O nome Romanía (en romanés: România) ven do romanésromân, palabra que deriva do latínRomanus (Romano). Este feito de que os romaneses se chamen a si mesmos un derivado de romanus está documentado dende comezos do século XVI por moitos autores, incluídos humanistas italianos en viaxes por Transilvania, Moldova e Valaquia.[1][2][3][4] O documento máis antigo escrito en lingua romanesa é unha carta datada en 1521 coñecida como "Carta de Neacşu desde Câmpulung",[5] ademais este documento é notable xa que é o primeiro no que figura a palabra "romanés" nun texto nesa lingua, sendo chamada Valaquia a Terra Romanesa (Ţeara Rumânească).
Nos seguintes séculos os documentos romaneses usaban indiferentemente dúas formas, român e rumân como xentilicio do país.[6] Evolucións sociolingüísticas no final do século XVII levaron a un proceso de diferenciación semántica, a forma "rumân", presumiblemente usual entre as clases máis baixas, pasou a tomar o significado de "servo". Despois da abolición da servidume en 1746 a forma "rumân" foi desaparecendo gradualmente quedando soamente a forma "român" ou "românesc".[7] O nome "România" como terra de tódolos romaneses está documentado dende comezos do século XIX, sendo oficialmente usado dende o 11 de decembro de 1861.[8] En galego o nome do país é Romanía, empregándose a forma Romania para referirse ao grupo de terras europeas onde apareceron as linguas románicas.
No ano 2002, os máis antigos restos humanos (Homo sapiens sapiens) de Europa foron atopados na "Cova con ósos" (Peştera cu Oase), preto de Anina, na actual Romanía.[9] Os restos (unha mandíbula) datan de aproximadamente 42.000 anos e recibiron o alcume de "Xoán de Anina" (Ion din Anina). Como os restos europeos máis antigos de Homo sapiens, poderían representar os primeiros homes que entraron no continente.[10] Os restos son interesantes especialmente porque presentan unha mestura de trazos arcaicos, de home moderno temperán, e de neanderthal,[11] indicando unha posible mestura entre o Neanderthal e o home moderno.[12][13][14]
Dende o Paleolítico, o actual territorio de Romanía foi escenario do desenvolvemento de varias comunidades culturais. As probas escritas máis vellas da presenza dun pobo en territorios da actual Romanía veñen de Heródoto, en 513 a. C.[15] Antes da conquista romana, a rexión estaba poboada por tribos de orixe dacia, indoeuropea, que deron ao país o seu nome prerromano, Dacia. O seu líder máis soado foi Decébalo, malia ser Burebista o primeiro líder que uniu as tribos dacias. Unha parte de Dacia foi conquistada por Traxano e o seu exército no ano 107. É posible que unha parte importante da poboación autóctona fose masacrada durante a campaña de conquista ou, talvez, asimilada ou dispersada, o que deu lugar á súa substitución con colonos romanos. Malia iso, permaneceu unha poboación significativa de "dacios ceibes" nos territorios non conquistados polos romanos. As Guerras Dacias son inmortalizadas na Columna de Traxano, do Foro de Traxano en Roma.
En 1600, os principados de Valaquia, Moldova e Transilvania pasaron a ser gobernados por un mesmo príncipe valaco, Miguel o Valente (Mihai Viteazul). Porén, a oportunidade dun goberno unitario disolveuse despois de que Mihai fose asasinado tan só un ano despois polos soldados do xeneral austríacoGiorgio Basta. Mihai Viteazul, quen fora príncipe de Transilvania durante menos dun ano, tentou por vez primeira unificar os tres principados e establecer os alicerces dun só estado, nun territorio comparado ao da actual Romanía.
Trala súa morte, Moldova e Valaquia tiñan completa autonomía interna e independencia externa coma estados vasalos tributarios, privilexio perdido no século XVIII. En 1699, Transilvania converteuse nun territorio do Imperio austríaco baixo a coroa dos Habsburgo, despois de que estes vencesen os otománs na Gran guerra turca. Os austríacos, aproveitaron entón para espallar axiña o seu imperio: en 1718 fixéronse cunha gran parte de Valaquia, chamada Oltenia, parte que formou parte do imperio até 1739. En 1775, o Imperio austríaco ocupou a parte noroeste de Moldova, máis tarde chamada Bucovina, mentres que a metade leste do principado (chamada Besarabia) foi ocupada en 1812 por Rusia.[31]
Independencia e monarquía
Durante o dominio austro-húngaro en Transilvania, e o otomán sobre Valaquia e Moldova, a maioría dos romaneses atopábase nunha situación de inferioridade, sendo considerados cidadáns de segunda clase (ou nin tan sequera cidadáns)[32] nun territorio onde constituían a maioría da poboación.[33][34] Nalgunhas cidades transilvanas coma Braşov (chamada naquel tempo Kronstadt), os romaneses tiñan prohibida a residencia dentro dos muros da cidade.[35] En xeral, as numerosas medidas de discriminación contra os romaneses en Transilvania,[36][37] tiveron como resultado o fortalecemento da súa conciencia étnica. No século XVIII, os intelectuais romaneses de Transilvania resaltaron a orixe romana dos romaneses, igual que algúns intelectuais de Valaquia e Moldova.
Tralo fracaso da Revolución de 1848, as Grandes potencias non apoiaron o desexo expreso dos romaneses de unirse oficialmente baixo un mesmo estado, isto forzou a Romanía a proceder soa contra os otománs. Os electores en Moldova e mais Valaquia elixiron en 1859 á mesma persoa –Alexandru Ioan Cuza– coma príncipe (Domnitor en romanés).[38] Así, Romanía foi creada coma unión persoal; con todo, o novo país non incluía a rexión histórica de Transilvania, a cal se atopaba baixo control austro-húngaro. Alí, a aristocracia e mailas clases altas continuaban sendo húngaras, e o nacionalismo romanés inevitablemente loitaba contra o húngaro no final do século XIX. Coma nos 900 anos previos, Austria-Hungría, especialmente a partir da creación en 1867 da monarquía dual austro-húngara, mantivo o control húngaro incluso naquelas terras de Transilvania onde os romaneses constituían unha maioría.
