Juan Rodríguez Cabrero,[1] nado en Cristosende (A Teixeira) o 8 de febreiro de 1880 e finado en Marín o 27 de decembro de 1949, foi un relixioso da Congregación de María e escritor galego en lingua castelá, membro numerario da Real Academia Galega.
Traxectoria
Emigrou a Cuba e foi profesor e reitor do seminario de Matanzas. Foi un dos organizadores da Asociación Iniciadora y Protectora de la Academia Gallega e fixo a entrada, en prosa castelá, do libro de poesía Vento mareiro (A Habana, 1915) de Ramón Cabanillas.[2]
Ingresou na RAG o 10 de xuño de 1946, a proposta de Salustiano Portela Pazos, Celestino Sánchez Rivera e Antonio Couceiro Freijomil, co discurso "Fr. Francisco Fidalgo de Araújo", sobre o dominico Francisco Araújo, lido por Ángel del Castillo (Rodríguez tiña unha afección á vista), que foi respondido por Paulino Pedret.[3]
Gran biógrafo, escribiu moitos traballos sobre personalidades galegas en diversas publicacións, como o boletín da Comisión de Monumentos de Orense e o Boletín de la Real Academia Gallega.
Finou na súa residencia dos P.P. Paúles de Marín.[4]
Obra
- "Errores sobre la Historia de Galicia", 1912.[5]
- "El egregio filósofo e insigne escritor P. Luis de Losada [1681-1748]", 1932.[5]
- Escritores ascéticos y místicos de Galicia, 1936.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Outros artigos
Ligazóns externas