Eclipse
![]() ![]() Unha eclipse é un acontecemento astronómico consistente na interposición dun corpo celeste entre outros dous. En xeral, enténdese que os tres corpos implicados son o Sol, nun extremo, e a Terra ou a Lúa no outro da aliñación. Dende a Terra pódense observar dous tipos de eclipses: de Sol e de Lúa. A eclipse de Sol prodúcese cando a Lúa se pon no medio do Sol e a Terra, e a de Lúa cando a Terra non deixa chegar a aquela a luz do Sol, co que se oculta, facéndose invisible. As eclipses de Sol só son visible dende a zona da Terra que queda sombreada, namentres as eclipses de Lúa son visibles dende todos os puntos da Terra que nese momento están dirixidos cara á Lúa. As eclipses poden ser parciais, totais, e, as de Sol, anulares. Son totais cando un corpo se oculta totalmente detrás do outro. Son parciais en caso contrario; de calquera xeito, unha eclipse pasa por etapas de parciais antes de chegar á totalidade. As de Sol poden ser anulares, xa que a Lúa, a pesar de estar moito máis próxima que o Sol, é moito máis pequena, e o tamaño aparente en xeral é lixeiramente máis pequeno que o do Sol. Outras efemérides poden ser consideradas eclipses, aínda que se distinguen normalmente co devandito nome de efemérides. Un tipo destas son os tránsitos: o martes 8 de xuño de 2004 Venus pasou por diante do Sol, distinguíndose dunha eclipse polo feito de que o tamaño aparente de ambos os dous corpos é moi diferente, co que non se aprecia cambio de luminosidade no Sol. Este fenómeno acontecera xa o 6 de decembro de 1882, e a seguinte vez será en xuño de 2012, aínda que non será visíbel desde Galiza. A palabra eclipse provén do grego ἔκλειψις ékleipsis 'desaparición, eclipse' e ese do verbo ἐκλείπω ekléipo, 'deixar de existir'. Tipos de eclipses![]()
Unha eclipse na que participen o Sol, a Terra e a Lúa só pode ter lugar cando están en liña. Dado que o plano da órbita da Lúa está inclinado respecto do plano da órbita da Terra (a eclíptica), as eclipses só acontecen cando os tres corpos están preto da intersección (o nodo destes planos. O Sol pasa por cada nodo unha vez ao ano e as eclipses teñen lugar nun período de aproximadamente dous meses dracónicos arredor dese tempo. Pode haber entre catro e sete eclipses nun ano de calendario. Repítense de acordo cos ciclos de eclipses. Fases dunha eclipse![]() Fases xerais dunha eclipse solar
Fases locais dunha eclipse solar![]()
Fases dunha eclipse lunar![]() Hai tres tipos de eclipses lunares: penumbral, no que a Lúa percorre só a penumbra da Terra; parcial, no que a Lúa cruza parcialmente a umbra da Terra; e total, no que a Lúa cruza totalmente a umbra da Terra.
As eclipses na etnografíaNa mitoloxíaCon anterioridade á astronomía moderna cada cultura tiña a súa explicación para as eclipses. Referíanse normalmente a conflitos entre forzas míticas. As eclipses na cultura popular galegaNon se poden comer as verduras sobre as que pasou a sombra dun eclipse ata pasadas 24 horas, porque as plantas quedan apestadas. Pola mesma razón, tampouco se pode botar o gando a pastar ata que o sol quente ben a herba.[1] En GalizaEclipses de SolEclipses de Lúa
Notas
Véxase taménOutros artigosLigazóns externas |