A Società Sportiva Lazio é un club de fútbol de Italia, radicado na cidade de Roma na rexión do Lacio. Fundouse en 1900, participou permanentemente na máxima categoría do fútbol italiano desde a creación desta.
A Lazio consagrouse campión da Serie A italiana en 2 ocasións, ademais de adxudicarse a Copa de Italia en 6 ocasións e a Supercopa de Italia en 4 ocasións. A nivel internacional, conquistou a Recopa de Europa na tempada 1998-99 e a Supercopa de Europa en 1999, alcanzou a final da Copa da UEFA en 1997-98.
- Uniforme titular: Camiseta azul celeste, pantalón azul escuro, medias brancas.
- Uniforme alternativo: Camiseta branca, pantalón branco e medias brancas.
Estadio
Exerce como local no Stadio Olimpico di Roma, o cal comparte co seu tradicional rival AS Roma. Cunha capacidade de 81.903 espectadores é o segundo estadio con maior capacidade en Italia, só por detrás do Estadio Giuseppe Meazza de Milán, e está considerado, segundo os parámetros da UEFA, como un reduto de 5 estrelas.
Datos do club
Títulos
Torneos nacionais
Torneos internacionais
Torneos amigables
Xogadores
Xogadores famosos
Cadro actual
- Datos do 27 de maio de 2013.
Adestradores
Seareiros
Segundo unha enquisa elaborada polo instituto estatístico Demos no mes de agosto de 2007, do total de afeccionados ao fútbol en Italia, a Lazio é o sexto club por número de seareiros, co 3 % do total.[1]
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas