Para outras páxinas con títulos homónimos véxase:
Grego .
Os gregos , tamén chamados helenos [ 15] (en grego : Έλληνες ), son unha nación e un grupo étnico orixinario de Grecia , Chipre e algunhas outras rexións da contorna do mar Exeo . Tamén constitúen unha diáspora significativa, con comunidades gregas estabelecidas arredor do mundo.[ 16]
A dispersión dos gregos no século VI a.C.
Na antigüidade , os gregos organizábanse politicamente en cidades estado , e alí orixinouse o concepto de democracia . Estabelecéronse colonias e comunidades gregas ó longo da historia en moitos recunchos do Mediterráneo , malia que o groso da nación sempre se centrou arredor do mar Exeo , onde se fala a lingua grega dende a Grecia antiga .[ 17] No século IV a.C , a expansión territorial máis importante dos gregos levou ó helenismo até Asia Central e a India , e despois da caída do Imperio Romano , Bizancio mantivo a cultura grega no Mediterráneo oriental até 1453. Baixo o Imperio Otomán e até o comezo do século XX , os gregos estaban instalados uniformemente entre a actual Grecia , a costa occidental de Anatolia , o Mar Negro , Exipto , Chipre e Constantinopla ; en xeral, estas rexións coinciden coas fronteiras do Imperio Bizantino a finais do século XI , e tamén coa zona de colonización grega na antigüidade do Mediterráneo oriental.[ 18]
Despois da Guerra Greco-Turca (1919-1922) , un masivo intercambio de poboacións entre Grecia e Turquía (1923) deixou case toda a poboación etnicamente grega confinada dentro das novas fronteiras de Grecia e Chipre (illa daquela integrada no Imperio británico ). A nova Grecia constituíuse a partir do 1822 como un estado nación típico da época, liberado do Imperio Otomán . Outras poboacións menores de gregos étnicos pódense atopar actualmente dende o sur de Italia e o sur de Albania até no Cáucaso , e tamén nas comunidades da diáspora en moitos outros países. Actualmente, a maioría dos gregos pertencen formalmente á Igrexa Ortodoxa Grega.[ 19]
Pódenselles atribuír ós gregos contribucións moi notables en diversos eidos da cultura universal ó longo de toda a Historia (as artes , a literatura , a filosofía , a política , a música, as matemáticas , a ciencia , a arquitectura , a tecnoloxía , as exploracións , a cociña e o deporte ).
Notas
↑ "Immigration and asylum: from 1900 to the present. Vol. 1" (en inglés) . [Ligazón morta ]
↑ Eurfedling.org Os principais grupos étnicos eran: gregos 93,76%, albaneses 4,32%, búlgaros 0,39%, romaneses 0,23%, ucraínos 0,18%, paquistaníes 0,14%, rusos 0,12%, xeorxianos 0,12%, indios 0,09% e outros 0,65%(en inglés )
↑ United States Census Bureau 2009 (ed.). "Total dels que declaren tenir ancestres grecs" (en inglés) . Arquivado dende o orixinal o 12 de febreiro de 2020. Consultado o 12 de setembro de 2015 .
↑ United States Department of State, ed. (agosto de 2009). "Greece (08/09)" (en inglés) . Consultado o 1/11/2009 .
↑ CIA.gov (ed.). "2008 estimate" (en inglés) . Arquivado dende o orixinal o 26/12/2018. Consultado o 7/1/2009 .
↑ Duff, Oliver (3 de abril 2008). "It's All Greek to Boris" . The Independent (en inglés) . Londres. Consultado o 1/10/2009 .
↑ Censusdata.abs.gov.au (ed.). "2006 Census Table: Australia" (en inglés) . Consultado o 24/12/2008 . [Ligazón morta ]
↑ Hellenic Ministry of Foreign Affairs, General Secretary for Greeks Abroad (ed.). "General Diaspora Information" (en inglés) . Arquivado dende o orixinal o 12 de outubro de 2004. Consultado o 2004 .
↑ Federal Statistical Office of Germany (ed.). "Foreign Population" (en alemán) . Arquivado dende o orixinal o 12/02/2012. Consultado o 18/1/2009 .
↑ "Ethnic origins, 2006 counts, for Canada, provinces and territories" . Statistics Canada (en inglés) . Arquivado dende o orixinal o 06/01/2019. Consultado o 13/4/2008 .
↑ Jeffries, Ian (25 de xuño 1993). Eastern Europe at the end of the 20th century (en inlgés) . Books.google.com. p. pàx. 69. ISBN 9780415236713 . Consultado o 27/8/2010 .
↑ Demoscope Weekly (ed.). "Ethnic groups in Russia, 2002 census," (en ruso) . Consultado o 5/2/2009 .
↑ "Russia population census 2002, Vol. 4, Table 1." (en ruso) . Arquivado dende o orixinal o 05/08/2012. Consultado o 5/2/2009 .
↑ State Statistics Committee of Ukraine (ed.). "2001 census" (en ucraína) . Arquivado dende o orixinal o 23/03/2008. Consultado o 13/4/2008 .
↑ Definicións no Dicionario da Real Academia Galega e no Portal das Palabras para heleno .
↑ Roberts, J.M. (2004). The New Penguin History of the World . Penguin. pp. 171 –172, 222. ISBN 9780141030425 .
↑ The Greeks: Encyclopedia Britannica . USA: Encyclopedia Britannica Inc. 2008. Online Edition.
↑ Beaton, R. (1996). The Medieval Greek Romance . Routledge. pp. 1 –25. ISBN 0415120322 .
↑ CIA World Factbook sobre Grecia: gregos ortodoxos 98%, gregos musulmáns 1,3%, outros 0,7%.
Véxase tamén
Outros artigos
Bibliografía
Encyclopedia Britannica (en inglés) . Estados Unidos: Encyclopedia Britannica Inc. 2008. Online Edition.
The Columbia Encyclopedia (en inglés) . Estados Unidos: Columbia University Press. 2008. Online Edition.
Pocket World in Figures (Economist) (en inglés) . Londres: Economist Books. 2006. ISBN 1-86197-825-1 .
Ligazóns externas
Diáspora
Relixión
Comercio