Surrealismo

O surrealismo (do francés: surréalisme) ou superrealismo é un movemento artístico e literario xurdido en Francia no primeiro cuarto do século XX en torno á personalidade do poeta André Breton.

Orixe do termo

Os termos surrealismo e surrealista proceden de Apollinaire, quen os acuñou en 1917. No programa de man que escribiu para o musical Parade (maio de 1917) afirma que os seus autores conseguiron[1]

unha alianza entre a pintura e a danza, entre as artes plásticas e as miméticas, que é o heraldo dunha arte máis ampla inda por vir. (...) Esta nova alianza (...) deu lugar, en Parade a unha especie de surrealismo, que considero o punto de partida para toda unha serie de manifestacións do Espírito Novo que se está facendo sentir hoxe e que sen dúbida atraerá a as nosas mellores mentes. Podemos esperar que provoque cambios profundos nas nosas artes e costumes a través da alegría universal, pois é sinxelamente natural, despois de todo, que estas leven o mesmo paso có progreso científico e industrial.

A palabra surrealista aparece no subtítulo de As tetas de Tiresias (drama surrealista), en xuño de 1917, para referirse á reprodución creativa dun obxecto, que o transforma e enriquece.[2] Como escribe Apollinaire no prefacio ó drama,

Cando o home quixo imitar a acción de andar, creou a roda, que non se parece a unha perna. Do mesmo modo creou, inconscientemente, o surrealismo... Despois de todo, o escenario non se parece á vida que representa máis que unha roda a unha perna.

Primeiros pasos

André Breton, teórico do Surrealismo.

Historicamente, o surrealismo xorde como unha resposta dialéctica á destrución estéril preconizada polos dadaístas. En 1922 Breton e Picabia, que participaran intensamente na axitación Dadá, se desmarcan do seu líder, Tzara, decepcionados duns actos de provocación que co tempo foron volvéndose previsibles e mecánicos. O rexeitamento sen matices de Tzara a toda a arte anterior ás vangardas vai deixar paso a unha recuperación crítica do que houbo de máxico e rebelde nel, reivindicando a autores como Sade, Lautréamont, Heráclito e Rimbaud. Breton definirá o novo movemento como "a cola prénsil do romanticismo".

Dende o principio, o surrealismo singularízase entre os ismos vangardistas polo valor que outorga ó irracional e inconsciente como elementos esenciais da arte. O órgano portavoz do movemento foi a revista Litterature, fundada en 1919 e dirixida por un grupo de poetas (Breton, Soupault, Aragon e Éluard). En homenaxe a Apollinaire, estes poetas adoptaron a palabra surrealismo para definir un método de escritura simultánea co que estaban experimentando:

...Surrealismo: Puro automatismo psíquico, por medio do cal se intenta expresar, verbalmente ou por escrito, ou de calquera outro modo, o proceso real do pensamento. O ditado do pensamento, libre de calquera control da razón, independente de preocupacións morais ou estéticas...

Tal foi a definición do termo dada polos propios Breton e Soupault no primeiro Manifesto Surrealista datado en 1924. Xurdiu polo tanto como un movemento poético, no cal pintura e escultura se conciben como consecuencias plásticas da poesía.

Durante as súas prácticas como médico, Breton estudara e puxera en práctica as teorías de Freud sobre o inconsciente. Delas extrae algo diferente a unha terapia: unha nova proposta ética e estética.

No surrealismo e a pintura, de 1928, Breton expón a psicoloxía surrealista: o inconsciente é a rexión do intelecto onde o ser humano non obxectiviza a realidade senón que forma un todo con ela. A arte, nesa esfera, non é representación senón comunicación vital directa do individuo co todo. Esa conexión exprésase de forma privilexiada nas casualidades significativas (azar obxectivo), en que o desexo do individuo e o devir alleo a el converxen imprevisiblemente, e no soño, espazo en que os elementos máis disímiles se revelan unidos por relacións secretas. O surrealismo propón trasladar esas imaxes á esfera da arte por medio dun exercicio mental libre, sen a intromisión censora da conciencia. De aí que elixa como método o automatismo, recollendo en boa medida o testemuño das prácticas mediumnímicas espiritistas, inda que cambiando radicalmente a súa interpretación: o que fala a través do médium non son os espíritos, senón o Inconsciente.

Durante unhas sesións febrís de automatismo, Breton e Soupault escriben Os Campos Magnéticos, primeira mostra das posibilidades da escritura automática, que publican en 1921.

