Luis Suárez Miramontes

Modelo:BiografíaLuis Suárez Miramontes

Editar o valor en Wikidata
Biografía
Nacemento2 de maio de 1935 Editar o valor en Wikidata
A Coruña (Segunda República Española) Editar o valor en Wikidata
Morte9 de xullo de 2023 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
Milán, Italia Editar o valor en Wikidata
Outros nomesLuisito
El Arquitecto Editar o valor en Wikidata
Altura176 cm Editar o valor en Wikidata
Peso71 kg Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónfutbolista (–1973), adestrador de fútbol (1973–1995) Editar o valor en Wikidata
Período de actividade6 de decembro de 1953 Editar o valor en Wikidata - 1 de xullo de 1973 Editar o valor en Wikidata
Nacionalidade deportivaEspaña Editar o valor en Wikidata
Deportefútbol Editar o valor en Wikidata
LigaPrimeira División Española, Lega Calcio Serie A e Segunda División Española Editar o valor en Wikidata
Posición de xogoCentrocampista Editar o valor en Wikidata
Traxectoria Editar o valor en Wikidata
  Equipo Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
1953–1954   Deportivo da Coruña 17(3)
1954–1955 Club Deportivo Condal 21(6)
1955–1961   FC Barcelona 122(61)
1961–1970   Inter de Milán 256(42)
1970–1973 UC Sampdoria 63(9)
  Selección nacional Número de partidos xogados Puntos/goles/tantos anotados
  Cataluña
1957–1972   España 32(14)
Participou en
xullo de 1966Mundial de Fútbol Inglaterra 1966
xuño de 1964Eurocopa de Fútbol España 1964
1962Mundial de Fútbol Chile 1962 Editar o valor en Wikidata
Familia
IrmánsJosé Suárez Miramontes
Agustín Suárez Miramontes Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1360815 FIFA: 44673 UEFA: 38114 Editar o valor en Wikidata

Luis Suárez Miramontes, nado na Coruña o 2 de maio de 1935 e falecido en Milán o 9 de xullo de 2023, foi un futbolista e adestrador de fútbol galego. Alcumado "o arquitecto", xogaba de centrocampista e está considerado por moitos o mellor futbolista galego da historia e un dos mellores futbolistas do século XX.[1][2] En 1960 converteuse no primeiro xogador nado na Península Ibérica en gañar un Balón de Ouro.

Comezou a xogar ao fútbol no seu barrio natal de Monte Alto e na praia de Santo Amaro e en 1949 entrou a formar parte da nova canteira do Deportivo da Coruña, a chamada Escola Scopelli, creada ese mesmo ano co impulso de Alejandro Scopelli. Mediada a tempada 1953/54 debutou co primeiro equipo na Primeira División e fíxose rapidamente coa titularidade, nun equipo no que xogaban entre outros Oswaldo, Moll, Pahiño e Arsenio. As súas boas actuacións espertaron o interese do FC Barcelona, que o fichou xa antes do remate da tempada.

Xogou sete anos no Barcelona, co que gañou dúas ligas, dúas Copas do Xeneralísimo, e dúas Copas de Feiras, e destacou especialmente durante a etapa na que o adestrador foi o arxentino Helenio Herrera, que lle deu preferencia por diante do ídolo da afección, Kubala, o que provocou unha división entre "kubalistas" e "suaristas". Foi nesta época cando gañou o Balón de Ouro, superando nas votacións a Puskás e Seeler.

Trala marcha de Herrera ao Inter de Milán, o arxentino pediu a fichaxe de Suárez, que finalmente foi traspasado en 1961 por uns 25 millóns de pesetas, sendo no seu momento o traspaso máis caro da historia. Baixo a batuta de Herrera foi peza fundamental do chamado "Grande Inter", que con xogadores como Facchetti ou Mazzola, dominou o fútbol italiano e europeo nos seguintes anos, gañando tres ligas, dúas Copas de Europa e dúas Copas Intercontinentais. Despois de nove tempadas e máis de 300 partidos co equipo lombardo, fichou en 1970 pola Sampdoria, coa que xogou tres anos antes da súa retirada.

Foi 32 veces internacional coa selección española, coa que marcou 14 goles. Disputou os Mundiais de 1962 e 1966 e foi un dos futbolistas máis destacados durante a Eurocopa de 1964, onde España conseguiu o seu primeiro título despois de derrotar na final á Unión Soviética de Lev Iashin.

Despois de colgar as botas tivo unha carreira como adestrador, con menos éxito. Adestrou varios equipos italianos, entre eles o Inter de Milán, e dirixiu o Deportivo da Coruña na tempada 1978/79, salvándoo do descenso á Segunda División B. Tras varios anos na Federación Española dirixindo as categorías inferiores, en 1988 converteuse no adestrador da selección española, posto que ocupou ata 1991. Comandou a España no Mundial de 1990 en Italia, onde acadou os oitavos de final, sendo eliminado por Iugoslavia.

Traxectoria

Orixe e infancia

Casa natal de Luis Suárez e placa de homenaxe.
Casa natal de Luis Suárez e placa de homenaxe.

Naceu na avenida de Hércules do barrio coruñés de Monte Alto, onde os seus pais, María Miramontes Naveira e Agustín Suárez López, rexentaban unha carnizaría.[3][4][5] Interesouse dende neno polo fútbol, deporte que tamén practicaban os seus dous irmáns máis vellos, José e Agustín. Comezou xogando nas rúas do barrio e na praia de Santo Amaro, e o seu primeiro equipo foi o Perseverancia, equipo da parroquia de Santo Tomé onde xogaba con varios amigos, entre eles Antonio Bouza.[6][4]

Deportivo da Coruña

"Escola Scopelli"

En 1949, Alejandro Scopelli, adestrador do Deportivo da Coruña, impulsou a creación da canteira do club coa chamada "Escola Scopelli", e fixo un chamamento aos mozos da cidade para a formación dun equipo.[7] Acudiron ás probas Luis Suárez e o resto do equipo Perseverancia, xunto a varios centos de rapaces máis, entre eles Fifé del Río ou o futuro presidente do goberno, Adolfo Suárez.[8][9]

Luis Suárez foi un dos elixidos e participou co novo equipo na Serie A Rexional, e dende a 1950/51 tamén na Copa de España, a primeira competición oficial deste tipo.[7][10][11]

Cesión ao Fabril

En setembro de 1953 fichou xunto a Boedo polo Fabril, que non era aínda filial do Deportivo.[12] Con todo, ao mes seguinte asinou un contrato profesional co Deportivo por cinco tempadas.[13] Volveu cedido ao Fabril, co que conquistou en novembro o Campionato Galego de Afeccionados, despois de derrotar na final o Turista.[14]

Primeiro equipo

O 6 de decembro debutou co primeiro equipo do Deportivo na Primeira División, na xornada 12 contra o FC Barcelona no campo de les Corts. O adestrador Carlos Iturraspe aliñouno no lugar de Dagoberto Moll.[15][16] O partido acabou cunha goleada barcelonista por 6–1, pero Suárez realizou unha grande actuación, deulle a asistencia a Pahiño no único gol galego e foi aplaudido polo estadio barcelonés, xunto ao ídolo local, Kubala.[17][18] O seu primeiro gol como deportivista chegou dúas xornadas máis tarde, anotando o único tanto do seu equipo nunha nova derrota a domicilio, esta vez contra a Real Sociedad no Estadio de Atotxa (4–1). Anotou tras recibir un pase de Moll e lanzar un disparo dende a liña da área que bateu o gardameta Juan Bagur.[19] Disputou 17 encontros co Deportivo no que restaba de tempada, acadando a sétima praza final na liga 1953/54, nun equipo no que xogaban entre outros Acuña, Oswaldo, Moll, Cuenca, Corcuera, Pahiño e Arsenio.