En agosto de 1914, ao estourar a Primeira guerra mundial, Romanía declarouse neutral. Dous anos despois, baixo presión dos Aliados (especialmente de Francia, desesperada por abrir unha nova fronte), entre o 14 e o 27 de agosto de 1916, Romanía uniuse aos Aliados, declarando a guerra a Austria-Hungría. Por esta razón, baixo os termos dunha convención militar secreta, prometeron a Romanía apoio na súa loita por crear un estado para todos os romaneses.[44]
A campaña militar romanesa constituíu unha desfeita para Romanía ao facerse os Poderes centrais con dous terzos do país e ao prender ou asasinar a meirande parte da súa armada en catro meses. Con todo, Moldova ficou en mans romanesas despois de que as forzas invasoras fosen paradas en 1917. Ao rematar a guerra, Austria-Hungría e mailo Imperio ruso colapsaron e desintegráronse; Besarabia, Bucovina e Transilvania uníronse ao Reino de Romanía en 1918. A guerra deixou, entre 1914 e 1918 un total de 748.000 finados (militares e civís).[45] En 1920 co Tratado de Trianon, Hungría renunciou en favor de Romanía ás reclamacións da monarquía austro-húngara sobre Transilvania.[46] A unión de Romanía con Bucovina ratificouse en 1919 no Tratado de Saint Germain,[47] e con Besarabia en 1920 co Tratado de París.[48]
A expresión romanesa România Mare (literalmente "Gran Romanía") refírese xeralmente ao estado romanés no período de entreguerra, e por extensión ao territorio que Romanía cubría (véxase o mapa). Nese tempo Romanía acadou a súa maior extensión territorial (case 300.000 km²),[49] conseguindo unir todas as terras historicamente romanesas.[49]
Durante a Segunda guerra mundial, Romanía tentou de novo ficar neutral, mais o 28 de xuño de 1940, recibiu un ultimato soviético con ameaza de invasión no caso de non mudar o seu estado.[50] Baixo presión de Moscova e Berlín, a administración romanesa e maila armada foron forzadas a retirarse de Besarabia así coma do norte de Bucovina para evitar a guerra.[51] Isto, en combinación con outros factores, provocaron que o goberno se unise ao Eixo. A partir de entón, o sur de Dobruia foi concedido a Bulgaria, mentres Hungría recibiu o norte de Transilvania como resultado da arbitraxe das potencias do Eixo.[52] O autoritario Rei Carol IIabdicou en 1940, sendo sucedido polo Estado Lexionario Nacional, onde o poder era compartido por Ion Antonescu e maila Garda de Ferro. En poucos meses, Antonescu esmagara a Garda de Ferro, entrando Romanía no ano seguinte na guerra, do bando das Potencias do Eixo. Durante a guerra, Romanía foi a maior fonte de petróleo da Alemaña Nazi,[53] o que atraeu moitos bombardeos aéreos por parte dos Aliados. Por medio da invasión da Unión Soviética polo Eixo, Romanía recuperou, baixo o liderado do xeneral Ion Antonescu, Besarabia e mailo norte de Bucovina da Unión Soviética. O réxime de Antonescu tivo un papel maior no Holocausto,[54] seguido en menor medida pola política Nazi de opresión e masacre dos xudeus, e xitanos, principalmente nas terras orientais que Romanía recuperou ou ocupou á Unión Soviética (Transnistria) e Moldova.
En agosto de 1944, Antonescu foi derrocado e prendido polo Rei Miguel I de Romanía. Romanía mudou de bando e uniuse aos Aliados, mais o seu papel na derrota da Alemaña Nazi non foi recoñecido no Tratado de París de 1947.[55] Ao rematar a guerra, a armada romanesa sufrira ao redor de 300.000 baixas.[56] As vítimas xudías do Holocausto roldaron as 469.000 persoas nas fronteiras de 1939, incluíndo 325.000 en Besarabia e Bucovina.[57]
Comunismo
(1945–1989)
Coas forzas do Exército vermello ocupando o país e exercendo o control de facto, o goberno formado principalmente por comunistas convocou eleccións, as cales foron gañadas co 80% dos votos a través de intimidación e, seguramente, fraude electoral.[58] Deste xeito axiña se erixiron como a principal forza política dominante.
En 1947, os comunistas forzaron o Rei Miguel I a abdicar e abandonar o país, proclamando a República Socialista de Romanía.[59][60] Até a década dos 50 Romanía ficaría baixo ocupación militar e control económico da URSS. Durante este período, os vastos recursos naturais do país serían continuamente espoliados por compañías Soviético-romanesas (SovRoms) establecidas co propósito de explotar os recursos.[61][62] En 1948, o estado comezou a nacionalizar firmas privadas, e a colectivizar as terras o ano seguinte.[63]
Dende finais da década de 1940 até comezos dos 60, o goberno comunista estableceu o reinado do terror, levado a cabo principalmente a través da Securitate (a nova policía secreta). Durante este tempo levaron a cabo diversas campañas para eliminar os "inimigos do estado", nas cales numerosos individuos foron asasinados ou encarcerados por razóns políticas ou económicas.[64] Os castigos incluíron a deportación, exilio interno, e o internamento forzoso en campos de traballo e prisións; aquel que se negara axiña era eliminado. Durante este tempo leváronse a cabo experimentos coma o que tivo lugar na prisión de Piteşti, onde un grupo de rivais políticos foron postos nun programa de reeducación a través da tortura. Rexistros históricos amosaron centos de miles de abusos, mortes e casos de tortura contra un amplo espectro de xente, dende rivais políticos até cidadáns ordinarios.[65]
En 1965, Nicolae Ceauşescu chegou ao poder e comezou a seguir políticas independentes, sendo o único estado do Pacto de Varsovia que condenou a invasión soviética de 1968 en Checoslovaquia; continuando as relacións diplomáticas con Israel trala Guerra dos seis días de 1967, ou establecendo relacións económicas (1963) e diplomáticas (1967) coa República Federal de Alemaña.[66] Asemade, as súas próximas relacións cos países árabes (e a OLP) permitiron a Romanía ter un papel principal nos procesos de paz entre Israel–Exipto e Israel–OLP.[67] Con todo, ao medrar de súpeto a débeda externa de Romanía entre 1977 e 1981 (de 3 a 10 billóns de dólares americanos), a influencia de organizacións financeiras internacionais coma a FMI ou do Banco Mundial medrou, batendo coas políticas autárquicas de Nicolae Ceauşescu. Eventualmente Ceauşescu comezou un proxecto de reembolso total da débeda externa ao impoñer políticas que empobreceron os romaneses e esgotaron a economía romanesa, á vez que espallaron enormemente a influencia da policía estatal, e impuxeron o culto á personalidade. Isto levou a que a popularidade de Ceauşescu minguara axiña, culminando no seu derrocamento e execución na sanguenta revolución romanesa de 1989.
No ano 2006, a Comisión presidencial para o estudo da ditadura comunista en Romanía estimou o número directo de vítimas da represión comunista en dous millóns de persoas.[68][69] Esta cifra non inclúe a xente que morreu unha vez ceibada dos cárceres nos que foron torturados, ou a xente que morreu como consecuencia da pobreza extrema provocada como consecuencia das políticas do réxime.
Tras estes feitos constituíuse un Fronte de Salvación Nacional, no cal entraron tamén algúns representantes do antigo Partido Comunista Romanés e da súa policía política, presidido por Ion Iliescu (el mesmo antigo membro importante do Partido Comunista), quen gañou popularidade no medio rural pola súa suposta imaxe de líder da Revolución. A popularidade do Fronte de Salvación Nacional era moito menor no medio urbano, e destacan as manifestacións contra Iliescu e do "FSN" en Bucarest. Con todo, todos os votos son considerados iguais.
Foi o comezo dun período duro de transición (con alto risco de fraudes económicas, que á súa vez xeran corrupción e inflación), desde unha economía completamente dirixida polo Estado, a unha economía de libre mercado. As calamidades naturais que afectaron a Romanía despois de 1989 tampouco axudaron á economía. A mala situación económica do país fixo emigrar moitos mozos romaneses, particularmente a países mediterráneos como España ou Italia (quizais por algunha similitude cultural). Este fenómeno está reflectido na falta actual de man de obra en Romanía, afectando a auténtica integración europea.
En 1990 celebráronse as primeiras eleccións democráticas libres e Ion Iliescu foi ratificado no seu cargo e reelixido en 1992, por un mandato de catro anos. En 1996 o democristián Emil Constantinescu, foi elixido presidente dos romaneses nun goberno que, por primeira vez, integrou a minoría húngara. En 2000, Iliescu volveu ao goberno, xa que o período de 1990-1992 non foi considerado un mandato (segundo a Constitución, en Romanía o presidente só pode obter dous mandatos). En 2004, o dereitista (centro-dereita) Traian Băsescu foi elixido presidente. Romanía adheriuse á OTAN e formou parte das forzas de "voluntarios" da Guerra en Iraq, en favor da coalición anglo-estadounidense. O 1 de xaneiro do 2007 entrou a formar parte da Unión Europea.
Romanía ten unha extensión de 237.500 km². É o maior país da súa rexión e o duodécimo de Europa. Atópase en Europa do Leste, máis precisamente na rexión dos Cárpatos e o curso baixo do río Danubio. Limita con Ucraína ao norte, Moldova ao leste, Hungría ao oeste e Serbia e Bulgaria ao sur. Ao sueste está bañada polo Mar Negro. O país está dividido en tres rexións principais, a meseta de Transilvania, no centro do país; os Cárpatos que rodean a meseta central e que estenden cara ao norte e sur e as terras baixas do oeste e leste.
O Danubio, principal río de Romanía, forma a maior parte da fronteira con Bulgaria e é usado para o transporte e a xeración de enerxía hidroeléctrica. Actualmente, o Delta do Danubio foi incluído na listaxe da Unesco de lugares cualificados como Reserva da Biosfera, co nome de Reserva da Biosfera Transfronteiriza do Delta do Danubio.
Conta cuns 2.733 km² de superficie estritamente protexida repartida entre dezaoito zonas. No Danubio ademais vai desaugar o río Prut, que fai fronteira con Moldova. Outros ríos importantes son o Mureş e o Olt, ademais de máis de 2.000 lagos. O relevo de Romanía está dividido en áreas con porcentaxe similar de montañas, outeiros e chairas. Esta diversidade xeográfica reflíctese tamén na diversidade da flora e fauna de Romanía. O país ten a poboación de osos pardos maior de Europa, mentres que o rebezo tamén se poden atopar nos Cárpatos.
Clima
O clima oscila entre temperado e continental, segundo a rexión do país, a temperatura media anual varía entre os 11 °C no sur e os 8 °C no norte[70], os veráns son moi calorosos con temperaturas medias máximas por riba de 28 °C en Bucarest mentres os invernos son fríos con medias mínimas de -5,5 °C en xaneiro. As precipitacións oscilan entre os máis 750 mm nalgunhas áreas montañosas do oeste menos de 400 mm na costa do mar Negro, cunha media en Bucarest de 600 mm.[71] Os Cárpatos constitúen un dos principais condicionantes do clima, estas montañas dominan a parte occidental de Romanía, con pico até os 2.500 m de altitude, sendo o máis elevado o Moldoveanu con 2.544 m.
Política
A constitución actual de Romanía foi creada en 1991 tras a caída de Nicolae Ceauşescu e posteriormente reformada en 2003. Establece que o país é unha república semipresidencialistademocrática e pluripartidista. Estabelécese a elección popular dun presidente e un parlamento mediante votación dos cidadáns maiores de 18 anos, e a existencia dunha corte constitucional e outra corte menor.
O Presidente é elixido por votación popular cada cinco anos, até o ano 2004 era cada catro anos, por dous períodos consecutivos como máximo. O presidente, en conxunto co partido con maioría no parlamento, designa un Primeiro Ministro. Á súa vez, este primeiro ministro nomea os demais membros do gabinete e, xunto con 42 prefectos (un por cada distrito e polo municipio independente de Bucarest), forman o poder executivo.
O Parlamento de Romanía é bicameral: o Senado (en romanés: Senatul), que conta con 137 membros a partir de 2004, e a Cámara de Deputados (en romanés: Camera Deputaţilor), que conta con 332 membros a partir de 2004. Os membros de ámbalas cámaras son elixidos cada catro anos por sufraxio popular.
O poder xudicial é independente dos outros dous e baséase no Código Civil de Francia. A corte constitucional é o tribunal supremo, ocupado por 9 xuíces en períodos de 9 anos que non se poden renovar. Actúa en xuízos onde está en dúbida a interpretación da constitución e, tras a reforma de 2003, os seus veredictos non poden ser revogados, nin sequera por unha maioría parlamentaria.
O actual goberno declarou o seu obxectivo de reforzar os lazos e axudar aos outros países de Europa oriental, en particular Moldova, Ucraína e Xeorxia, co proceso de integración con occidente. Romanía tamén deixou claro dende a década de 1990 que apoia a integración na OTAN e na Unión Europea para as ex-repúblicas soviéticas democráticas de Europa oriental e o Cáucaso, ademais de declarar o seu apoio público á integración na mesma de Turquía, Croacia e Moldova. En canto a Turquía, Romanía comparte unha relación económica privilexiada, ademais de con Hungría debido á importante minoría desta nacionalidade que reside no país, sendo este último un dos principais membros que apoiaron a candidatura de Romanía á UE. Ademais Romanía é un importante socio dos Estados Unidos.
Con todo, as relacións coa República de Moldova son especiais, xa que os dous países practicamente comparten o mesmo idioma e unha historia común. Na década de 1990 apareceu un movemento para a unificación dos dous países, despois de que ambos remataran co seu réxime comunista, mais este movemento non durou moito co novo goberno de Moldova, que procurou manterse como unha república independente. Porén, Romanía segue interesada nos asuntos de Moldova e rexeitou oficialmente o Pacto Ribbentrop-Molotov, mais os dous países non puideron aínda chegar a un acordo sobre un tratado bilateral de base.
Dereitos humanos
En materia de dereitos humanos, respecto á pertenza nos sete organismos da Carta Internacional de Dereitos Humanos, que inclúen o Comité de Dereitos Humanos (HRC), Romanía firmou ou ratificou:
Firmado e ratificado, firmado pero non ratificado, nin firmado nin ratificado, sen información, accedeu a firmar e ratificar o órgano en cuestión, pero tamén recoñece a competencia de recibir e procesar comunicacións individuais por parte dos órganos competentes.
Romanía estivo dividida historicamente en tres rexións: Valaquia, Transilvania e Moldova. Actualmente, segundo a constitución, o estado está dividida en 8 rexións de desenvolvemento, 41 condados (en romanés: judeţe) e o concello independente de Bucarest. Ademais está subdivida en divisións de menor nivel, que son 2.686 concellos e 13.092 parroquias.
Trala segunda guerra mundial, os recursos económicos romaneses foron nacionalizados e a actividade económica planificada. En 1989, coa caída do réxime comunista, o novo goberno emprendeu unha serie de reformas para introducir o sistema de economía de mercado e tras varios anos de privatizacións e descentralización o goberno romanés pasou a ter unha intervención significativamente menor na economía.
Romanía é un dos principais produtores e exportadores de produtos agrícolas de Europa, representando este sector o 10% do PIB. Os cultivos ocupan o 40% da superficie do país e os recursos forestais son abundantes. En canto á pesca está nunha fase de expansión. Existen xacementos de gas natural e petróleo que achegan unha porcentaxe significativa do consumo diario, mais non son dabondo para cubrir a totalidade da demanda do país, polo que está obrigado a importalos, principalmente de Rusia. Para tratar de reducir a dependencia de factores externos impulsouse a xeración en plantas de enerxía nuclear e hidroeléctrica, que agora mesmo supoñen un 45% da enerxía consumida no país.
O sector industrial representa o 35% do PIB, a pesar de que nos últimos tempos, as instalacións construídas durante a etapa de economía centralizada quedaron obsoletas e as fábricas tiveron que investir masivamente en modernizacións. Os principais sectores son o téxtil, o siderúrxico, a produción de maquinaria e vehículos, de armamento e o procesamento da produción agropecuaria. Os servizos comprenden o restante 55% do PIB, sendo o turismo o principal contribuínte. O Mar Negro, o delta do Danubio e os Cárpatos son as principais atraccións naturais que concentran o turismo, mentres que en canto a patrimonio cultural destaca Transilvania.
O índice de desemprego é do 5%, varios puntos por baixo doutros países da rexión e de Europa Occidental. A balanza comercial ten un déficit significativo, as exportacións (28.000 millóns de dólares) son só tres cuartos das importacións (38.000 millóns de dólares). Os principais socios de Romanía, tanto nas exportacións como nas importacións, son Italia e Alemaña.
Os anos 2002 e 2003 foron economicamente de moito éxito para a economía romanesa, prevéndose actualmente o crecemento do PIB do 4.5% por ano. No ano 2004 por exemplo, a economía medrou un 6,6% na primeira metade e un 7.0% (ano sobre ano) no segundo semestre, marcando a maior taxa de crecemento da rexión. O salario bruto medio por mes en outubro de 2004 era de 8.392.766 lei (213,60 euross), o que supuxo un aumento do 2,1% sobre o mes anterior.
Transporte
Debido á súa localización, Romanía é unha importante encrucillada do comercio internacional en Europa, porén debido ao insuficiente investimento e mantemento a infraestrutura de transporte non se satisfai á actual economía de mercado, representando un atraso en comparación con Europa occidental. Porén, estas condicións están a mellorar rapidamente e están a acadar as normativas de redes de transporte Trans-europeas. Comezáronse grandes proxectos grazas ás concesións do ISPA e a varios préstamos de institucións financeiras internacionais como o Banco Mundial ou o FMI. Ademais o Goberno está a apelar ao financiamento externo e a sociedades público-privadas para a modernización das vías principais, especialmente a rede de autoestradas.
O Banco Mundial estima que a rede ferrocarril en Romanía comprendía en 2004 22.298 km, o que a convertía na cuarta maior rede de ferrocarril de Europa. O transporte ferrocarril experimentou unha caída dramática na carga e volumes de pasaxeiros en 1989 principalmente debido ao declive do PIB e competencia do transporte por estrada. En 2004 as vías férreas levaron a 8,64 miles de millóns de pasaxeiros por km en 99 millóns de viaxes e 73 millóns de toneladas. O transporte total combinado polo ferrocarril constituíu ao redor do 45% de tódolos movementos de pasaxeiros e de carga do país. Bucarest é a única cidade de Romanía que posúe un sistema ferrocarril subterráneo, así pois o Metro de Bucarest foi inaugurado en 1979, sendo agora un sistema de transporte máis utilizado da cidade, tendo esta rede de transporte pública unha media de 650.000 viaxes ao día.
A poboación de Romanía acada os 21.498.616 millóns (2009), mais está a decrecer a un ritmo do anual do 0,12%. A maioría da poboación pertence á etnia romanesa (88,9%), seguida por unha importante colectividade de húngarossículos (6,6%), concentrados sobre todo na rexión de Transilvania, e de xitanos (2,5%). Ucraínos (0,3%), rusos, alemáns (0,3%), turcos, búlgaros, italianos e serbios, xunto con outras minorías, constitúen o resto da poboación.
Os habitantes concéntranse nas chairas, onde están os centros industriais e se desenvolve a agricultura en grande escala. O 55,2% dos romaneses vive en cidades, o que representa unha das proporcións máis baixas de Europa, só superada por algúns dos seus veciños balcánicos e Moldova. As principais cidades do país son Bucarest, a capital con 2 millóns de habitantes, Iaşi, Cluj-Napoca, Cluj-Napoca, Timişoara ou Ploieşti, todas elas cunha poboación de entre 280.000 e 330.000 habitantes.
Romanía é un estado sen relixión oficial, aínda que máis do 89% da poboación adscríbese á Igrexa ortodoxa romanesa (segundo o censo de 2002). Tamén hai cantidades significativas de católicos (tanto de rito latino como de rito oriental) que representan un 5,6% da poboación, moitos deles das minorías húngara e alemá de Transilvania, protestantes (luteranos e calvinistas, un 3,7% da poboación), grupos pentecostais e musulmáns (ao redor de 100.000, o 0.4% da poboación total). Segundo o censo de 2002, tamén vivían no país 23.105 ateos e agnósticos e 6.100 xudeus.
A romanés é o idioma oficial do país. Séguenlle en importancia o húngaro e o romaní (que non ten nada que ver co romanés, senón cos romis, os xitanos romaneses), falados polas poboacións desas etnias. O ucraíno é falado en áreas de Maramures, Bucovina, Dobrudia e Banat. O inglés é o primeiro idioma estranxeiro que se estuda na maioría das escolas romanesas e actualmente hai un aumento de préstamos deste idioma no vocabulario romanés. O francés é falado por un significativo número de persoas (uns 5 millóns), sendo Romanía é membro da Francofonía.
A cultura de Romanía é rica e variada. Como os mesmos romaneses, é definida fundamentalmente como un punto de encontro entre tres rexións: Europa Central, Europa do Leste e a Península Balcánica, sen poder ser incluída en ningunha delas. A identidade romanesa formouse sobre un substrato romano e dacio, combinado con outras influencias. Durante a Idade Media, os romaneses foron influenciados polos pobos eslavos, polos gregos medievais e o Imperio Bizantino, polos turcos otománs, e en menor medida, polos húngaros e os alemáns (en Transilvania). A cultura romanesa moderna desenvolveuse máis ou menos durante os últimos 250 anos, cunha forte influencia occidental, particularmente francesa, alemá e húngara.
Cando caeu Nicolae Ceauşescu, Francia sorprendeuse ao decatarse do elevado nivel de coñecemento do idioma francés que tiñan os romaneses e por iso acudiu inmediatamente na súa axuda con colaboracións de toda natureza.
Literatura
A literatura popular de Romanía reflicte as condicións xeográficas e históricas que influenciaron ao carácter do pobo romanés. Son obras que expresan melancolía ou anhelo sen esperanza, como as "Doină", ou tratan das principais ocupacións dos romaneses e a súa relación coa cosmovisión (como en "Mioriţa") dos romaneses, en xeral no medio da Natureza e cun sentimento da presenza da divindade. Destacan obras como "Monastirea Argeşului", "Toma Alimoş" ou "Miorişa", considerada unha obra mestra do folclore mundial.
Até o século XVIII a maioría dos autores cultos romaneses foron teólogos. Tamén destacan cronistas como Miron Costin ou Ion Neculce, o humanista Dimitrie Cantemir, que tamén foi dono de Moldova (1710-1711) ou o dramaturgo Gheorghe Asachi. Os denominados "clásicos" da literatura romanesa, do século XIX, son pouco coñecidos fóra de Romanía. Mihai Eminescu (1850-1889), quizais o poeta romanés mellor coñecido, é aínda amado en Romanía (particularmente os seus poemas), xunto con outros clásicos como George Coşbuc ou Ioan Slavici.
Na época do comunismo, escritores valiosos como Nichita Stănescu (poeta e ensaísta), Marin Sorescu (poeta, dramaturgo e ensaísta) ou Marin Preda (prosista) conseguiron escapar da dura censura (a través do nivel intelectual e estético das súas obras, que facía imposible a censura por policías e políticos sen entendemento literario), romperon co "realismo socialista" e foron os líderes dun pequeno "Renacemento" na literatura romanesa.
A lista de Patrimonio da Humanidade da Unesco inclúe sitios romaneses como as "Vilas saxoas con igrexas fortificadas" (Transilvania), as "Igrexas pintadas do norte de Moldova", cos seus frescos exteriores e interiores, as "Igrexas de madeira de Maramureş", exemplos únicos de combinación do estilo gótico coa construción tradicional de madeira, o "Mosteiro de Horezu", a "Fortaleza de Sighişoara" ou as "Fortalezas dacias das montañas Orastia". En 2007, a cidade de Sibiu foi elixida Capital Europea da cultura, xunto con Luxemburgo.
En canto a capital, Bucarest, situada á beira do río Dâmbovița, destacan o xigante Palacio do Parlamento, construído nos anos 1980 durante o réxime de Nicolae Ceauşescu. Este edifico é actualmente, segundo o libro Guinness dos Récords, o edificio administrativo maior do mundo. Outros coñecidos monumentos son o Arcul de Triumf (O Arco do Triunfo) de 1935, Memorial do Renacemento, un piar de mármore construído en 2005 para conmemorar as vítimas da revolución de 1989 ou o Ateneo Romanés. Entre os museos, destacan o Museo Nacional de Arte de Romanía, o Museo de Historia Natural "Grigore Antipa" ou o Museo Nacional de Historia.
A bandeira nacional de Romanía, coñecida en romanés como Tricolorul, é tricolor con tres franxas verticais, comezando dende o pau, azul, amarelo e vermello. Aínda que o uso destas cores é anterior, comezaron a empregarse como emblema do movemento nacional romanés dende 1834. A disposición actual remóntase a 1864, ata a primeira declaración de independencia de Valaquia en 1821 feita entre outros por Tudor Vladimirescu, aínda que dende entón introducíronse algunhas modificacións. En 1947 eliminouse o escudo coas armas reais para substituílo polo da República Socialista de Romanía (que foi retirado o 27 de decembro de 1989) e o 10 de setembro de 1992 introduciuse o escudo actual.
A súa proporción entre alto e ancho é de 2:3. O 26 de xuño de cada ano celébrase o día da bandeira (Ziua Tricolorului), día que é festa nacional no país. A bandeira ademais é moi semellante á de Moldova, con quen comparte ligazóns históricas e culturais, e é tamén idéntica á bandeira do Chad, aínda que non teñen ningunha relación e á de Andorra.
Ciencia e tecnoloxía
O 14 de maio de 1981 Romanía pasou a ser o undécimo país do mundo en ter un astronauta no espazo. Ese astronauta, Dumitru Prunariu, converteuse posteriormente en presidente da Axencia Espacial Romanesa. O 18 de marzo de 1906, o inventor romanés Traian Vuia pasou a ser a primeira persoa do mundo que voou cunha nave aérea autopropulsada e máis pesada que o aire sendo ademais a segunda persoa do mundo que engalou cunha nave aérea de alta potencia. O seu voo tivo lugar en Montesson, preto de París, e durou uns 12 minutos. Henri Coandă foi outro inventor e pioneiro da aviación romanesa. Construíu a primeira nave aérea propulsada por motor de reacción, a Coanda-1910, e levouna á Segunda Exhibición Internacional de Aeronáutica de París, en outubro de 1910.
George Emil Palade foi un biólogo celular romanés que gañou o Premio Nobel de Medicina en 1974, polo seu estudo da organización interna de estruturas celulares como as mitocondrias, cloroplastos, o aparello de Golgi, e polo descubrimento dos ribosomas. Gañou tamén a Medalla Nacional para a Ciencia en 1986.
Despois da Revolución romanesa de 1989, os estudantes romaneses destacaron en competicións internacionais de matemática e informática, e o número de programadores aumentou considerablemente. Exemplos dos éxitos dos programadores romaneses inclúen o "RAV" (Romanian Antivirus), usado por Microsoft no seu desenvolvemento de Windows Defender.
Nos Xogos Olímpicos de Montreal de 1974, a romanesa Nadia Comăneci chegou a ser a primeira ximnasta en obter un "dez". Gañou tres medallas de ouro, unha de prata e unha de bronce, todas aos catorce anos. O seu éxito continuou nos Xogos Olímpicos de Moscova 1980, onde gañou tres medallas de ouro e dous de prata. Tamén destaca en atletismo Doina Melinte, que gañou nos Xogos Olímpicos de 1984 unha medalla de ouro e outra de prata na media distancia. Ilie Năstase, xogador de tenis, chegou a ser unha estrela do tenis mundial nos anos 70. Gañou varios títulos de Grand Slam e ducias noutros torneos; tivo tamén éxito como xogador de dobres. Romanía acadou as finais da Copa Davis en tres ocasións. Virginia Ruzici tivo éxito no tenis feminino nos anos 70.
En baloncesto tamén destacou Gheorghe Mureşan, que con 2,31 m altura foi o xogador máis alto da historia da NBA xunto co sudanésManute Bol. Aínda que quizais non son a forza que antes eran, a selección romanesa de rugby participou en todas as edicións da Copa do Mundo. Romanía tamén ten unha tradición de éxitos en balonmán e en piragüismo.
Notas
↑"nunc se Romanos vocant" A. Verres, Acta et Epistolae, I, p. 243
↑"...si dimandano in lingua loro Romei...se alcuno dimanda se sano parlare in la lingua valacca, dicono a questo in questo modo: Sti Rominest ? Che vol dire: Sai tu Romano,..." Cl. Isopescu, Notizie intorno ai romeni nella letteratura geografica italiana del Cinquecento, in Bulletin de la Section Historique, XVI, 1929, p. 1- 90
↑“Anzi essi si chiamano romanesci, e vogliono molti che erano mandati quì quei che erano dannati a cavar metalli...” in Maria Holban, Călători străini despre Ţările Române, vol. II, p. 158–161
↑"Tout ce pays la Wallachie et Moldavie et la plus part de la Transivanie a esté peuplé des colonie romaines du temps de Traian l’empereur…Ceux du pays se disent vrais successeurs des Romains et nomment leur parler romanechte, c'est-à-dire romain … " Voyage fait par moy, Pierres Lescalopier l’an 1574 de Venise a Constantinople, fol 48 in Paul Cernovodeanu, Studii si materiale de istorie medievala, IV, 1960, p. 444
↑"am scris aceste sfente cǎrţi de învăţături, sǎ fie popilor rumânesti... sǎ înţeleagǎ toţi oamenii cine-s rumâni creştini" "Întrebare creştineascǎ" (1559), Bibliografía româneascǎ veche, IV, 1944, p. 6. "...că văzum cum toate limbile au şi înfluresc întru cuvintele slǎvite a lui Dumnezeu numai noi românii pre limbă nu avem. Pentru aceia cu mare muncǎ scoasem de limba jidoveascǎ si greceascǎ si srâbeascǎ pre limba româneascǎ 5 cărţi ale lui Moisi prorocul si patru cărţi şi le dăruim voo fraţi rumâni şi le-au scris în cheltuială multǎ... şi le-au dăruit voo fraţilor români,... şi le-au scris voo fraţilor români" Palia de la Orǎştie (1581–1582), Bucureşti, 1968. " În Ţara Ardealului nu lăcuiesc numai unguri, ce şi saşi peste seamă de mulţi şi români peste tot locul...", Grigore Ureche, Letopiseţul Ţării Moldovei, p. 133-134.
↑Brezeanu, Stelian (1999). Romanitatea Orientalǎ în Evul Mediu. Bucarest: Editura All Educational, 229-246.
↑A primeira mención coñecida do termo "Romanía" no sentido moderno da palabra, é da obra do erudito grego Dimitrie Daniel Philippide, publicada en Leipzig en 1816 e chamada "A historia de Romanía", seguida de "A xeografía de Romanía".
↑Trinkaus, E.; Ş. Milota & R. Rodrigo et al., "Early Modern Human Cranial remains from the Peştera cu Oase" (en inglés). Journal of Human Evolution 45: 245-253.
↑Soficaru, Andrei; Adrian Dobo & Erik Trinkaus, "Early modern humans from the Peştera Muierii, Baia de Fier, Romania", Proceedings of the National Acadademy of Science Ou.S.A. 103 (46): 17196-17201
↑A 40,000-year-old skull shows both modern human and Neanderthal traits, University of Bristol Press Releases, 2007. Dispoñible na World Wide Web: [1]
↑History of costume elements, Eliznik.co.uk, a website dedicated to the study of the traditional peasant culture in Romanian and Bulgaria. Dispoñible na World Wide Web: [2]Arquivado 12 de abril de 2010 en Wayback Machine. (en inglés).
↑Jordanes. De orixine actibusque Getarum (A orixe e as fazañas dos Godos) ou Getica, (escrito en latín e traducido ao inglés). Último acceso 24 de decembro de 2009.
↑Iliescu, Vl.; Paschale, Chronicon (1970). Fontes Historiae Daco-RomanaeII. Bucureşti. pp. 363, 587.
↑HISTORY OF TRANSYLVANIA. Editado por LÁSZLÓ MAKKAI e ANDRÁS MÓCSY. THE KINGDOM OF THE GEPIDS (en inglés). Foi un Pobo xermano procedente do baixo Vístula, que se asentou en Transilvania.
↑ 20,020,1Teodor, Dan Gh. (1995). Istoria României de la începuturi până în secolul al VIII-lea2. Bucureşti. pp. 294–325.
↑Prodan, David (1971). Supplex Libellus Valachorum= Or, The Politicle Struggle of Romanians in Transylvania During the 18th Century. Bucharest: Academy of Social Republic of Romania.
↑Ioan Scurtu, Theodora Stănescu-Stanciu, Georgiana Margareta Scurtu (2002). Istoria Românilor între anii 1918-1940(en romanés). University of Bucharest. Arquivado dende o orixinal o 13 de novembro de 2007. Consultado o 04 de xaneiro de 2010.
↑Nagy-Talavera, Nicolas M. (1970). Hoover Institution Press, ed. Green Shirts and Others: a History of Fascism in Hungary and Romania. p. 305.
↑Note: follow the World War II link:
Ronald D. Bachman, ed. (11/09/05). "Romania:World War II"2. Washington D.C.: Library of Congress.Federal Research Division. LCCN90006449. Consultado o 04/01/10.
↑Michael Clodfelter (2002). McFarland, ed. Warfare and Armed Conflicts- A Statistical Reference to Casualty and Other Figures, 1500-20002. Jefferson, NC. p. 582. 0-7864-1204-6.
↑Cioroianu, Adrian (2005). Editura Curtea Veche, ed. "On the Shoulders of Marx. An Incursion into the History of Romanian Communism"(en romanés). Bucarest. pp. 68–73. ISBN9736691756.
↑Stan Stoica (2007). Editura Merona, ed. Dicţionar de Istorie a României(en romanés). Bucharest. pp. 77–78; 233–34. ISBN973-78392-1-8.
↑Caraza, Grigore (2004). Editura Vremea XXI, ed. Aiud însângerat(en romanés). Capítulo IV. ISBN9736450503.
↑Cicerone Ioniţoiu (2000). Editura Maşina de scris, ed. Victimele terorii comuniste. Arestaţi, torturaţi, întemniţaţi, ucişi. Dicţionar(en romanés). Bucarest. ISBN973-99994-2-5.
↑Centrul Internaţional de Studii asupra Comunismului, ed. (2004). "Recensământul populaţiei concentraţionare din România în anii 1945-1989" (en romanés). Sighet.
↑Comisia Prezidenţială pentru Analiza Dictaturii Comuniste din România, ed. (15/12/2006). "Raportul Comisiei Prezidenţiale pentru Analiza Dictaturii Comuniste din România": 215–217.
↑"Romania: Climate". U.S. Library of Congress. Consultado o 10 de xaneiro de 2008.
↑"The 2004 Yearbook"(PDF)(en Romanian). Instituto Nacional de Estatísticas de Romanía. Arquivado dende o orixinal(PDF) o 27 de setembro de 2007. Consultado o 31 de agosto de 2008.
José Carvallo José Carvallo penjaga gawang Peru. playoff 2013Informasi pribadiNama lengkap José CarvalloTanggal lahir 1 Maret 1986 (umur 38)Tempat lahir Lima, PeruTinggi 182 cm (6 ft 0 in)Posisi bermain Penjaga gawangInformasi klubKlub saat ini Universidad Técnica de CajamarcaNomor 1Karier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2016 – Universidad Técnica de Cajamarca 41 (0)Tim nasional2007 – Peru 6 (0) * Penampilan dan gol di klub senior hanya dihitung dari liga domestik J...
1960 United States Senate election in Colorado ← 1954 November 8, 1960 1966 → Nominee Gordon Allott Robert Lee Knous Party Republican Democratic Popular vote 389,428 334,854 Percentage 53.52% 46.02% County resultsAllott: 40-50% 50–60% 60–70%Knous: 50–60% 60–70% U.S. senator before election Gordon Allott...
منتخب البوسنة والهرسك لكأس ديفيز البلد البوسنة والهرسك الكابتن أمير ديلتش تصنيف ITF 27 كأس ديفيز أول سنة 1996 سنوات اللعب 24 Ties played (W–L) 93 (51–42) سنوات فيمجموعة العالم 0 (0–0) أكثر إجمالي إنتصارات ميرزا باشيتش (27–17) تعديل مصدري - تعديل منتخب البوسنة والهرسك لكأس ديفيز هو ممثل...
Strada statale 414di Montecalvo IrpinoLocalizzazioneStato Italia Regioni Campania DatiClassificazioneStrada statale InizioAriano Irpino FineSS 90 bis presso Casalbore Lunghezza18,600[1] km Provvedimento di istituzioneD.M. 2/10/1962 - G.U. 283 dell'8/11/1962[2] GestoreTratte ANAS: nessuna (dal 2001 la gestione è passata alla Regione Campania, che ha ulteriormente devoluto le competenze alla Provincia di Avellino) Manuale La ex strada statale 414 di Montecalvo Irpino ...
جان مارك فالي (بالفرنسية: Jean-Marc Vallée) معلومات شخصية الميلاد 9 مارس 1963 مونتريال الوفاة 25 ديسمبر 2021 (58 سنة) [1][2] مدينة كيبك[3]، وبيرتييه سور مير[4] سبب الوفاة توقف القلب[5] مواطنة كندا عدد الأولاد 2 الحياة العملية المدرسة الأم جا�...
Fictional fast food establishment For the Panamanian town, see Los Pollos. For the song, see Knucks (musical artist). Los Pollos HermanosBreaking Bad locationLogoFirst appearance Breaking Bad: Mandala (2009) Better Call Saul: Witness (2017) Last appearance Breaking Bad: Madrigal (2012) Better Call Saul: Point and Shoot (2022) Created byVince Gilligan George MastrasIn-universe informationTypeRestaurantLocation14 different locations, with the most notable in Albuquerque, New Mexico, United Stat...
