Sempre vinculado ó seu concello natal, pasou dous anos da súa infancia en Asados (Rianxo), e realizou os estudos de bacharelato na vila veciña de Padrón. Foi no instituto onde tivo o primeiro contacto coa literatura galega da man do seu mestre de lingua castelá, Bernardino Graña. Gañou premios de poesía e narrativa cando era bacharel, en certames literarios celebrados no propio centro de ensino.
Despois destes primeiros anos de formación e concienciación, ingresa na Universidade de Santiago de Compostela, onde estudou Filoloxía Hispánica coa especialidade en lingua galega. Na época universitaria compaxinaba os estudos e o traballo, que tiña en Padrón, residindo na vila das Terras de Iria. A súa tese de doutoramento na Universidade de Vigo foi Bretaña, esmeraldina e o sistema literario galego (2006).[4]
Unha vez concluídos os estudos universitarios comeza a impartir clases de lingua e literatura galegas no IES Meixoeiro e na Facultade de Filoloxía e Tradución da Universidade de Vigo, Área de Filoloxía Galega e Portuguesa, Departamento de Filoloxía Galega e Latina.[5] Reside na cidade olívica e ten tres fillos.
En 2010 ingresou na Fundación Rosalía de Castro ocupando o posto de vogal e membro da executiva en substitución de Avelino Abuín de Tembra.[10] No ano 2012 presenta a súa candidatura á presidencia da Fundación, candidatura única e consensual, despois de que se producise a dimisión de Helena Villar Janeiro o 13 de abril, motivada por un desacordo na aprobación dos orzamentos dese ano.[11] Dende xuño de 2012 ostenta o cargo de presidente da Fundación Rosalía de Castro.[12].
Tomou posesión o 27 de abril de 2024 nunha sesión da RAG celebrada no Auditorio Municipal de Padrón pronunciando o discurso titulado I es a noite, i es a aurora. A poética da luz en Rosalía de Castro.[14] Respondeulle a académica Chus Pato.[15]
De Rosalía a Dieste. 33 anos das letras (1995). Vigo: Xerais, 1995.[23]
La poésie galicienne de 1936 à 1990. Poésie en Galicie aujourd hui (Avant-propos et Sélectio de Anxo Angueira. Poèmes traduits par Emma Lázare) (1999). Ed. Revue SOURCES., Namur - Belgique.
A espiral no espello: "Bretaña, Esmeraldina" e o sistema literario galego(2009). Vigo: Edicións Xerais de Galicia. 704 páxs, ISBN 978-84-9782-719-5,[24]
Rosalía 21 (2009). Xunta de Galicia, Dirección Xeral de Política Lingüística. ISBN 978-84-9782-880-2.
Rosalía de Castro: Cantares gallegos (2013). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-9914-504-4.
Rosalía de Castro: Follas novas (2016). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-9121-009-2.
Rosalía de Castro: En las orillas del Sar (2019). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-9121-502-8
Rosalía de Castro: La flor, A mi madre, poesía dispersa e traducións (2023). Vigo: Xerais. Estudo, edición, notas e comentarios de Anxo Angueira. ISBN 978-84-1110-366-4.
Entremés galego ao feliz e real parto da nosa raíña: (1707) (2019). Salvador Francisco Roel; Julio I. González Montañés (ed. lit.), Anxo Angueira Viturro (ed. lit.), Ramón Mariño Paz (ed. lit.). Santiago: Laiovento. ISBN 9788484874560.
↑Martínez González, Xurxo (Xaneiro-xuño, 2020). "A provocación de Angueira. "Rexurdimento, a palabra e a idea".". Grial. LVIII (225, 226): 85–87. ISSN0017-4181.