FC Barcelona

Debut e etapa no España Industrial

A finais de marzo de 1954, antes do remate da tempada, coñeceuse a súa fichaxe mais a de Moll polo FC Barcelona.[20] Completou a liga co Deportivo e a continuación pasou a integrar as filas do equipo catalán, co que debutou xa en maio na Copa do Xeneralísimo. O seu debut co equipo adestrado polo checoslovaco Ferdinand Daučík produciuse precisamente contra o Deportivo, no partido de ida dos oitavos de final, onde lle deu a asistencia a César no segundo dos catro goles do seu equipo (4-0).[21] A pesar de perder no partido de volta en Riazor por 3-0, o Barcelona clasificouse para a seguinte rolda e eliminou a continuación o Athletic en cuartos e o Real Madrid nas semifinais, xogando Suárez todos os encontros. O 20 de xuño disputou no Estadio de Chamartín a súa primeira final de Copa, contra o Valencia adestrado por Jacinto Quincoces. O resultado foi de 3-0 para o equipo valenciano, con dous goles de Fuertes e un de Badenes.

Na tempada 1954/55 alternou o Barcelona co seu filial, o España Industrial, que militaba naquel entón na Segunda División, e co que disputou oito partidos, marcando sete goles. Marcou o seu primeiro gol co Barça na xornada 17 de liga fronte ao Alavés en Les Corts, cun disparo arqueado que sorprendeu o gardameta guipuscoano Javier Berasaluce.[22] O seu balance co primeiro equipo na liga foi de seis partidos e tres goles, acabando subcampión por detrás do Real Madrid de Di Stéfano, Gento e Rial. Na Copa disputou só un encontro, nos cuartos de final contra o Deportivo en Riazor, igualando na segunda parte o gol inicial de Arias, cun forte disparo dende fóra da área que bateu a Acuña (1-1).[23]

Asentamento e consagración

Na tempada 1955/56 o húngaro Ferenc Plattkó substituíu a Sandro Puppo no banco barcelonista e Suárez asentouse no equipo. Disputou 19 encontros e marcou cinco goles, quedando de novo subcampión de liga, esta vez por detrás do Athletic, que conseguiu un punto máis que o equipo catalán.

A tempada 1956/57 foi a da súa consagración no Barcelona. Na terceira xornada de liga anotoulle catro goles ao Atlético de Madrid, cuxa portería defendía o porteiro galego Manuel Pazos, nun partido que rematou 7-3. A continuación marcou tamén nas tres seguintes xornadas, contra Jaén, Deportivo da Coruña e Athletic, e na xornada 10 marcou o gol da vitoria pola mínima contra o Real Madrid en Les Corts. Na segunda volta marcoulle dous goles máis ao Jaén, outro ao Celta de Vigo en Balaídos e dous máis ao Condal. Con todo, o grande éxito do equipo de Domènec Balmanya esa tempada chegou na Copa do Xeneralísimo, que conquistou tras realizar grandes goleadas en case todos os partidos. Suárez perdeu a maioría dos partidos por unha lesión xogando coa selección española, polo que disputou só dous encontros de dita edición da Copa, un deles o histórico 8-1 contra o Atlético de Madrid no que Eulogio Martínez marcou sete goles.[24]

Na 1957/58 xogou só 12 partidos de liga e marcou dous goles, nunha convulsa tempada na que perdeu sete xornadas por dúas sancións e na que o adestrador Balmanya foi despedido antes do remate da competición.[25] O seu substituto foi o arxentino Helenio Herrera, que convertería a Suárez nun piar dos seus equipos na seguinte década.

Gloria con Helenio Herrera

Luis Suárez durante a súa etapa no FC Barcelona.

Só uns días despois da chegada de Herrera ao banco, o equipo gañou a primeira edición da Copa de Feiras despois de dous anos e medio de competición, ao vencer na final a unha selección de xogadores de Londres, con dous goles de Suárez no partido de volta.[26]

Helenio Herrera deulle preferencia a Suárez por diante do ídolo da afección, László Kubala, o que provocou unha forte división na afección entre "suaristas" e "kubalistas".[27][28][29] Na tempada 1958/59 gañou a súa primeira liga, despois de perder só tres partidos en toda a tempada. Disputou case todos os encontros da competición e marcou 14 goles. Xogou todos os partidos da Copa do Xeneralísimo, na que o seu equipo eliminou o Murcia en dezaseisavos de final, o Sporting de Gijón en oitavos e o Betis en cuartos. Nas semifinais contra o Real Madrid Suárez marcou dous goles na ida (2-4) e outros dous na volta (3-1), alcanzando así unha nova final, na que o seu rival foi o Granada. No derradeiro partido, Suárez e Kocsis lideraron no campo o equipo catalán, que fixo catro goles, mentres que o Granada conseguiu só un tanto, obra de Arsenio.[30]

O 3 de setembro de 1959 entrou na historia do FC Barcelona ao ser un dos once homes que disputaron o primeiro encontro do club na Copa de Europa, no Estadio Vasil Levski de Sofía contra o CDNA búlgaro (hoxe CSKA). Suárez foi o autor das asistencias nos dous goles do equipo, que remataron ás redes Segarra e Eulogio Martínez.[31] O seu primeiro gol na máxima competición continental chegou dous meses despois, na ida dos oitavos de final contra o Milán en San Siro, onde anotou o primeiro dos dous goles do Barça. Tras eliminar o equipo italiano fixeron o propio co Wolverhampton en cuartos de final, pero caeron en semifinais co Real Madrid.

Onde o equipo de Helenio Herrera si conseguiu superar o equipo branco foi no campionato doméstico, gañando a súa segunda liga consecutiva. Suárez foi autor de 13 goles, destacando un triplete na vitoria por 0-8 contra o Las Palmas. Gañou ademais a segunda edición da Copa de Feiras, aínda que non puido participar en ningún dos dous partidos da final por unha lesión.[32]

Balón de Ouro e final de Berna

Na tempada 1960/61 pasaron polo banco o iugoslavo Ljubiša Broćić e, tras a súa destitución, o seu axudante Enrique Orizaola, nunha mala campaña en liga, na que o equipo rematou a 20 puntos do Real Madrid. O rendemento foi diferente na Copa de Europa, que Suárez iniciou con dous goles nos dezaseisavos de final contra o Lierse SK belga. En novembro marcou outros dous goles nos oitavos de final contra o Real Madrid no Santiago Bernabéu, contribuíndo a que o Barça lle devolvese ao equipo madrileño a eliminación do ano anterior.

Luis Suárez en 1962.

Un mes despois foi galardoado co Balón de Ouro, como mellor xogador europeo de 1960, superando con 57 votos a Ferenc Puskás (37) e Uwe Seeler (33).[33] France Football destacaba entre as súas virtudes a velocidade, os cambios de ritmo, a habilidade, a potencia e unha gran precisión no golpeo.[34] O trofeo foille entregado na previa do partido de cuartos de final contra o Spartak Hradec Králové, ao que o Barcelona eliminou cun resultado global de 5 goles a 1, cun dos tantos anotado por Suárez.[35] Nas semifinais o rival foi o Hamburgo, ao que o Barcelona derrotou na ida por 1-0. No partido de volta no Volksparkstadion o equipo alemán púxose 2-0 por medio de Peter Wulf e da súa estrela Uwe Seeler, e cando a eliminatoria parecía decidida, Suárez fíxose co balón na última xogada do partido e mandou un pase cruzado que Kocsis rematou ao interior da portería, forzando un terceiro encontro de desempate. Dito partido disputouse en campo neutral, no Estadio de Heysel, en Bruxelas, e a vitoria foi para o Barcelona, que cun gol do brasileiro Evaristo logrou o pase á súa primeira final da Copa de Europa.[36]

Na final disputada no Wankdorfstadion de Berna contra o Benfica, Suárez foi o mellor xogador do equipo e deulle a Kocsis a asistencia no primeiro gol, pero os portugueses remontaron con dous tantos, o primeiro deles anotado por José Águas e o segundo por Ramallets en propia meta. Mário Coluna fixo o terceiro despois do descanso e aínda que o Barcelona recortou diferenzas por medio de Zoltán Czibor, o trofeo marchou para Lisboa.[29] Esta final, que pasou á historia do Barcelona co nome da "final dos postes cadrados" pola cantidade de balóns que o equipo mandou aos postes, que tiñan forma cadrada, foi ademais o derradeiro partido de Luis Suárez co club.[36][37]

Inter de Milán

Chegada e subcampionato

Inter de Milán na tempada 1963/64.

Xa días antes da final de Berna, Luis Suárez fora traspasado ao Inter de Milán. O adestrador do equipo italiano era dende a tempada anterior Helenio Herrera, que dende a súa chegada pretendía a fichaxe do futbolista galego.[27] Convenceu o presidente Angelo Moratti para que este realizase unha grande oferta, que finalmente foi de 250 millóns de liras italianas (uns 25 millóns de pesetas), unha cifra escandalosa para a época, pois era case 100 millóns superior á do traspaso máis caro da historia do fútbol ata aquel entón, o de Omar Sívori do River Plate á Juventus catro anos antes.[38] O Barcelona, afundido en graves problemas económicos, aceptou a oferta.[27][29]

Chegou xunto ao dianteiro inglés Gerry Hitchens a un equipo no que xogaban entre outros Lorenzo Buffon, Mario Corso, Aristide Guarneri ou os novísimos Giacinto Facchetti e Sandro Mazzola. Medio ano despois da súa chegada o Inter era campión de inverno, con cinco puntos de vantaxe sobre o Milán de Maldini, Trapattoni, Rivera e Altafini.[39] Suárez quedou segundo nas votacións ao Balón de Ouro 1961, obtendo 40 puntos, seis menos que o gañador, Omar Sívori.[40]

Con todo, unha serie de malos resultados na segunda volta fixo que o equipo tivese que conformarse co subcampionato.[41] Suárez foi titular indiscutible como organizador do xogo no centro do campo, aínda que perdeu varios encontros por unha lesión sufrida nun partido contra o FC Köln.[42][43] Xogou un total de 31 partidos e marcou 15 goles, 11 deles na liga e 4 na Copa de Feiras.

Primeiro scudetto

A tempada 1962/63 comezou con malos resultados, obtendo o equipo só 7 puntos nas 7 primeiras xornadas. Helenio Herrera orquestrou entón unha revolución táctica e colocou no once as novas adquisicións Beniamino Di Giacomo e Jair da Costa, pero mantendo a Suárez no corazón do equipo. O Inter gañou 12 dos seguintes 15 partidos, pasando a ocupar un liderado da táboa que xa non abandonaría ata o final da campaña.[44] Foi o primeiro scudetto na carreira de Suárez e o primeiro para o club lombardo en case unha década.[45] O coruñés asinou oito dianas en 29 encontros de liga e na xornada 25 marcou tres goles contra o Genoa, sendo este o primeiro e único triplete dun español na Serie A durante máis de medio século, ata que Suso fixo outro en 2016.[46]

Dominio mundial

Celebración da conquista da Copa de Europa 1964/65, xunto a Facchetti, Peiró e Bedin.

Para o debut do club na Copa de Europa, o Inter reforzouse co gardameta Sarti, o centrocampista Tagnin e o dianteiro Milani. O equipo empatou sen goles no seu primeiro encontro da máxima competición europea, disputado en Goodison Park contra o Everton, ao que eliminou no partido de volta cun solitario gol de Jair. Nos 1/16 desfixéronse do Mónaco cun global de 4-1, cun dos tantos anotados por Suárez.[47] Sumaron dúas vitorias máis nos cuartos de final contra o Partizan iugoslavo e outras dúas nas semifinais contra o Borussia Dortmund. Na final esperábaos o Real Madrid pentacampión de Europa, no que xogaban entre outros o tamén coruñés Amancio, Santamaría, Puskás, Gento ou Di Stéfano, que disputaría o seu derradeiro partido coa camisola branca. A final disputouse no Praterstadion de Viena ante 72 000 espectadores, e o equipo de Suárez saíu campión tras gañar 3-1, con dous goles de Mazzola e un de Milani. Suárez xogou todos os partidos do torneo, que por primeira vez foi gañado por un equipo de xeito invicto, e converteuse no cuarto galego en conquistar a Copa de Europa e o primeiro con protagonismo, xa que os tres anteriores (Wilson Jones, Juanito González e Carlos Cela) eran suplentes no Real Madrid e non chegaron a debutar na competición europea.[48]

No campionato de liga o Inter encaixou só tres derrotas e acabou empatado a puntos no liderado co Bologna de Fulvio Bernardini. A Federación decidiu entón que se xogase un encontro de desempate, que se decantou para o equipo emiliano por 2-0, a pesar da grande actuación de Luis Suárez.[49]

Comezou a tempada 1964/65 disputando a Copa Intercontinental contra o Independiente arxentino, campión da Copa Libertadores, e contando cos reforzos de Malatrasi, Domenghini e o madrileño Peiró. O partido de ida no Estadio da Doble Visera en Avellaneda rematou con vitoria arxentina, mentres que na volta en San Siro gañou o equipo italiano, polo que se xogou un encontro de desempate no Santiago Bernabéu. Neste saíu vitorioso o equipo de Suárez, cun solitario gol de Corso na segunda parte da prórroga.[50] Na Serie A o equipo negro e azul acabou a primeira volta na segunda posición, a cinco puntos do Milán liderado no ataque por Amarildo, pero tras unha segunda volta na que encaixou só unha derrota, acabou proclamándose campión con tres puntos de vantaxe sobre o seu máximo rival. Suárez foi autor de oito goles e foi elixido como o mellor xogador da tempada pola prensa italiana.[51]

Luis Suárez na súa época no Inter de Milán.

Na Copa de Europa marcou un dos seis goles cos que o Inter deixou practicamente eliminado no partido de ida dos oitavos o Dinamo de Bucarest e marcou tamén na vitoria por 3-1 contra o Rangers en cuartos. Nas semifinais eliminaron o Liverpool despois de perder 3-1 en Anfield e remontar cun 3-0 en San Siro. Na final, disputada tamén en San Siro ante 85 000 espectadores, Suárez levantou a súa segunda Copa de Europa consecutiva, despois de que o Inter vencese 1-0 o Benfica de Eusébio cun gol de Jair.[52] Uns meses antes, en decembro, fora elixido na segunda posición nas votacións para o Balón de Ouro, por detrás de Denis Law e por diante do seu paisano Amancio.[53]

Na Copa Italia o Inter eliminou o Cagliari nos cuartos de final, nun partido que rematou 2-2 o tempo regulamentario, e en cuxa prórroga se anotaron cinco goles, un deles de Suárez, para un resultado final de 6-3. Nas semifinais contra a Roma o partido chegou á quenda de penaltis, na que Suárez foi o encargado de realizar todos os lanzamentos, anotando os seis que tirou, por catro de Manfredini.[54][55] Na final disputada no Estadio Olímpico de Roma contra a Juventus, Menichelli marcou para os piemonteses o único gol do encontro, privando o equipo de Suárez de completar unha tempada plena de títulos.[56]

No verán de 1965 regresou ao Camp Nou para xogar un amigable contra o Barcelona. As continuas apupadas da súa antiga afección fixeron que o centrocampista lle dedicase xestos insultantes e acabase abandonando o terreo de xogo na primeira parte, motivo polo que foi multado polo seu club.[28][57][58] En setembro gañou a súa segunda Copa Intercontinental, de novo contra o Independiente, tras gañar 3-0 en San Siro e empatar sen goles na Arxentina.[59]

Terceiro scudetto

Na tempada 1965/66 marcou cinco goles en 27 partidos de liga, proclamándose campión de Italia por terceira vez, superando nesta ocasión por catro puntos o segundo, o Bologna dirixido por Carniglia. Na Copa de Europa participou co Inter na eliminación en oitavos do Dinamo de Bucarest, por segundo ano consecutivo, e do Ferencvárosi de Flórián Albert en cuartos de final. Xogou tamén os dous partidos de semifinais contra o Real Madrid, na que foi a primeira eliminatoria perdida do club milanés na Copa de Europa. Perderon 1-0 cun gol de Pirri na ida en Madrid, mentres que o partido de volta acabou con empate a un gol, tras anotar Facchetti e Amancio.[60][61] Nas votacións ao Balón de Ouro 1965 quedou na terceira posición, por detrás do portugués Eusébio e do tamén interista Facchetti.[62]

Fin do Grande Inter

Na tempada 1966/67 o Inter mantivo o mesmo bloque de xogadores, dirixido de novo dende o centro do campo por Suárez, Corso, e Mazzola, e ocupou a primeira posición da táboa durante case toda a tempada. Na Copa de Europa eliminaron primeiro o Torpedo Moscova soviético grazas a un gol en propia porta de Voronin, e na segunda rolda o Vasas húngaro, tras unha grande actuación de Mazzola. Despois de desfacerse do Real Madrid en cuartos de final, enfrontouse en semifinais ao CSKA Sofia búlgaro, no que xogaban entre outros Penev ou Gaganelov. Tanto o partido de ida como o de volta acabaron con empate a un gol, polo que se disputou un encontro de desempate en Boloña, no que o equipo de Suárez saíu vitorioso grazas a un gol de Cappellini (1-0). Deste xeito o Inter acadou a súa terceira final da Copa de Europa en catro anos e esta tería sido a cuarta final que disputaría Luis Suárez. Con todo, o futbolista galego perdeu a cita por unha lesión,[63] sendo substituído por Mauro Bicicli,[64] e o seu equipo caeu derrotado por 2-1 contra o outro finalista, o Celtic escocés dos Lisbon Lions, que remontou o gol inicial de Mazzola con dous tantos de Gemmell e Chalmers.

Luis Suárez na súa etapa coa Sampdoria.

Xusto a continuación da final perdida de Lisboa, o Inter disputou o derradeiro partido de liga, ao que chegaba como líder cun punto de vantaxe sobre a Juventus. Mais o encontro fronte ao Mantova rematou con derrota para o equipo lombardo, mentres que a Juventus venceu no seu partido á Lazio, dando un xiro á clasificación.[65] Unha semana despois o Inter caeu eliminado nas semifinais da Copa Italia contra o Padova, completando así a primeira tempada sen títulos dende 1963, e rematando deste xeito a etapa do Grande Inter.[66] Suárez acabou a campaña cun total de 43 partidos e 4 goles.

Últimos anos

Na tempada 1967/68, despois de anos de éxitos, o bloque de xogadores do Inter comezaba a desmantelarse, coa marcha entre outros do capitán Picchi ou de Aristide Guarneri. O equipo acabou quinto na liga e terceiro na Copa Italia, disputando Suárez 38 partidos e anotando 3 goles. Tras este fracaso deixaron o club o presidente Moratti, o adestrador Helenio Herrera, e importantes xogadores como o gardameta Sarti. O equipo dirixido agora por Alfredo Foni e con Mario Bertini como única incorporación destacada, acabou cuarto en liga e eliminado da Copa Italia na primeira fase. Suárez participou en 31 partidos e marcou dous goles, un deles na Copa de Fútbol Internacional.

A 1969/70 foi a novena e derradeira tempada de Luis Suárez no Inter de Milán. Antes do comezo desta, durante as súas vacacións de verán, volveu vestir a camiseta do Deportivo da Coruña para disputar o 24º Trofeo Teresa Herrera en Riazor. Xogou a primeira semifinal contra o Olympic de Charleroi belga e anotou o gol da vitoria no minuto 115, case ao final da prórroga.[67] Xa de volta en Milán, con Heriberto Herrera como novo adestrador e cos regresos de Guarneri e Jair e fichaxes como a do dianteiro Boninsegna, o Inter recuperou a súa competitividade, aínda que non puido superar o Cagliari de Gigi Riva, Sergio Gori e Nené, que se fixo co scudetto. Na Copa de Feiras eliminou sucesivamente a Sparta de Praga, Hansa Rostock, Barcelona e Hertha Berlin, ata caer eliminado nas semifinais co Anderlecht.

