Arequipa

Modelo:Xeografía políticaArequipa
Ariqipa (qu) Editar o valor en Wikidata
Imaxe

Localización
lang=gl Editar o valor en Wikidata Mapa
 16°23′56″S 71°32′13″O / -16.398764, -71.536883
RexiónDepartamento de Arequipa
ProvinciaArequipa (província) (pt) Traducir Editar o valor en Wikidata
Capital de
Poboación
Poboación1.008.290 (2017) Editar o valor en Wikidata (1.551,22 hab./km²)
Xeografía
Superficie650 km² Editar o valor en Wikidata
Bañado porChili River (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Altitude2.335 m Editar o valor en Wikidata
Datos históricos
FundadorGarcí Manuel de Carbajal (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Creación15 de agosto de 1540 Editar o valor en Wikidata
Evento clave
xuño de 1857Siege of Arequipa (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Organización política
• Xefe do gobernoOmar Candia Aguilar (en) Traducir Editar o valor en Wikidata
Membro de
Identificador descritivo
Código postal04 Editar o valor en Wikidata
Fuso horario
Prefixo telefónico054 Editar o valor en Wikidata
Outro
Irmandado con

BNE: XX452433
Arequipa.

Arequipa é unha cidade situada no extremo suroeste do Perú a unha altura de 2.335 msnm e situada nun fértil val entre a área costeira do deserto de Atacama e os contrafortes da Cordilleira dos Andes Occidentais. A cidade é a capital tanto da provincia de Arequipa, onde está situada, como da Rexión Arequipa onde se localiza a provincia.

Historia e características

A área metropolitana de Arequipa constitúese como a segunda máis extensa ocupando unha extensión territorial próxima aos 3.000 km² e así mesmo como a segunda máis visitada do Perú.

Na actualidade, constitúe un eixo comercial importante na zona sur do país, conta tamén con dous parques industriais, constituíndose como a «cidade máis industrializada despois do eixo Lima-Callao», mantén estreitos vinculos comerciais con Bolivia e o Brasil, atópase comunicada por ferrocarril co porto de Matarani, o porto con maior movemento despois do Porto do Callao [1], así mesmo destaca a produción téxtil de la de camélidos con calidade de exportación[2].

Arequipa posúe tamén unha variada gastronomía, polo que foi declarada como «Capital Gastronómica do Perú».[3]

Coñéceselle desde a época colonial como «A Cidade Branca» polos seus numerosos templos e casaróns construídos con sillar (pedra de lava volcánica).[4] En 1868, a cidade foi practicamente destruída por un terremoto, polo que foi reconstruída case na súa totalidade. No seu centro histórico conserva casas virreinales e templos en estilo barroco e neogótico. No ano 2000, a UNESCO declarou ao Centro Histórico de Arequipa como Patrimonio Cultural da Humanidade.

Arequipa é coñecida tamén como terra de líderes por ser o lugar de nacemento de homes destacados no campo da política e así mesmo por ser unha das poucas cidades berce de varios presidentes da República do Perú e da República Arxentina. Tamén viu nacer a ilustres homes no campo das ciencias como Pedro Paulet (Pai da Aeronautica Moderna) e de recoñecidos escritores de fama internacional como Mario Vargas Llosa.

Notas

Véxase tamén

Ligazóns externas