O surrealismo ó servizo da revolución

A partir de 1925, a raíz do estoupido da Guerra de Marrocos, o surrealismo politízase; prodúcense entón os primeiros contactos cos comunistas, que culminarían en 1925 coa adhesión ó Partido Comunista por parte de Breton.

Entre 1925 e 1930 aparece un novo periódico titulado O Surrealismo ó servizo da Revolución en cuxo primeiro número Aragón, Luis Buñuel, Salvador Dalí, Paul Éluard, Max Ernst, Yves Tanguy e Triztan Tzara, entre outros, se declaran partidarios de Breton. Pola súa parte Arp e Miró, aínda que non compartían a decisión política tomada por Breton, continuaban participando con interese na exposicións surrealistas. Pouco despois se incorporaron René Magritte (1930), André Masson (1931), Giacometti e Brauner en 1933 e tamén Matta (que coñece a Breton en 1937 por mediación de Dalí) e Lam; o movemento fíxose internacional aparecendo grupos surrealistas nos Estados Unidos, Dinamarca, Londres, Checoslovaquia e o Xapón. Dende este momento, abrirase unha disputa, a miúdo agre, entre aqueles surrealistas que conciben o surrealismo como un movemento puramente artístico, rexeitando a supeditación ó comunismo, e os que acompañan a Breton no seu xiro á esquerda.

En 1929 Breton publica o Segundo Manifesto Surrealista, no cal condena entre outros intelectuais ós artistas Masson e Picabia. En 1936 expulsa a Dalí polas súas tendencias fascistas e a Paul Éluard.[3] En 1938 Breton firma en México xunto con Lev Trotski e Diego Rivera o Manifesto por unha Arte Revolucionaria Independente.[4]

Técnicas surrealistas

O surrealismo tomou do dadaísmo algunhas técnicas de fotografía e cinematografía así como a fabricación de obxectos. Estenderon o principio da colaxe á ensamblaxe de obxectos incongruentes, como nos poemas visibles de Max Ernst. Este último inventou a frottage (debuxos compostos polo roce de superficies rugosas contra o papel ou o lenzo) e aplicouno en grandes obras como Historia Natural, pintada en París en 1926.

Outra das novas actividades creadas polo surrealismo foi a chamada cadáver exquisito, na cal varios artistas debuxaban as distintas partes dunha figura ou dun texto sen ver o que o anterior fixera pasándose o papel dobrado.[5][6] As criaturas resultantes puideron servir de inspiración a Miró.

A pintura surrealista

Masson adaptou axiña as técnicas do automatismo, cara a 1923-1924, pouco despois de coñecer a Breton. Cara a 1929 abandonounas para volver a un estilo cubista. Pola súa parte Dalí utilizaba máis a fixación de imaxes tomadas dos soños, segundo Breton, "...abusando delas e pondo en perigo a credibilidade do surrealismo..."; inventou o que el mesmo chamou método paranoico-crítico, unha mestura entre a técnica de observación de Leonardo da Vinci por medio da cal observando unha parede se podía ver como xurdían formas e técnicas de frottage; froito desta técnica son as obras nas que se ven dúas imaxes nun soa configuración. Óscar Domínguez inventou a decalcomanía (aplicar gouache negro sobre un papel, o cal se coloca enriba doutra folla sobre a que se exerce unha lixeira presión, logo se despegan antes de que se sequen).

Miró foi para Breton o máis surrealista de todos, polo seu automatismo psíquico puro. O seu surrealismo desenvólvese entre as primeiras obras onde explora os seus soños e fantasías infantís (O Campo labrado), as obras onde o automatismo é predominante (Nacemento do mundo) e as obras en que desenvolve a súa linguaxe de signos e formas biomorfas (Personaxe lanzando unha pedra). Arp combina as técnicas de automatismo e as oníricas na mesma obra desenvolvendo unha iconografía de formas orgánicas que se deu en chamar escultura biomórfica, na cal se trata de representar o orgánico como principio formativo da realidade.

Magritte dotou ó surrealismo dunha carga conceptual baseada no xogo de imaxes ambiguas e o seu significado denotado a través de palabras pondo en cuestión a relación entre un obxecto pintado e o real. Delvaux carga ás súas obras dun espeso erotismo baseado no seu carácter de estrañamento nos espazos de De Chirico.

O surrealismo penetrou a actividade de moitos artistas europeos e americanos en distintas épocas. Pablo Picasso aliouse co movemento surrealista en 1925; Breton declaraba este achegamento de Picasso cualificándoo de "...surrealista dentro do cubismo..."

Considéranse surrealistas as obras do período Dinard (1928-1930), en que Picasso combina o monstruoso e o sublime na composición de figuras medio máquinas medio monstros de aspecto xigantesco e ás veces terrorífico. Esta monumentalidade surrealista de Picasso pode pórse en paralelo coa de Henry Moore.

Apoxeo e decadencia do surrealismo

En 1938 tivo lugar en París a Exposición Internacional do Surrealismo que marcou o apoxeo deste movemento antes da guerra. Participaron entre outros, Marcel Duchamp, Arp, Dalí, Ernst, Masson, Man Ray, Domínguez e Meret Oppenheim. A exposición ofreceu ó público sobre todo unha excelente mostra do que o surrealismo producira na fabricación de obxectos.

Co estoupido da segunda guerra mundial, os surrealistas dispérsanse, algúns deles (Breton, Ernst, Masson) abandonan París e trasládanse ós Estados Unidos, onde sementan o xerme para os futuros movementos americanos de posguerra (expresionismo abstracto e Arte pop). En Centroeuropa, con Edgar Ende como un dos seus representantes, murchou coa represión do réxime nazi, que o etiquetou como 'arte dexenerada'. Porén, Ende e outros artistas perseveraron en segredo, resurxindo despois da guerra e influíndo en movementos posteriores.[7][8]

Notas

  1. "The Automatic Message (Printed head)". www.books-by-isbn.com. Consultado o 2023-07-31. 
  2. "Apollinaire". fh-augsburg.de. 
  3. Art, SUMMIATRUITES; culture (2011-11-11). "MANIFIESTOS DEL SURREALISMO – ANDRE BRETON – DALI". summiatruites Art (en castelán). Consultado o 2023-07-31. 
  4. Breton, André; Trotski, León; Rivera, Diego (2019-11-20). Manifiesto por un arte revolucionario independiente (en castelán). Siglo XXI Editores. ISBN 978-987-629-976-3. 
  5. "exquisite". www.pusanweb.com. Consultado o 2023-07-31. 
  6. "Consecuencias (un antiguo juego) y exposiciones". www.jugamostodos.org. Consultado o 2023-07-31. 
  7. 20minutos (2017-01-01). "La permanente continuidad del surrealismo 92 años después". www.20minutos.es - Últimas Noticias (en castelán). Consultado o 2023-07-31. 
  8. Ramírez, Ana (2021-02-18). "El pintor 'degenerado' que inspiró los mundos de Michael Ende". elconfidencial.com (en castelán). Consultado o 2023-07-31. 

Véxase tamén

Bibliografía

  • André Breton - Manifestos do surrealismo
  • Georges Sebbag - El surrealismo, Ediciones Nueva Vision: Buenos Aires, 2003
  • Maurice Nadeau - Historia do surrealismo, Ariel: Barcelona, 1972.
  • Jack J. Spector - Arte y escrituras surrealistas (1919-1939), Madrid: Síntesis, 2003.

Outros artigos

Read other articles:

Wii RemoteWii Remote dengan tali pengikat originalPabrikanNintendoTipeStik kendali gerak (Pengendali permainan video)Generasi Era Generasi Ketujuh Era Generasi Kedelapan Tanggal perilisanNA: November 19, 2006[2]JP: Desember 2, 2006[1]AU: Desember 7, 2006[3]EU: Desember 8, 2006[4]Ketersediaan produk2006–2017DihentikanSeluruh Dunia: 2017Power2 × Baterai AAKapasitas penyimpananCip EEPROM 16 KiB (16.3 kilobita)Suara1 pengeras suaraInput Akselerometer Girosk...

 

The Police ranks of French police officers denote the position of a given officer in the police hierarchy in French gendarmerie and police forces. Police Nationale Main article: National Police (France) National Police of France Functional titles Title insignia Rank Directeur général(Director general) Directeur des services actifs(Director of active services) Inspecteur général(Inspector general) Contrôleur général(Controller general) Source: [1] National Police of France Corps...

 

Ronald D. SugarLahir1948Toronto, Ontario, KanadaKebangsaanAlmamaterUCLAPekerjaanPebisnisKetua & CEO Northrop Grumman (2003-2010)PendahuluKent KresaPartai politikRepublikAnggota dewanChevron Corp. (2005-), Apple Inc. (2010-)Suami/istriValerie SugarAnak2 Ronald D. Sugar (lahir 1948) adalah mantan ketua dewan dan CEO Northrop Grumman Corporation, perusahaan pertahanan global, sejak tahun 2003.[1] Pada 16 September 2009, ia mengumumkan akan pensiun dari jabatannya sebagai CEO Northro...

EuplectellidaeRentang fosil: 444 – 0 jtyl[1] PreЄ Є O S D C P T J K Pg N Euplectella aspergillum Klasifikasi ilmiah Domain: Eukaryota Kerajaan: Animalia Filum: Porifera Kelas: Hexactinellida Subkelas: Hexasterophora Ordo: Lyssacinosida Famili: EuplectellidaeGray, 1867[2] Genus Lihat teks Euplectellidae adalah keluarga spons kaca (Hexactinellida) yang termasuk dalam ordo Lyssacinosida. Famili ini pertama kali diwakili dalam catatan fosil Ordovisium, secara substansial...

 

Metalloprotein A respiratory pigment is a metalloprotein that serves a variety of important functions, its main being O2 transport.[1] Other functions performed include O2 storage, CO2 transport, and transportation of substances other than respiratory gases. There are four major classifications of respiratory pigment: hemoglobin, hemocyanin, erythrocruorin–chlorocruorin, and hemerythrin. The heme-containing globin[a] is the most commonly-occurring respiratory pigment, oc...

 

Cinta LauraCinta saat diwawancara oleh tim Narasi pada tahun 2020LahirCinta Laura Kiehl17 Agustus 1993 (umur 30)Quakenbrück, Nedersassen, JermanKebangsaan Jerman (1993—tidak diketahui)[1] Indonesia[2] Pendidikan Universitas Columbia (2011—2014) Jakarta Intercultural School PekerjaanAktrispenyanyipenarimodelKarier musikGenrePop/danceelectropopR&B[3]InstrumenVokalTahun aktif2007—sekarangLabelSony Music IndonesiaSitus webcintalaurakiehl.coTanda tangan Cin...

العلاقات الليختنشتانية المالطية ليختنشتاين مالطا   ليختنشتاين   مالطا تعديل مصدري - تعديل   العلاقات الليختنشتانية المالطية هي العلاقات الثنائية التي تجمع بين ليختنشتاين ومالطا.[1][2][3][4][5] مقارنة بين البلدين هذه مقارنة عامة ومرجعية للدول�...

 

First Filipino satellite Agila-1NamesPalapa B2P (1987-1996)Agila-1 (1996-1998)Mission typeCommunicationsOperatorPT Pasifik Satelit Nusantara (1987-1996)Mabuhay (1996-1998)COSPAR ID1987-029A SATCAT no.S17706 Start of missionLaunch dateMarch 20, 1987, 22:22 (1987-03-20UTC22:22Z) UTC[1]RocketDelta-3920 PAM-DLaunch siteCape Canaveral LC-17 End of missionLast contactJanuary 1998   Agila-1 or Mabuhay was launched on March 20, 1987, under the name Palapa B2-P in Cape Canaveral...

 

Protein-coding gene in the species Homo sapiens ADAM33Available structuresPDBOrtholog search: PDBe RCSB List of PDB id codes1R54, 1R55IdentifiersAliasesADAM33, C20orf153, DJ964F7.1, ADAM metallopeptidase domain 33External IDsOMIM: 607114 MGI: 1341813 HomoloGene: 11881 GeneCards: ADAM33 Gene location (Human)Chr.Chromosome 20 (human)[1]Band20p13Start3,667,965 bp[1]End3,682,246 bp[1]Gene location (Mouse)Chr.Chromosome 2 (mouse)[2]Band2 F1|2 63.26 cMStart130,8...

Stasiun Jimba陣場駅Stasiun Jimba (17 September 2018)LokasiSozendai Shakanai, Ōdate-shi, Akita-ken 017-0012JepangKoordinat40°23′56.6″N 140°36′27.0″E / 40.399056°N 140.607500°E / 40.399056; 140.607500Koordinat: 40°23′56.6″N 140°36′27.0″E / 40.399056°N 140.607500°E / 40.399056; 140.607500Operator JR EastJalur■ Jalur Utama ŌuLetak416.5 kilometer dari FukushimaJumlah peron1 peron samping + 1 peron pulauInformasi lainSta...

 

Duta besar India memperkenalkan permainan catur Shatranj (bahasa Hindi: शतरंज, bahasa Arab: شطرنج, dari Persia Tengah chatrang چترنگ), adalah bentuk lama dari catur, yang dibawa ke Dunia Barat oleh orang-orang Persia dan kemudian orang-orang Yunani, dan akhirnya dari India melalui Kekaisaran Sassanian Persia.[1] Catur modern secara bertahap dikembangkan dari permainan ini. Referensi ^ Jean-Louis Cazaux (2012-04-20). Shatranj. History.chess.free.fr. Diakses tanggal ...

