Ljubiša Broćić (en serbio: Љубиша Броћић), nado en Belgrado o 3 de outubro de 1911 e finado na mesma cidade o 16 de agosto de 1995, foi un adestrador de fútbol iugoslavo.
Traxectoria
Adestrou a varios dos principais equipos europeos, como o PSV Eindhoven, a Juventus, o FC Barcelona ou o Estrela Vermella de Belgrado, gañando dúas veces a liga iugoslava e unha vez a Serie A italiana. Tamén dirixiu o Al-Nasr en Arabia Saudita, o OFK Beograd,[1] o Racing Beirut, así como as seleccións de Albania, Líbano,[2] Kuwait e Bahrain. Con Albania gañou a Copa dos Balcáns en 1946.
Tamén traballou en Australia, adestrando o Footscray JUST e o South Melbourne Hellas durante a década de 1960,[3] e pasou dúas veces polo banco da selección de Nova Zelandia.[4]
Palmarés
- Albania
- Estrela Vermella
- Juventus
- Al Nassr
Notas
Véxase tamén
Ligazóns externas