Xosé Díaz Jácome

Modelo:BiografíaXosé Díaz Jácome
Biografía
Nacemento19 de abril de 1910 Editar o valor en Wikidata
Mondoñedo, España Editar o valor en Wikidata
Morte6 de setembro de 1998 Editar o valor en Wikidata (88 anos)
A Coruña, España Editar o valor en Wikidata
Actividade
Ocupaciónescritor, xornalista, poeta Editar o valor en Wikidata
Membro de
Xénero artísticoPoesía
Familia
FillosJuan Ramón Díaz Editar o valor en Wikidata
Premios

BNE: XX1250556 BUSC: diaz-jacome-jose-1910

Xosé Díaz Jácome, nado en Mondoñedo o 19 de abril de 1910 e finado na Coruña o 6 de setembro de 1998, foi un xornalista e escritor galego.

Traxectoria

Nado en Mondoñedo, onde foi Cronista Oficial e Fillo Predilecto, foi membro da denominada Xeración do 36 e incorporouse ao neotrobadorismo da man de Álvaro Cunqueiro.

Comezou publicando poemas nos xornais locais, sobre todo en La Voz de Mondoñedo e Vallibria, e noutros diarios galegos e asturianos, como a revista Galiza ou os periódicos La Comarca, Las Riberas del Eo, mais tamén ocasionalmente en El Progreso, El Compostelano, a revista Resol ou a habanera Eco de Galicia.

En 1939 trasladouse a Pamplona, onde foi redactor xefe de El Pensamiento Navarro, creou a colección de Poesía Albor (na que se deron a coñecer Blas de Otero ou Luis López Anglada e na que tamén colaboraron Xosé Filgueira Valverde e Dionisio Gamallo Fierros) e dirixiu a revista Pregón.

En 1949 trasladouse a Vigo, onde traballou como xefe de redacción de Faro de Vigo. En 1963 pasou a dirixir en Oviedo o xornal La Voz de Asturias, posto que desempeñou durante 20 anos, ata a súa xubilación.

Recoñecementos

Membro correspondente da Real Academia Galega dende 1967, recibiu numerosos galardóns, como o dos xogos florais de Santiago (1945), Certame Literario das Festas de Lugo (1948),[1] Premio do Concurso Literario Anual do Centro Galego de Bos Aires (1949 e 1957), Festa Galega das Letras de Barcelona (1950), xogos florais de Vigo (1950), Premio da Casa de Galicia en Buenos Aires (1953), Concurso de Vilancicos do Centro Galego de Madrid (1959) ou Premio Tomás Morales da Casa de Colón en Las Palmas (1961), entre outros. En 1996 a Xunta de Galicia concedeulle a medalla Castelao.

Obra

Segundo Armando Requeixoː "Poeta por veces neopopularista, outras neovirxilianista, saudosista, neorromántico e mesmo modernista, tamén, neotrobadorista e ata puntualmente creacionista, a escrita elexíaca, paisaxista, festiva, celebrativa, natalicia e mesmo social e antropolóxica de Díaz Jácome evidencia a pluralidade dos rexistros que dominou e a súa admirable capacidade para nutrirse das estéticas coas que conviviu".[2]

Vida persoal

É o pai do tamén xornalista Juan Ramón Díaz, destacado xornalista galego que foi director de La Voz de Galicia (1977-1997), vicepresidente do Grupo La Capital e director de El Ideal Gallego.

Legado

O Concello de Mondoñedo e a Deputación de Lugo convocan anualmente desde 2000 o premio de poesía Díaz Jácome para novos creadores co obxectivo de estimular a creación poética entre a xente nova. Os traballos distinguidos neste certame foron recollidos no volume Versos fideis. Premios de Poesía Díaz Jácome para Novos Creadores 2000-2018 (2019), obra publicada polo Concello de Mondoñedo e editada por Belén Bouzas Gorgal e Armando Requeixo.

Notas

  1. "Nuestra complacencia por el fallo de un Jurado". El Progreso (en castelán). 9 de outubro de 1948. 
  2. Armandorequeixo (2020-04-19). "Muiñeiro fidel". Criticalia. Consultado o 2020-04-19. 
  3. Pombal en Google Books.

Véxase tamén

Bibliografía


Predecesor:
Álvaro Cunqueiro
 Cronista de Mondoñedo 
1981 - 1998
Sucesor:
Francisco Mayán