A literatura grega é aquela que foi escrita por autores autóctonos de Grecia e áreas xeográficas de influencia grega (e.g. Magna Grecia no período clásico, diversos lugares de fala grega durante o Imperio Otomán ou Chipre). Estas obras están frecuentemente compostas nalgún dos dialectos gregos, pero non necesariamente. Esténdese ao longo de todos os períodos históricos nos que existiron escritores gregos.[1]
No século -V, era clásica, xorde o drama a partir dos misterios dionisíacos. Dos centenares de traxedias escritas e interpretadas durante a época clásica, só sobreviviu un número limitado de obras:
Esquilo (-525--456), considerado creador da traxedia. Obras: Os persas, Os sete contra Tebas, As suplicantes e a triloxía A Orestíada (Agamenón, As Coéforas, As Euménides).
Eurípides (-485--406). Gran penetración psicolóxica dos personaxes. Obras: Alcestis, Medea, Heraclidas, Hipólito, Andrómaca, Hécuba, Suplicantes, Electra, Heracles, Troianas, Ifixenia en Táuride, Ión, Helena, Fenicias, Orestes, As Bacantes e Ifixenia en Áulide.
Igualmente, a Comedia antiga xurdiu do culto a Dioniso, pero neste caso as obras estaban cheas dunha franca obscenidade, abusos e inxurias. Autor destacado foi:
Aristófanes (-444--385). Aristócrata, ataca a charlatanería, tanto filosófica como política. Os cabaleiros, As nubes (contra os filósofos), As avespas, As aves, Lisístrata (contra a guerra), As ras, A asemblea das mulleres.
Esquines (-389 - -314). Apoiou a alianza de Atenas con Filipo II de Macedonia para crear un imperio grego contra os persas. Rival de Demóstenes. Contra Ctesifonte, Contra Timarco, Da embaixada.
Demóstenes (-384--322) Inimigo de Filipo II de Macedonia, contra el dirixiu as súas Olínticas e Filípicas. Cando o xeneral macedonio Antípatro tomou Atenas, fuxiu á illa de Calauria, onde se suicidou.
En -338 todas as cidades estado gregas, non sendo Esparta, foran conquistadas por Filipo II de Macedonia. O fillo de Filipo, Alexandre Magno, estendeu enormemente o territorio conquistado polo seu pai. A cidade de Alexandría no norte de Exipto converteuse, desde o século -III, no centro destacado da cultura grega.
Luciano (125-181) representa o diálogo de carácter satírico. Diálogos dos deuses, Diálogos dos mortos, Diálogos das cortesás. Conto: O asno.
Unha das máis valiosas contribucións do período helenístico foi a tradución do Antigo Testamento ao grego. A súa redacción levouse a cabo entre os anos -250 e -150, en Alexandría. Chámana Septuaginta. Este nome de Setenta débese a que a tradición xudía, recollida atribúea a súa tradución a 72 sabios xudeus (seis de cada tribo) en 72 días.
A literatura bizantina é a escrita en grego medieval, durante a hexemonía do Imperio bizantino. É expresión da vida intelectual da parte helenizada do Imperio romano de Oriente durante a Idade Media cristiá. Combina civilización grega e cristiá sobre o fundamento común o sistema político romano, situado na atmosfera intelectual e etnográfica do Oriente Próximo.
A literatura bizantina parte de catro elementos culturais distintos: o grego, o cristián, o romano e o oriental, cuxo carácter combinar. A imaxinación oriental envolve as achegas da cultura intelectual helenística, a organización gobernamental romana e a vida emocional do cristianismo.
Vitsentzos Kornaros (ou Vincenzo Cornaro, 1553-1613). Escribiu o poema épico romántico Erotókritos, obra mestra deste período, e quizais o maior logro da literatura grega moderna.
Jean Moréas (1856-1910). Pseudónimo de Jannis Papadiamantopoulos. Poeta francés de orixe grega. Simbolista primeiro, evolucionou cara a unha actitude máis clásica. Estancias.
Odysseas Elytis (1911-1996). Pseudónimo de Odysseas Alepoudelis. Poeta. O sol primeiro, Dignum est, O Sol soberano. Premio Nobel de Literatura en 1979.
Bergua, Juan B. La Grecia Clásica. Traducción, prólogo y notas por Juan Bautista Bergua, Clásicos Bergua. Madrid: Ediciones Ibéricas, La Crítica Literaria. ISBN 978-84-7083-059-4.