Julio Rodríguez Yordi, nado na Coruña o 7 de novembro de 1894 e finado na mesma cidade o 27 de setembro de 1967,[1] foi un escritor, poeta, ensaísta e xornalista galego.
Traxectoria
Foi fillo do lexicógrafo Eladio Rodríguez González. Estudou a carreira de Comercio na Escola de Comercio da Coruña. Dedicouse á literatura e ó xornalismo e desenvolveu tamén unha labor empresarial.
Publicou as novelas Cristal y Sonrisa e La peña y la peña. Á súa morte publicáronse outras obras súas que estaban inéditas: Quenje en Conjo, Agenor, Haz de Ensayos, Rincón y esquina e Tren y andén, biografía y viografía. Colaborou asiduamente nos xornais El Orzán e El Noroeste.[2]
Ingresou como membro numerario na Real Academia Galega o 6 de outubro de 1955[3], a proposta de Ángel del Castillo, Leandro Carré Alvarellos, José Luís Bugallal Marchesi e Francisco Vales Villamarín, pronunciando o discurso Lo maternal en Emilia Pardo Bazán, respondido por Antonio Rey Soto.[4]
En agosto de 2013 os seus fondos manuscritos foron doados á Real Academia Galega polo seu fillo[5].
Vida persoal
Casou con María Luisa Durán Marquina.
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas