Clima continental![]() O clima continental é un clima rigoroso no cal as diferenzas de temperaturas entre inverno e verán, día e a noite, son enormes. Os veráns son quentes e os invernos moi fríos con xeadas acotío (por atinxir temperaturas baixo 0 °C) e chuvias escasas. Estas características prodúcense por localizarse no interior dos continentes ou por rexións illadas por cadeas montañas que impiden a influencia marítima. Aínda que por clima continental entendemos aquel que con características específicas, se dá en territorios de latitude media, outros climas poden presentar influencia da continentalidade (escaso atemperamento das temperaturas por influencia do mar); así nas zonas interiores ecuatoriais do Brasil e o centro de África o clima tropical está continentalizado, pois son as maiores amplitudes térmicas diarias. Os desertos extensos como o Sáhara tamén poderían presentar un "clima con influencia continental" onde o mar non atempera. Agora ben, estritamente falando é "clima continental" unicamente o que se acha na zona de latitude media do planeta. DistribuciónO clima continental aparece especialmente no hemisferio norte do planeta: Siberia (exceptuando o norte), o interior dos Estados Unidos e o Canadá, Europa central e oriental, Asia central, interior da China, Irán e certas zonas do norte de África e o cono sur. O fenómeno do clima continental amplíase a outros climas que se modifican pola presenza de barreiras montañosas que impiden a influencia mariña ou ventos fríos procedentes dos polos que poden influír en extremar as temperaturas e levar a continentalidade ata o mar (a costa leste de Estados Unidos, as beiras do mar Negro ou mar Báltico etc). O clima continental está case limitado ao hemisferio norte do planeta, basicamente porque a maioría de terras emerxidas nesa latitude media se atopan alí, coa excepción de zonas da Arxentina en Suramérica, pero neste subcontinente a parte de latitude media é estreita, sendo escasas as zonas de clima continental. Suráfrica e Australia localizadas en latitudes medias no hemisferio sur, non posúen clima continental, pola estreiteza no caso do primeiro, e pola creación do deserto nas zonas interiores do segundo. Cidades con clima continentalMalia o desapracible do clima continental, boa parte das maiores cidades do mundo, tanto en poboación como desenvolvemento económico están en zonas con este clima, pénsese en Chicago, Montreal, Toronto, Teherán, Berlín, Madrid, Minsk, Kíiv, Pequín, Saraxevo, Viena, Múnic, Milán, Turín, Ancara, Belgrado, Bucarest, Budapest, Praga, Sofía, Varsovia... Das capitais de países co clima continental máis severo no mundo é Moscova en Rusia, Astana, en Kazakhstán, Ulan Bator, en Mongolia... Tipos de clima continentalComo o clima continental é en realidade a dexeneración dun clima determinado, hai infinidade de tipos cuxos trazos en común son as temperaturas extremas:
|