século IX a. C. < Século VIII a. C. > século VII a. C.
Características do século VIII a. C.
O século VIII a.C foi un período de grandes cambios nas civilizacións.
En Exipto corresponde ás dinastías XXII, XXIII, XXIV e XXV cuxos soberanos (excepto a XXIV) eran de orixe estranxeira; libio (dinastías XXII e XXIII) e kushita ou etíope (dinastía XXV).
O Imperio neoasirio alcanza o pico do seu poder, conquistando varios países veciños, entre eles o reino de Israel.
Grecia coloniza outras rexións do mar Mediterráneo e o mar Negro.
A civilización etrusca expándese por Italia.
Convencionalmente tómase este século oitavo como o principio da Antigüidade clásica, coa primeira Olimpíada festexada no 776 a.C. Nesta época crese que foron compostos os textos épicos de Homero (A Ilíada e a Odisea).
Na China rexístrase unha eclipse solar histórica no ano 780 a.C.
Na India -en plena Idade de Ferro- comeza a cultura da cerámica negra puída norteña, de baixa tecnoloxía e produción de armas de ferro. Esta cultura é unha das candidatas de ser a cultura védica.[1]
Acontecementos
Grecia
República romana
Península Ibérica
Resto de Europa
Exipto
Asia
Personaxes
- Homero, escritor grego. (Descoñécese a data exacta; xeralmente é datado entre mediados e fins do século VIII a.C.).
- Hesíodo, escritor grego.
Notas
- ↑ descoñécese as datas de inicio do período védico: podería ser desde fins do II milenio ata mediados do I milenio
|
|