The Oprah Winfrey Show é un talk show estadounidense que se emite en sindicación producido e presentado por Oprah Winfrey. Desde que comezou en 1986 dominou durante máis de vinte anos os índices de audiencia da televisión en horario daytime.[1]
Historia e características
O programa emíteno a maioría das canles afiliadas á ABC, outras emíteno a través da distribuidora CBS Television Distribution e ten un alto grao de influencia na cultura popular estadounidense. Así os libros que presenta nos seu Book Club, un segmento mensual do programa, adoitan ver aumentadas as súas vendas nas semanas seguintes[2]; internacionalmente emíteno moitas canles de lingua inglesa en todo o mundo. O 19 de novembro de 2009 anunciouse que o programa rematará o 9 de setembro de 2011 para comezar un novo talk show nunha futura canle que levará o seu nome, OWN: The Oprah Winfrey Network[3]. Segundo TV Guide é un[4] dos 50 mellores programas da televisión estadounidense de todos os tempos.
Notas
↑"TV Squad". Arquivado dende o orixinal o 24 de setembro de 2010. Consultado o 07 de outubro de 2010.