O 25 de abril de 1970 xogou o seu derradeiro partido co Inter, na vitoria por 0-5 contra a Sampdoria no Estadio Luigi Ferraris.[68] Pechou a súa etapa no club lombardo con 329 partidos oficiais, 55 goles e 7 títulos.

A Sampdoria na tempada 1972/73.

Sampdoria

No verán de 1970 foi traspasado á Sampdoria, nunha operación na que entraron tamén Mario Frustalupi, que pasou a ser xogador do Inter, e Dino Spadetto, cedido á Sampdoria.[69] Debutou co equipo de Fulvio Bernardini o 30 de agosto na vitoria por 1-0 contra o Perugia, correspondente á Copa Italia. Xogou tres anos no club xenovés, logrando o obxectivo da permanencia nas tres. Disputou 73 encontros e marcou 13 goles.

Xogou o seu derradeiro partido oficial o 29 de abril de 1973, no empate a un gol contra o Bologna no Estadio Renato Dall'Ara.[70] Tralo remate da tempada colgou as botas e comezou a súa carreira como adestrador.

Selección española

Debutou coa selección española o 30 de xaneiro de 1957 no Santiago Bernabéu, nun partido amigable contra os Países Baixos. Formou no ataque xunto a Miguel, Kubala, Gento e o tamén debutante Di Stéfano,[71] e deulle a este último a asistencia no primeiro dos seus tres goles, nun partido que rematou 5-1 a favor de España.[72] Marcou o seu primeiro gol coa selección na súa segunda aparición, un mes e medio despois no mesmo estadio, no primeiro partido da fase de clasificación para o Mundial de 1958 contra Suíza, superando o gardameta helvético Parlier tras unha combinación con Di Stéfano.[73]

Luis del Sol e Luis Suárez co equipamento da selección española.

Tras non lograr a clasificación para ese Mundial, España participou nas clasificatorias para a primeira edición da Eurocopa. Suárez anotou dous goles no primeiro partido, contribuíndo a eliminar a Polonia, pero na seguinte rolda España foi descualificada por negarse a viaxar á Unión Soviética. Logrou a clasificación para o Mundial de 1962, e foi un dos elixidos por Coronado e Helenio Herrera para disputar a fase final en Chile. Formou na dianteira xunto a Eulogio Martínez, Gento e Puskás no primeiro partido contra Checoslovaquia, que acabou cunha derrota por 1-0 cun gol de Štibrányi,[74] e foi titular tamén na vitoria contra México (1-0), con gol de Peiró.[75] Para o terceiro partido, contra o Brasil de Garrincha e Pelé (este último lesionado), o seleccionador español realizou unha revolución no once, deixando fóra a Carmelo, Santamaría, Del Sol e Suárez. España quedou eliminada, ao perder 2-1 cos brasileiros, con dous goles de Amarildo.[76]

En 1964 formou parte da selección española que, dirixida por José Villalonga, gañou o primeiro título da súa historia, na segunda edición da Eurocopa. Na semifinal contra a Hungría de Flórián Albert realizou unha gran primeira parte, e no minuto 35 meteu un centro que rematou ao interior da portería Chus Pereda.[77] Na segunda parte xogou mancado debido aos numerosos golpes recibidos, e os húngaros empataron por medio de Bene.[78] O partido foi á prórroga, decantándose esta a favor de España grazas a un gol no minuto 112 do tamén coruñés Amancio. Na final contra a Unión Soviética foi un dos máis destacados e deulle a asistencia de novo a Pereda para facer o primeiro gol do partido, no minuto 6. Case inmediatamente Khusainov bateu a Iribar poñendo o empate, e a seis minutos do final do partido, o tamén galego Marcelino superou o mítico porteiro Lev Iashin, dándolle a España o seu primeiro título.[79] Ademais foi elixido no once ideal do torneo, compartindo o centro do campo con Amancio e co soviético Valentin Ivanov.[80]

En 1966 disputou o seu segundo Mundial, no que xogou os dous primeiros partidos, contra a Arxentina e Suíza, quedando eliminada España na fase de grupos. Estivo ausente da selección nos seguintes anos, ata que en 1972 o seleccionador e antigo compañeiro seu, László Kubala, chamouno para un partido amigable contra Grecia en Tesalónica, no que foi o seu último encontro coa camiseta da selección.[81]

Como adestrador

Comezou a súa carreira como adestrador mentres era aínda xogador da Sampdoria, exercendo na súa última tempada como segundo adestrador de Heriberto Herrera.[82] Despois da súa retirada pasou a adestrar nas categorías inferiores do Genoa.[83]

Inter de Milán

En maio de 1974 regresou ao Inter de Milán, converténdose no seu novo adestrador en substitución do seu antigo mentor, Helenio Herrera.[84] Alí dirixiu antigos compañeiros seus como Facchetti, Mazzola, Bertini ou Boninsegna, e outros novos elementos como Bini ou Scala.

O equipo realizou unha mala tempada, rematando na novena posición na liga. Competiu tamén na Copa da UEFA, onde eliminou o FC Etar búlgaro na primeira rolda, quedando eliminado na segunda contra o FC Amsterdam.

Cagliari

Na tempada 1975/76 fichou polo Cagliari, pero foi destituído logo de 12 partidos, nos que non conseguiu ningunha vitoria.[85] Foi substituído por Mario Tiddia, que non conseguiu salvar o equipo do descenso á Serie B.

SPAL

En febreiro de 1977 colleu as rendas do SPAL, sendo o cuarto adestrador da tempada, despois de que pasasen antes polo banco Guido Capello, Giovanni Ballico e Ottavio Bugatti.[86] O equipo ocupaba a derradeira posición da Serie B, e baixo a batuta de Suárez conseguiu saír dos postos de descenso. Con todo, unha derrota na última xornada contra o Pescara mandou o equipo ata a antepenúltima posición, descendendo deste xeito á Serie C.[87]

Como

En decembro de 1977 chegou ao Como, na Serie B, en substitución do destituído Gennaro Rambone.[88] O equipo ocupaba postos de descenso á Serie C no momento da chegada de Luis Suárez (trala xornada 13), e aínda que este conseguiu sacar o equipo do pozo, volveu caer a ditas posicións varias xornadas despois. En febreiro recibiu unha sanción de dous meses por insultar un árbitro.[89] Trala xornada 24 foi substituído por Narciso Pezzotti, que tampouco conseguiu salvar o equipo do descenso. O balance de Suárez no Como foi de tres vitorias, catro empates e catro derrotas.

