de Magalhães (1520) nomeouna «Tierra de los fuegos» ao ver desde o seu barco os fachos dos selk'nam.[6]
Ushuaia: Nome que deriva das voces ushu (que significa ‘ao fondo’) e uaia (‘caleta, baía ou porto’), en lingua yámana, e significa ‘baía que penetra cara ao oeste’.[7]
Río Grande: Débese ao río Grande, en cuxas beiras aséntase a cidade. Este nome comezou a usarse en 1891.
Tolhuin: En lingua selk'nam significa ‘corazón’, e atópase no corazón da illa.
Xeografía física
Localización
O territorio da provincia está composto pola parte oriental da illa Grande da Terra do Fogo e a illa de los Estados. A illa limita ao norte co estreito de Magalhães, ruta de comunicación entre os océanos Atlántico e Pacífico e ao sur co canal Beagle. Os límites provinciais esténdense no sector Antártico arxentino e Illas do Atlántico Sur, entre os meridianos 25°O. e 74°O. e o paralelo 50°S, formando parte do territorio provincial grandes extensións de auga sobre o Atlántico.[8]
Superficie incluíndo os territorios en litixio e os reclamados: 1 002 352 km², súmase á superficie anterior a da Antártida Arxentina e as illas do Atlántico Sur.
A vía de comunicación entre as localidades principais é a ruta nacional n.º 3. Existen servizos de transporte privado que unen Ushuaia con Río Grande, pasando por Tolhuin, con saídas diarias e con frecuencia horaria ampla.
Para acceder á parte continental do país hai que transitar por territorio chileno uns 150 km, cruzando ademais o estreito de Magalhães en barcaza (transbordador).
Marítimo
Porto de Ushuaia: arriban buques de transporte naval, barcos comerciais e turísticos. É o porto da Arxentina máis próximo á Antártida.
Porto de Río Grande, con violentas correntes. Atópase en construción o porto Caleta La Misión nas proximidades da cidade.
↑Benigno Fernández Salgado (edición) (2004). Dicionario Galaxia de usos e dificultades da lingua galega. Editorial Galaxia. p. 1299. ISBN9788482887524.
↑Canclini, Arnoldo (1984). "Apéndices". En Asociación Hanis. Ushuaia 1884-1984(en español) (1 ed.). Arxentina: Municipalidad de Ushuaia. p. 529. Debido a lo difícil de la pronunciación nativa (...) la variaciones de la grafía son enormes. (...) En 1938, el libro La nomenclatura geográfica y la terminología técnica, Santiago, Chile, traía dieciocho variantes (...)