Eduardo Moreiras
Eduardo Moreiras Collazo, nado en Quiroga o 3 de xaneiro de 1914 e finado en Vigo o 28 de abril de 1991[1], foi un escritor galego.
Traxectoria
Estudou Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela, e viviu en Vigo. Foi fundador e director da revista Mensajes de Poesía entre 1948 e 1950. Traduciu ao castelán os poemas de Paul Éluard e de Elena Bono. A partir de 1955 escribiu só en galego.
Ingresou na Real Academia Galega o 28 de xaneiro de 1978[2], a proposta de Francisco Fernández del Riego, Álvaro Cunqueiro e Marino Dónega, co discurso Poesía: Coñecimento da realidade, respondido por Fernández del Riego.[3]
Vida persoal
Estivo casado trinta e dous anos con Olga Barreiro, con quen tivo tres fillos: Eduardo, Olga e Margarita Moreiras Barreiro. En 1982 casou en segundas nupcias coa poetisa Luz Pozo Garza.
Obra en galego
Poesía
Ensaio
Narrativa
- Primaveira no Lor, 1974, Galaxia.
- Fogo solto, 1976, Ediciós do Castro.
Edición
Obras colectivas
- Antoloxía da poesía galega actual. Nordés, 1978, Ediciós do Castro.
Premios
Obra en castelán
Poesía
- El bosque encantado, 1947, Vigo.
- Éxtasis, 1948, Vigo.
- Los oficios, 1952, Mensajes de Poesía, Vigo.
Tradución
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
|
|