Deportivo da Coruña

En novembro de 1978 regresou ao Deportivo da Coruña, para substituír o adestrador Enrique Mateos, destituído despois de dez xornadas, co equipo ocupando a 18ª posición da Segunda División.[90] Dirixiu o equipo xa na xornada 11 contra o Barakaldo, aínda que o fixo dende a bancada pois no banco sentou naquel partido Sertucha.[91] Xa como adestrador oficial obtivo bos resultados, principalmente en Riazor, onde se mantivo invicto, e conseguiu salvar o equipo do descenso na penúltima xornada, nunha vitoria por 3-0 sobre o Getafe, con dous goles de Alfonso Castro e un de Daniel Bartolotta.[92] Rematou a tempada na 15ª posición, cun balance dende a súa chegada de 11 vitorias, 7 empates e 10 derrotas, e aínda que mantivo varias reunións co club para negociar a súa renovación, esta non se concretou por falta de acordo entre as dúas partes.[91][93]

Selección española

En xuño de 1980 foi contratado pola Federación Española como adestrador das seleccións B, sub-21 e sub-23 de España.[94] Dirixiu estes equipos durante os seguintes anos en varias competicións como as Eurocopas sub-21 de 1982, 1984, 1986 e 1988. Na edición de 1984, ao mando de futbolistas como Zubizarreta, Sanchís, Butragueño ou os irmáns Patxi e Julio Salinas, acadou a final, perdéndoa contra Inglaterra. Na edición de 1988, con xogadores como Ablanedo II, Quique, Paco Llorente, Gallego, Eusebio ou Ramón, volveu chegar á final, onde esta vez si logrou proclamarse campión, tras derrotar a Italia. Ademais durante estes anos realizou labores de axudante dos seleccionadores absolutos José Santamaría e Miguel Muñoz.

En agosto de 1988 foi elixido pola directiva da Federación presidida por Ángel María Villar como novo seleccionador español, substituíndo a Miguel Muñoz, que ocupara o cargo durante seis anos.[95] Debutou coa absoluta o 14 de setembro de 1988 nun partido amigable contra Iugoslavia no Carlos Tartiere, que acabou con vitoria balcánica por 1-2, con goles de Baždarević e Cvetković. A continuación disputou a fase de clasificación para o Mundial, logrando o primeiro posto do seu grupo, con seis vitorias en oito partidos.

Levou ao Mundial de 1990 en Italia varios dos xogadores que xa dirixira nas categorías inferiores, como Zubizarreta, Sanchís, Butragueño, Quique, Míchel, Robert ou Julio Salinas. España quedou encadrada no grupo E, xunto a Bélxica, Corea do Sur e o Uruguai, e pasou á seguinte fase como primeira clasificada, con 5 puntos de 6 posibles. Nos oitavos de final o equipo enfrontouse a Iugoslavia, acabando o tempo regulamentario con empate a un gol, marcando Salinas polo equipo español e Stojković por parte iugoslava. Finalmente, na prórroga, Stojković fixo o segundo para o seu equipo, poñendo fin á participación española no Mundial.

Dirixiu varios partidos máis da selección ata abril de 1991, cando foi cesado pola Federación despois de tres derrotas consecutivas, fronte a Francia, Hungría e Romanía.[96]

Inter de Milán (2ª etapa)

En xaneiro de 1992 volveu ao Inter de Milán, para ocupar o lugar de Corrado Orrico, adestrador cesado trala xornada 17, co equipo ocupando o noveno posto da táboa. Na súa segunda etapa á fronte do equipo neroazzurro tivo ao seu mando futbolistas como Zenga, Klinsmann, Matthäus, Berti, Brehme, Bergomi, Ferri ou Dino Baggio, e a Aristide Guarneri como segundo adestrador. Tivo que lidar con problemas de indisciplina, enfrontándose a Stefano Desideri, que foi apartado do equipo por insultalo,[97] e a lesións como a de Mathäus, o mellor xogador do equipo.[98] Finalmente o Inter acabou oitavo, quedando fóra das competicións europeas por primeira vez en 17 anos. O balance de Suárez foi de 5 vitorias, 9 empates e 4 derrotas. Deixou o banco ao remate da tempada pero continuou ligado ao club durante os seguintes anos, na secretaría técnica.

Albacete

En maio de 1994 converteuse no adestrador do Albacete para a tempada 1994/95 da Primeira División. Con todo, dimitiu despois da primeira xornada, ao descubrir que o club negociaba o regreso de Benito Floro.[99]

Inter de Milán (3ª etapa)

En setembro de 1995 púxose á fronte do Inter de Milán por terceira vez, de xeito provisional tras a destitución de Ottavio Bianchi. Dirixiu o equipo en seis encontros, logrando unha vitoria, catro empates e unha derrota. En novembro deixou o cargo e foi substituído por Roy Hodgson, continuando nos despachos do club durante varios anos.[100]

Recoñecementos

Necrolóxica de Luis Suárez en La Voz de Galicia.

En 1960 recibiu o Balón de Ouro, superando nas votacións a Ferenc Puskás e Uwe Seeler. Foi o primeiro xogador nado na Península Ibérica en gañar o galardón, e o único durante 64 anos, ata que en 2024 o gañou tamén Rodri.[101] Ademais rematou segundo nas edicións de 1961 e 1964, por detrás de Omar Sívori e Denis Law respectivamente, e terceiro na de 1965, na que o gañador foi Eusébio.

En setembro de 1965 foi condecorado coa Medalla de Ouro ao Mérito Deportivo do Concello da Coruña, xunto ao tenista Manolo Santana,[102] e en 1989 a Xunta de Galicia entregoulle a Medalla Castelao.[103] En 2016 o xornal Marca premiouno co galardón Marca Leyenda.[104]

Vida persoal

Casou en 1967 na Igrexa de San Xurxo da Coruña con Nieves Arangüena Berea.[105][106] Tiveron dous fillos, Luis e Ignacio. O segundo deles, que padecía unha enfermidade conxénita, faleceu en maio de 1977 en Xénova, aos sete anos de idade.[107]