Katedral RouenCathedral of Nôtre-dame de RouenPrancis: Cathédrale primatiale Notre-Dame de l'Assomption de RouenLokasi3 rue Saint-Romain76000 Rouen, NormandiaNegaraPrancisDenominasiGereja Katolik RomaSitus webrouen.catholique.frwww.cathedrale-rouen.netSejarahDedikasiBunda Kami dari RouenTanggal konsekrasi1 Oktober 1063, dihadiri William sang Penakluk[1]RelikuiSaint RomainArsitekturStatusKatedralStatus fungsionalYesPenetapan warisanClassée Monument HistoriqueDitetapkan1862[2...
Logo TV Globo. TV Globo (sebelumnya Rede Globo) adalah jaringan televisi terestrial Brasil yang dimiliki dan dioperasikan oleh konglomerat media Grupo Globo (sebelumnya dikenal sebagai Organizações Globo). Didirikan pada tanggal 26 April 1965 oleh jurnalis Brasil Roberto Marinho (1904–2003). Ilusões Perdidas adalah telenovela pertama yang diproduksi oleh jaringan tersebut. 1960-an Judul Ep. Pengarang Pertama kali ditayangkan Terakhir ditayangkan Ref. 1965 Ilusões Perdidas 56 Enia Petri ...
County in Delaware, United States County of Delaware in DelawareKent CountyCounty of DelawareThe Kent County Courthouse in Dover in 2006 FlagSealLocation within the U.S. state of DelawareDelaware's location within the U.S.Coordinates: 39°06′N 75°30′W / 39.1°N 75.5°W / 39.1; -75.5Country United StatesState DelawareFoundedAugust 8, 1683Named forKent, EnglandSeatDoverLargest cityDoverArea • Total798 sq mi (2,070 km2) •...
Postulated extinct species without evidence A 1722 illustration by Jean-Baptiste Labat of three parrots on Guadeloupe. There are no remains of these parrots and so accurate taxonomic classification is impossible. Several species have been assumed to exist, but due to a lack of physical evidence they can only be regarded as potential species. Hypothetical species are usually believed to be extinct. They have caused confusion, as they may have been a separate species, a subspecies, an introduce...
École de pilotage de l'Armée de l'air Création 1er avril 1956 Dissolution 1er août 1993 Pays France Branche Armée de l'air Type Ecole Garnison Base aérienne 709 Cognac-Châteaubernard Ancienne dénomination Ecole de pilotage élémentaire Groupe Ecole 315 Ecole de pilotage de l'Armée de l'air EPAA 315 modifier L'École de pilotage de l'Armée de l'air 00.315 « Général Pierre Jarry » était une école de formation de l'Armée de l'air française située sur la base ...
العاصمةالاقتصادية للمغرب الدار البيضاء يتوفر المغرب على مناخ جيد للاستثمار حيث تقوم المملكة المغربية بتطوير استراتيجيتها لجذب الاستثمار الأجنبي المباشر، حيث تمنح المملكة المغربية حريات أساسية للمستثمرين ترتكز في حق الاستثمار، حق تحويل الأرباح، وحق تحويل منتوجات، والت...
هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (سبتمبر 2023) منتخب هونغ كونغ لسباعيات الرغبي بلد الرياضة هونغ كونغ الموقع الرسمي الموق�...
Gervinho Gervinho pada Piala Dunia 2014Informasi pribadiNama lengkap Gervais Lombe Yao Kouassi[1]Tanggal lahir 27 Mei 1987 (umur 36)Tempat lahir Anyama, Pantai GadingTinggi 1,79 m (5 ft 10+1⁄2 in)[2]Posisi bermain Penyerang,Penyerang SayapKarier junior1998–2002 ASEC Mimosas Abidjan2002–2004 Toumodi2004–2005 BeverenKarier senior*Tahun Tim Tampil (Gol)2005–2007 Beveren 61 (14)2007–2009 Le Mans 59 (8)2009–2011 Lille 67 (28)2011–2013 Arsena...
This is a list of buildings on Georgetown University campuses. Georgetown University's undergraduate campus and the medical school campus, together comprising the main campus, and the Law Center campus, are located within Washington, D.C. The Main Campus is located in Georgetown, Washington, D.C. between Canal Road, P Street, and Reservoir Road. The Law Center campus is located in downtown DC on New Jersey Avenue, near Union Station. List of buildings Georgetown University buildings Name Sub...
Ellen Clark SargentBornEllen Clark1826 (1826)MassachusettsDiedJuly 13, 1911(1911-07-13) (aged 84–85)San Francisco, CaliforniaNationalityAmericanSpouse Aaron Augustus Sargent (m. 1852–1887) his death Ellen Clark Sargent (Massachusetts, 1826–1911) was an active American women's suffragist. She was influential in advocacy for the Nineteenth Amendment to the United States Constitution, which sought to give women the right ...
هذه المقالة تحتاج للمزيد من الوصلات للمقالات الأخرى للمساعدة في ترابط مقالات الموسوعة. فضلًا ساعد في تحسين هذه المقالة بإضافة وصلات إلى المقالات المتعلقة بها الموجودة في النص الحالي. (نوفمبر 2022) وزارة البنية التحتية والنقل والتنمية الإقليمية والاتصالات والفنون تفاصيل ال�...
Fédération Wallonie-Bruxelles Pour les articles homonymes, voir Communauté française, CFB et FWB. Communauté française de BelgiqueFédération Wallonie-Bruxelles Drapeau officiel de la Communauté française qui est aussi le drapeau de la Wallonie. Administration Pays Belgique Capitale Bruxelles Parlement Parlement de la Communauté française Hymne Aucun Langue officielle Français Géographie Coordonnées 50° 50′ 48″ nord, 4° 21′ 09″ est Superfi...
Disambiguazione – Daino rimanda qui. Se stai cercando altri significati, vedi Daino (disambigua). Come leggere il tassoboxDaino Maschio (in alto) e femmina (in basso)Stato di conservazioneRischio minimo[1] Classificazione scientificaDominioEukaryota RegnoAnimalia PhylumChordata ClasseMammalia OrdineArtiodactyla FamigliaCervidae GenereDama SpecieD. dama Nomenclatura binomialeDama damaLinnaeus, 1758 ArealeMappa Dama dama Areale del daino nel 2006 secondo I dati dell'IUCN. 1 N...