 

Brazilian footballer For other uses, see Rai (disambiguation). Raí Raí in 2009Personal informationFull name Raí Souza Vieira de OliveiraDate of birth (1965-05-15) 15 May 1965 (age 58)Place of birth Ribeirão Preto, BrazilHeight 1.89 m (6 ft 2 in)Position(s) Attacking midfielderYouth career1980–1985 Botafogo-SPSenior career*Years Team Apps (Gls)1984–1987 Botafogo-SP 1986 → Ponte Preta (loan) 10 (1)1987–1993 São Paulo 110 (25)1993–1998 Paris Saint-Germain 147 (...

Jadranko Prlić,Jadranko Prlić (lahir 10 Juni 1959) adalah mantan jurnalis dan politikus Kroasia, dosen dan professor bidang ekonomi, mantan Wakil Presiden Republik Bosnia-Herzegovina, Presiden ad interim Republik Bosnia-Herzegovina, Kepala Departemen Keuangan Dewan Pertahanan Kroasia (Croatian Defence Council, HVO), dan Presiden badan eksekutif, administratif dan militer HVO. Pada bulan Agustus 1993 Prlić menjadi Perdana Menteri Komunitas Kroasia Herzeg-Bosnia, kemudian Wakil Presiden dan ...

 

Penal labor system in the Southern United States For the system in colonial Australia, see Convict assignment. This article has multiple issues. Please help improve it or discuss these issues on the talk page. (Learn how and when to remove these template messages) This article's lead section may be too long. Please read the length guidelines and help move details into the article's body. (January 2022) This article's lead section contains information that is not included elsewhere in the arti...

 

Prophets of Christianity This article needs additional citations for verification. Please help improve this article by adding citations to reliable sources. Unsourced material may be challenged and removed.Find sources: Prophets of Christianity – news · newspapers · books · scholar · JSTOR (December 2022) (Learn how and when to remove this message) St. John the Baptist Preaching, c. 1665, by Mattia Preti Part of a series onChristianity JesusChris...

Fictional character in Doctor Who Fictional character Barbara WrightDoctor Who characterJacqueline Hill as Barbara WrightFirst appearanceAn Unearthly Child (1963)Last appearanceThe Chase (1965)Portrayed byJacqueline HillDuration1963–1965In-universe informationSpeciesHumanAffiliationFirst DoctorSpouseIan ChestertonHomeEarthHome era20th century Barbara Wright is a fictional character in the British science fiction television series Doctor Who and a companion of the First Doctor. She was one o...

 

1941 film by Joseph H. Lewis Criminals WithinDVD cover of the filmDirected byJoseph H. LewisScreenplay byEdward BennettStory byArthur HoerlProduced byE. B. DerrStarringEric LindenBen AlexanderDonald CurtisCinematographyArthur MartinelliEdited byHoward DillingerProductioncompanyProducers Releasing CorporationDistributed byProducers Releasing CorporationRelease date June 27, 1941 (1941-06-27) (US)[1] Running time70 minutesCountryUnited StatesLanguageEnglish Criminals ...

 

Marvel Comics fictional character Comics character ZeusZeus featured on the cover of Thor Annual #8 (1979).Art by Keith Pollard and Bob Layton.Publication informationPublisherMarvel ComicsFirst appearance(as Jupiter) Venus #5 (June 1949)(as Zeus) Journey into Mystery Annual #1 (October 1965)Created byStan LeeJack KirbyIn-story informationFull nameZeus PanhelleniosSpeciesOlympianTeam affiliationsOlympian GodsCouncil of GodheadsNotable aliasesJupiter, Jove (names given to him in ancient Rome), ...

Эта страница требует существенной переработки. Возможно, её необходимо правильно оформить, дополнить или переписать.Пояснение причин и обсуждение — на странице Википедия:К улучшению/27 декабря 2021. Коммуна НорвегииОппегорнорв. Oppegård Герб Страна  Норвегия Губерния (фюл...

 

Plot of the empirical distribution of p-values against the theoretical one Not to be confused with P–P plot. A normal Q–Q plot of randomly generated, independent standard exponential data, (X ~ Exp(1)). This Q–Q plot compares a sample of data on the vertical axis to a statistical population on the horizontal axis. The points follow a strongly nonlinear pattern, suggesting that the data are not distributed as a standard normal (X ~ N(0,1)). The offset between the line and the points sugg...