Palmarés

Fabril

FC Barcelona

Inter de Milán

Selección española

Distincións individuais

Notas

  1. Centeno, Alexandre (21 de decembro de 2020). "Luis Suárez, el ninguneado". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  2. "IFFHS' Century Elections". rsssf.com (en inglés). Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  3. Balado, Lois (2 de maio de 2020). "De la carnicería a arquitecto mundial del fútbol; Luis Suárez cumple 85 años". La Voz de Galicia (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  4. 4,0 4,1 Ruiz, Marco (18 de decembro de 2016). "“Di Stéfano, Charlton, Kopa..., era duro ser Balón de Oro”". As (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  5. "Obituario de Agustín Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1962. p. 10. 
  6. Varela, Pablo (7 de maio de 2016). "Los inseparables de Santo Tomás" (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  7. 7,0 7,1 "Historia dos xuvenís". Deportivo da Coruña. Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  8. Romero, S. (22 de marzo de 2014). "Un presidente blanquiazul". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  9. "Pudo ser futbolista". El Pueblo Gallego (en castelán) (20123). 24 de agosto de 1977. p. 21. Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  10. "Deportivo - Valladolid hoy en el Estadio". La Voz de Galicia (en castelán). 6 de maio de 1951. p. 4. 
  11. "Deportivo - Brigantino empataron, 2-2 en un espléndido encuentro". La Voz de Galicia (en castelán). 31 de marzo de 1953. p. 4. 
  12. "Luisito Suárez y Boedo firmaron por el Fabril". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de setembro de 1953. p. 5. 
  13. "Ayer firmó Luis Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de outubro de 1953. p. 5. 
  14. "El Fabril campeón gallego de aficionados". La Noche (en castelán) (10216). 23 de novembro de 1953. p. 2. Consultado o 21 de xuño de 2021. 
  15. "Luis Suárez jugará contra el Barcelona en Las Corts". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de decembro de 1953. p. 5. 
  16. "Luisito Suárez sustituirá a Moll". La Noche (en castelán) (10225). 3 de decembro de 1953. p. 5. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  17. "Luis Suárez tuvo una espléndida actuación". La Voz de Galicia (en castelán). 8 de decembro de 1953. p. 4. 
  18. "Floja actuación del Deportivo, en Las Corts, donde perdió por 6 a 1". El Correo Gallego (en castelán) (25465). 8 de decembro de 1953. p. 6. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  19. "Más goles y un penalty". El Correo Gallego (en castelán) (25477). 2 de decembro de 1953. p. 6. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  20. "Moll y Suárez, al Barcelona". La Noche (en castelán) (10315). 22 de marzo de 1954. p. 2. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  21. "Incidentes y victoriai del Barcelona en Las Corts". El Pueblo Gallego (en castelán). 4 de maio de 1954. p. 7. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  22. "Barcelona, 5 - Alavés, 2". La Noche (en castelán). 3 de xaneiro de 1955. p. 4. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  23. "Bilbao, Barcelona, Madrid y Sevilla, semifinalistas de Copa". El Pueblo Gallego (en castelán). 10 de maio de 1955. p. 8. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  24. "Estrepitosa goleada (8-1) del Barcelona al A. de Madrid". El Pueblo Gallego (en castelán). 2 de maio de 1957. p. 8. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  25. "20 años de la muerte de Helenio Herrera" (en castelán). 9 de novembro de 2017. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  26. "El Barcelona consiguió el trofeo Ciudades de Feria al derrotar a la selección de Londres". El Progreso (en castelán) (15784). 2 de maio de 1958. p. 4. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  27. 27,0 27,1 27,2 Relaño, Alfredo (25 de maio de 2016). "Luis Suárez ficha por el Inter (1961)". As (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  28. 28,0 28,1 Pereda, Chus (6 de febreiro de 2009). "Un episodio más de la pelea entre kubalistas y suaristas". As (en castelán). Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  29. 29,0 29,1 29,2 "Suárez, el genio olvidado" (en castelán). 3 de abril de 2015. Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  30. "El Barcelona se proclamó campeón del torneo de Copa de S.E. el Generalísimo, al vencer al Granada por 4 goles a 1". La Noche (en castelán). 22 de xuño de 1959. p. 4. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  31. "El Barcelona empato (2-2) con el C.D.N.A. en Sofia". El Pueblo Gallego (en castelán) (11743). 4 de setembro de 1959. p. 7. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  32. "Suárez, lesionado, no jugará el domingo". La Voz de Galicia (en castelán). 26 de marzo de 1960. p. 5. 
  33. "Luis Suárez. designado el meior jugador de Europa". La Voz de Galicia (en castelán). 13 de decembro de 1960. p. 9. 
  34. "Pionero Luis Suárez: 60 años del primer Balón de Oro del Barça" (en castelán). 12 de decembro de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  35. "Entrega del "Balón de Oro" a Luis Suárez". La Noche (en castelán). 9 de marzo de 1961. p. 5. Consultado o 23 de xuño de 2021. 
  36. 36,0 36,1 Del Olmo, José (1 de maio de 2014). "VI Copa de Europa 1960/61: Sport Lisboa e Benfica (Portugal)". Cuadernos de Fútbol (en castelán) (54). ISSN 1989-6379. Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  37. Relaño, Alfredo (8 de xuño de 2015). "Aquella final de los postes cuadrados". El País (en castelán). Consultado o 24 de xuño de 2021. 
  38. "Gareth Bale: The history of the world transfer record". BBC (en inglés). 1 de setembro de 2013. Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  39. "Continua la fuga dell'Inter capolista". La Stampa (en italiano). 27 de decembro de 1961. Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  40. "Balón de Ouro 1961". rsssf.com. Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  41. "In trionfo il Milan campione". La Stampa (en italiano) (85). 10 de abril de 1962. p. 5. Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  42. Grassia & Lotito 2008, p. 239.
  43. "La grave lesión de Luis Suárez puede obligar a su total inactividad en lo que resta de temporada". La Voz de Galicia (en castelán). 4 de novembro de 1961. p. 5. 
  44. Grassia & Lotito 2008, pp. 122-123.
  45. "Ricordi di grande Inter". La Gazzetta dello Sport (en italiano). 11 de novembro de 1997. Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  46. "Luis Suárez: "Enhorabuena Suso, ahora estamos dos en el club"". Marca (en castelán). 4 de abril de 2016. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  47. Grassia & Lotito 2008, pp. 125-127.
  48. "El día que el Inter se hizo Grande" (en castelán). 24 de novembro de 2020. Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  49. "Lo spareggio scudetto raccontato da Gianni Brera" (en italiano). 13 de febreiro de 2009. Consultado o 25 de xuño de 2021. 
