Marina Mayoral Díaz , nada en Mondoñedo [ 2] o 12 de setembro de 1942 , é unha escritora galega en galego e castelán .[ 1]
Traxectoria
Estudou os primeiros cursos de Filosofía e Letras na Universidade de Santiago de Compostela e licenciouse en Filoloxía Románica na Universidade Complutense de Madrid . Desde os 19 anos vive en Madrid, pero sempre mantendo fortes lazos afectivos e culturais con Galicia.[ 3] Doutorouse en 1971 , con premio extraordinario, cunha tese sobre a poesía de Rosalía de Castro
Foi catedrática de Literatura Española na Universidade Complutense de Madrid . Publicou numerosos traballos de investigación e crítica literaria, entre os que destacan os estudos sobre Rosalía de Castro , Emilia Pardo Bazán e Valle Inclán .[ 4] Tamén realizou moitas análises de poesía e prosa contemporáneas.
Colabora en La Voz de Galicia desde 1990. Foi codirectora da colección Biblioteca de Escritoras de Editorial Castalia e dirixiu a colección Relatos de Editorial Edhasa e a colección Club de Clásicos de Ediciones SM .[ 5]
Varias das súas novelas foron traducidas ao alemán , italiano , polaco , portugués , catalán e chinés .[ 6] A acción da maioría das súas novelas desenvólvese en Brétema, un lugar imaxinario de Galicia.
En 2017 foi escollida académica de honra da Real Academia Galega .[ 7]
Obras
En galego
Narrativa
Unha árbore, un adeus , de Marina Mayoral, esta incluído na Biblioteca Galega 120 .
Contra morte e amor (1987). Xerais . 266 páxs. Trad. do castelán.[ 8]
O reloxio da torre (1988). Galaxia . 88 páxs.
Unha árbore, un adeus (1988). Galaxia. 92 páxs.[ 9] Foi traducida ao castelán.[ 10]
Chamábase Luís (1989). Xerais. 160 páxs. Ed. ePub. Foi traducida ao castelán,[ 11] ao catalán[ 12] e ao portugués.[ 13]
A man de neve (1992). Contos do Castromil .
Tristes armas (1994). Xerais. 136 páxs. 30ª edición en 2019. Ed. ePub. Foi traducida ao portugués[ 14] e ao inglés.[ 15]
Querida amiga (1995). Galaxia. 112 páxs. Foi traducida ao castelán.[ 16]
Ao pé do magnolio (2004). Galaxia. 216 páxs.[ 17]
Case perfecto (2007). Xerais. 296 páxs.[ 18]
Quen matou a Inmaculada de Silva? (2009). Xerais. 192 páxs. Trad. do castelán.[ 19]
O anxo de Eva (2013 ). Xerais. 352 páxs. Ed. ePub.
O que queda de nós (2023 ). Vigo: Galaxia. 284 páxs. ISBN 978-84-9151-895-2 . Reedición de Unha árbore, un adeus (1988) e Ao pé do magnolio (2004).
Ensaio
Por que Murguía destruíu as cartas de Rosalía? . Discurso lido no acto de recepción como académica de honra da RAG, 2017[ 20]
Obras colectivas
En castelán
Narrativa
Cándida, otra vez (1979). Ámbito Literario. Novela. Gañadora do Premio Ámbito Literario.
Al otro lado (1980). Magisterio Español S.A. Novela. Gañadora do Premio Novelas y Cuentos.
La única libertad (1982). Cátedra. Novela.
Contra muerte y amor (1985). Cátedra. Novela.
Morir en sus brazos y otros cuentos (1989). Aguaclara. Relatos.
El tiburón, el ángel y otros relatos (1991). Compañía Europea de Comunicaciones e Información. Relatos.
Recóndita armonía (1994). Alfaguara. Novela.
Dar la vida y el alma (1996). Alfaguara. Novela.
Recuerda, cuerpo (1998). Alfaguara. Novela.
La sombra del ángel (2000). Alfaguara. Novela
Querida amiga (2001). Alfaguara. Novela.
Solo pienso en ti (2006). H. KLICZKOWSKI. Novela.
¿Quién mató a Inmaculada de Silva? ( 2009). Novela
Deseos (2011). Alfaguara. Novela.
El abrazo (2015). Stella Maris. Novela
El amor, la vida y mas allá (2017). Teófilo. Relatos
La única mujer en el mundo (2019). Edhasa. Novela
Ensaio
La poesía de Rosalía de Castro (1974). Gredos.
Rosalía de Castro y sus sombras (1976). Fundación Universitaria Española.
Análisis de cinco comedias (1977). Castalia.
Análisis de textos (Poesía y prosa españolas) (1977). Gredos.
Rosalía de Castro (1986). Cátedra.
El oficio de narrar (1989). Cátedra.
Escritoras románticas españolas (1990). Fundación Banco Exterior.
El personaje novelesco (1990). Cátedra.
Premios
2019: Premio Voz de Liberdade, outorgado polo PEN Club Galicia.[ 22]
2021: premio Xosé Luís Alvite , que concede a Asociación de Periodistas de Galicia pola súa traxectoria.[ 23]
Notas
Véxase tamén
Bibliografía
Ligazóns externas
1984 1985 1986 1987 1988 1989 1990 1991 1992 1993 1994 1995 1996 1997 1998 1999 2000 2001 2002 2003 2004 2005 2006 2007 2008 2009 2010 2011 2012 2013 2014 2015 2016 2017 2018 2019 2020 2021 2022 2023 2024