De pai romanés e nai francesa, viaxou a París cun ano de idade e viviu alí ata os trece anos. En 1925 volve a Romanía e estuda a carreira de Letras. Ensina francés durante tres anos nun Instituto de Bucarest, ata que en 1938 regresa a Francia para establecerse definitivamente. Traballou nunha editorial, despois nun banco e comezou unha tese doutoral sobre a morte na poesía francesa que non chegou a rematar. Relacionouse co grupo da revista literaria Cahiers du Sud antes de adicarse por enteiro á súa produción dramática.
A súa primeira obra de teatro, A cantante calva estreouse no Théâtre des Noctambules en 1950, causando un tremendo escándalo, pero a súa intelixencia, novidade e ruptura coa lóxica lévano á fama, fama que non lle abandonaría nas súas posteriores obras. Ionesco foi, xunto o irlandésSamuel Beckett, o pai do teatro do absurdo, mediante o cal el fai "dun texto burlesco, un xogo dramático; e dun texto dramático un xogo burlesco". Máis aló da mera ridiculización de situacións banais, as obras de Ionesco debuxan de modo tanxible a soidade dos humanos e a insignificancia da propia existencia.