Foi cronista oficial de Lugo, director do Museo Provincial de Lugo, membro correspondente da Real Academia de Belas Artes de San Fernando e numerario da Real Academia Galega, onde ingresou o 5 de xuño de 1971[2], apadriñado por Álvaro Cunqueiro. co discurso Noriega entre os poetas do seu tempo, dedicado ao seu finado amigo Antonio Noriega Varela[3]. O instituto da súa localidade natal, Castro de Ribeiras de Lea, leva o seu nome.
Obra
Ademais de numerosos artigos en todos os periódicos nos que traballou, Trapero Pardo tirou do prelo estas obras:
Trapero Pardo continuou redactando as historias de Pelúdez, que fora creado por Antonio de Cora Sabater. Pelúdez é un personaxe, creado nas páxinas do xornal El Progreso, que cada ano vén da aldea a Lugo para participar nas festas do patrón, San Froilán, que se celebran do 4 ao 12 de outubro. Durante eses días, reflexiona sobre o que ocorre nas festas e tamén sobre outros temas de actualidade. Baixo o pseudónimo Trapacero, Trapero Pardo ocupouse de recrear a Pelúdez dende 1939 ata despois da súa xubilación, dándolle unha retranca e un humor chairego que o fixeron moi popular. Coa súa escrita, logrou que Pelúdez, nado nas páxinas dun xornal, se convertera en todo un símbolo popular das festas maiores de Lugo, que mesmo ten unha estatua a carón da muralla romana.
A morte de Trapero produciuse precisamente en plenas festas de San Froilán, feito polo que o xornal e quen tomou o relevo do personaxe, Xosé de Cora, adicáronlle unha serie de artigos recompilados posteriormente no libriño "Pelúdez despide a Trapacero" (1995).