María López Sández, nada en Lugo o 17 de setembro de 1973, é unha filóloga e ensaísta galega.[1]
Traxectoria
Fixo o bacharelato no IES Lucus Augusti e fixo a licenciatura en Filoloxía Hispánica, Inglesa e Galego-Portuguesa pola Universidade de Santiago de Compostela, e doutora en Teoría da Literatura e Literatura Comparada por esta universidade coa tese A descrición topográfica, o seu papel na construción dun imaxinario cultural no discurso literario galego ("Cantares gallegos", "Arredor de si" e o ciclo textual de "Tagen Ata"). Premio Fin de Carreira da Comunidade Autónoma de Galicia.[2] Impartiu docencia no ensino secundario (no CPI Fonte Díaz de Touro e no IES Xulián Magariños de Negreira),[3] sendo tamén profesora asociada na Facultade de Ciencias da Educación da USC.[4] O seu labor de investigadora centrouse na relación da literatura galega co imaxinario paisaxístico e co espazo urbano, así como no estudo da cartografía como semiótica do espazo.[5]
É autora de artigos e estudos sobre Rosalía de Castro (Rosalía e a paisaxe galega, Os efectos da aculturación en “El cadiceño” de Rosalía de Castro”). Participou en Congresos Internacionais con relatorios sobre Rosalía (O ensaio como subtexto na prosa de Rosalía de Castro, Cantares gallegos, novas perspectivas de análise).[6]
En 2022 foi escollida académica de número da Real Academia Galega.[7] Pronunciou o seu discurso de ingreso (Onde abrolla o manancial: a paisaxe na raíz do ensaísmo galego) o 11 de marzo de 2023.[8]
Obra en galego
Ensaio
Narrativa
Obras colectivas
Premios
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas