Unha moeda é un ben económico que ten tres funcións: é un instrumento de unidade de conta, é un instrumento de troco e é un instrumento de reserva de valor. A moeda particular dun país denomínase divisa. As divisas flutúan entre si dentro do mercado monetario mundial (Forex). Deste xeito, podemos establecer distintos tipos de cambio entre divisas que varían en función de diversas variables económicas coma o crecemento económico, a inflación e o consumo interno dunha nación. As divisas máis estendidas debido á política poscolonial son o franco e a libra.
A moeda aparece en forma de pezas metálicas, chamadas moedas ou en forma de pezas de papel, chamados billetes. Tamén se presenta como "diñeiro de plástico" (tarxetas de crédito), como talóns, cheques ou notas promisorias.
Habitualmente, cada país ten establecida polo menos unha moeda oficial sobre o seu territorio presentada baixo diferentes medios de pago tamén de curso legal. En cambio, varios países poden:
Por motivos prácticos, unha divisa adoitan ter subdivisións, legais ou tradicionais: 1/1000 (os millimos do dinar tunisiano), 1/100 (os céntimos do euro), 1/20, 1/10, 1/8, 1/4 (o cuarto de dólar estadounidense) etc.
Desde os tempos prehistóricos os seres humanos trocaban os seus bens, en cada grupo humano foise impoñendo unha peza que servía de referente para o intercambio ata que esa peza pasou a representar unha certa cantidade de bens, que non se podía manipular facilmente e que acabou por dar orixe en Asia Menor á moeda como peza de metal que tiña un peso e unha lei garantida polo soberano ou polo estado. A aparición do papel moeda, coñecido na China desde o século VIII e no mundo occidental desde o século XVII supuxo outro chanzo no desenvolvemento da moeda.
A tradición dos cambistas vai unida á aparición do diñeiro e da banca unidas ao comercio, como verdadeiro propiciador da profesión. Son aspectos que van unidos durante moitos séculos. En especial, quizais, foi na Europa medieval onde aflorando moitas cidades que cuñaron a súa propia moeda, cando se comezou a detectar unha profesionalización do oficio.[1]
No último terzo do século XIX, coa aparición do patrón ouro,[2] e da Unión Monetaria Latina[3] establecéronse oficialmente as primeiras paridades reguladas entre as divisas de cada país. O primeiro, en moitos casos de facto, non foi abandonado ata 1914.[4]
No período de entreguerras xa non se puido volver restaurar o sistema, entre moitas outras razóns, porque moitas economías se mostraban fortemente desestabilizadas e porque a produción de ouro era escasa.[5] Na década de 1920, pouco antes da Gran Depresión de 1929, eran trinta e catro países os que adoptaran de novo o Patrón Cambios Ouro.[6][7] Coas crises, durante a década de 1930, as condicións en Europa non melloraron, facendo que varios países abandonasen o patrón ouro.[8]
Houbo que agardar a finais da segunda guerra mundial, 1944, a que se asinasen os acordos de Bretton Woods dos que xurdiu o Fondo Monetario Internacional e o Banco Mundial coa finalidade de lograr a estabilidade dos cambios de divisas.[9] Como consecuencia da Guerra de Vietnam, rompéronse os acordos en 1971. Despois de 1976, e da desaparición do sistema de cambio fixo, o FMI tomou un papel preponderante ante países en desenvolvemento e crises financeiras internacionais.
García Ruiz, José Luis (1992). "Patrón oro, banca y crisis (1875-1936). Una revisión desde la historia económica". Cuadernos de estudios empresariales(en castelán) (2): 57–86. ISSN1131-6985.