  50. "El Inter de Milán se adjudicó la Copa Intercontinental de clubs". El Progreso (en castelán). 27 de setembro de 1964. p. 6. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  51. "El mejor de Italia". El Pueblo Gallego (en castelán). 8 de xullo de 1965. p. 12. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  52. "Victoria merecida pero no muy brillante del Inter sobre el Benfica (1-0)". La Noche (en castelán) (13569). 28 de maio de 1965. p. 8. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  53. "1964 - DENIS LAW - UN MAGISTRAL CONTRE-PIED". France Football (en francés). Arquivado dende o orixinal o 15 de outubro de 2012. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  54. "Juventus ed Inter finaliste in Coppa Italia". La Stampa (en italiano). 10 de xuño de 1965. p. 8. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  55. Lainz, Luis (15 de xuño de 1965). "Suárez, ídolo de Italia". La Noche (en castelán). p. 6. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  56. "Imaxes da final da Copa Italia 1964/65". Youtube. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  57. "Censuras para Luis Suárez". El Pueblo Gallego (en castelán). 27 de agosto de 1965. p. 17. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  58. "Fuerte multa a Luis Suárez". El Pueblo Gallego (en castelán). 28 de agosto de 1965. p. 14. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  59. "Intercontinental Cups 1964 and 1965". FIFA (en inglés). Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2009. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  60. "Real Madrid - Inter 1966". UEFA (en inglés). Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  61. "Inter - Real Madrid 1966". UEFA. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  62. "European Footballer of the Year ("Ballon d'Or") 1965" (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  63. "The Scotsman's match preview of Celtic's 1967 European Cup victory" (en inglés). 23 de maio de 2017. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  64. "Inter, Mario Corso e quel maledetto 1967" (en italiano). 3 de marzo de 2017. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  65. "Cadè, lo scippa-scudetti" (en italiano). 15 de maio de 2008. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  66. "Clamorosi resultati in Coppa Italia: Padova-Inter 3-2, Milan-Juventus 2-1". La Stampa (en italiano). 8 de xuño de 1967. p. 11. Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  67. "El Deportivo jugará la final". La Voz de Galicia (en castelán) (A Coruña ed.). 27 de xuño de 1969. p. 14. 
  68. "Sampdoria - Inter 1970". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  69. "El Sampdoria, afirma haber ultimado el traspaso de Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de xullo de 1970. p. 14. 
  70. "Bologna - Sampdoria 1973". Transfermarkt (en inglés). Consultado o 29 de xuño de 2021. 
  71. "Mañana en el Estadio Bernabéu España se enfrentará a Holanda". El Progreso (en castelán) (15394). 29 de xaneiro de 1957. p. 5. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  72. "Más de noventa mil personas presenciaron la victoria de la selección española de fútbol frente a la holandesa, por 5 a 1". La Noche (en castelán) (11193). 31 de xaneiro de 1957. p. 5. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  73. "La selección española que no existió como conjunto, empató con la suíza (2-2), en partido eliminatorio para el campeonato del mundo". La Noche (en castelán). 11 de marzo de 1957. p. 1. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  74. "Cuatro culpables de la derrota española". El Pueblo Gallego (en castelán) (18659). 1 de xuño de 1962. p. 9. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  75. "Victoria de la selección española sobre Méjico (1-0)". La Noche (en castelán) (12543). 4 de xuño de 1962. p. 4. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  76. "España eliminada por Brasil". El Pueblo Gallego (en castelán) (18664). 7 de xuño de 1962. p. 10. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  77. "Gran actuación de Suárez ante Hungría". La Voz de Galicia (en castelán). 18 de xuño de 1964. p. 5. 
  78. "España eliminó a Hungría, tras media hora de prórroga (2-1)". La Noche (en castelán). 18 de xuño de 1964. p. 6. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  79. "España, campeón de la Eurocopa de naciones". La Noche (en castelán) (13279). 22 de xuño de 1964. p. 5. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  80. "EURO 1964 Team of the Tournament". UEFA (en inglés). 1 de xaneiro de 2020. Consultado o 2 de xullo de 2021. 
  81. "Luis Suárez, convocado por Kubala". El Pueblo Gallego (en castelán) (17759). 29 de marzo de 1972. p. 16. Consultado o 1 de xullo de 2021. 
  82. "Luis Suárez, segundo entrenador del Sampdoria". La Voz de Galicia. 8 de decembro de 1972. p. 22. 
  83. "Suárez firmó como entrenador del equipo juvenil del Génova". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xuño de 1973. p. 22. 
  84. "Luis Suárez, entrenador del Inter". La Voz de Galicia (en castelán). 25 de maio de 1974. p. 37. 
  85. "Suárez no sabe lo que va a hacer". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de decembro de 1975. p. 37. 
  86. "Suarez entrenador del SPAL". El Pueblo Gallego (en castelán) (19960). 13 de febreiro de 1977. p. 24. Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  87. "Lanerossi, campeón italiano de Segunda". La Voz de Galicia (en castelán). 21 de xuño de 1977. p. 39. 
  88. "Luis Suárez, entrenador del Como". La Voz de Galicia (en castelán). 10 de decembro de 1977. p. 34. 
  89. "Luis Suárez, sancionado hasta el 1º de abril". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de febreiro de 1978. p. 30. 
  90. "En fútbol no hay recuperación fácil". La Voz de Galicia (en castelán). 14 de novembro de 1978. p. 33. 
  91. 91,0 91,1 "El Deportivo tiene gran interés en que renueve Luis Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 3 de xullo de 1979. p. 30. 
  92. "El Deportivo, a salvo". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de xuño de 1979. p. 27. 
  93. Mallo, X. M. (13 de novembro de 2017). "El de Riazor, un banquillo que quema". La Opinión A Coruña (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  94. "Suárez quiere ver las cosas claras". La Voz de Galicia (en castelán). 29 de xuño de 1980. p. 52. 
  95. González, José Damian (19 de agosto de 1988). "Luis Suárez, nuevo seleccionador español". El País (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  96. "Villar busca entre Aragonés, Irareta, Miera y Zabalza el sustituto del destituido Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 30 de abril de 1991. p. 39. 
  97. "L' INTER SOSPENDE DESIDERI". la Repubblica (en italiano). 17 de marzo de 1992. Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  98. "L'Inter ritrova Klinsmann-gol". La Stampa (en italiano). 6 de abril de 1992. p. 32. Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  99. "Luis Suárez dimite debido al interés de su club por Floro". La Voz de Galicia (en castelán). 5 de setembro de 1994. p. 29. 
  100. "Luis Suárez vuelve a los despachos del Inter". La Voz de Galicia (en castelán). 12 de novembro de 1995. p. 51. 
  101. "Rodri se une al coruñés Luis Suárez y se corona con el segundo Balón de Oro masculino español". DxT Campeón (en castelán). 28 de outubro de 2024. Consultado o 29 de outubro de 2024. 
  102. "Santana y Suárez, medallas de oro al mérito deportivo del ayuntamiento coruñés". La Noche (en castelán). 10 de setembro de 1965. p. 7. Consultado o 28 de xuño de 2021. 
  103. "La Xunta destina 15.000 millones de pesetas a obras hidráulicas en Vigo". La Voz de Galicia (en castelán). 2 de xuño de 1989. p. 19. 
  104. "Luis Suárez recibió el MARCA Leyenda". Marca (en castelán). 15 de decembro de 2016. Consultado o 2 de xullo de 2021. 
  105. Outeiriño, Maribel (26 de xuño de 2017). "Un guardia civil sindicalista" (en castelán). Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  106. "Se casó Luis Suárez". La Noche (en castelán) (14228). 16 de xuño de 1967. p. 11. Consultado o 30 de xuño de 2021. 
  107. "Murió el hijo menor de Luis Suárez". La Voz de Galicia (en castelán). 19 de maio de 1977. p. 50. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • Fraga, X. (2010). Luís Suárez. Fútbol de seda. Baía Edicións. 
  • Grassia, Filippo; Lotito, Gianpiero (2008). INTER - Dalla nascita allo scudetto del centenario (en italiano). Antonio Vallardi Editore. ISBN 978-88-95684-11-6. 

Ligazóns externas