Reverso dun bronce provincial romano a nome de Octavio Augusto cuñado na ceca móbil de Lugo cara ao ano 25 a.C.
As primeiras moedas cuñadas en Galicia datan do ano 25 a.C. , cando o emperador romano Augusto deu ordes de cuñar nunha ceca móbil establecida en Lucus Augusti moedas provinciais de bronce (ases , semis , dupondios e sestercios ) coas que poder financiar as guerras que mantiña contra os cántabros e os ástures. E durante todo o Imperio Romano seguiu a ser Lucus Augusti a ceca predominante de Gallaecia . Coa chegada dos suevos e visigodos adquiren importancia tamén Tui e Valdeorras.
Diñeiro a nome de Alfonso X de Castela (1252-1284) cuñado na casa de moeda da Coruña .
A Real Casa da Moeda da Coruña (1210/1230-1665/1700) e en menor medida a Ceca de Santiago de Compostela (1079-1379) e outras Tui e Ourense serán as principais emisoras durante a Idade Media . En 1107 Diego Xelmírez conseguiu do rei Afonso VI o privilexio de cuñar moeda. Xa na época moderna A Coruña é a única que continuou producindo moeda, ata que en 1696 finaliza a súa produción.
Moeda de 8 marabedís de 1837 cuñada na Real Casa da Moeda de Xuvia a nome de Isabel II
A última ceca que se estableceu en Galicia foi a Real Casa da Moeda de Xuvia , que emitiu moeda entre 1811 e 1868 .
Véxase tamén
Bibliografía
BELLO PLATAS, Ana Isabel (2006). A ceca de Xuvia. A derradeira fábrica de moeda de Galicia . Edicións Embora , Ferrol . ISBN 84-95460-55-6 .
IGLESIAS ALMEIDA, Ernesto (2010). As moedas medievais galegas . Serie Trivium de Editorial Toxosoutos . ISBN 978-84-92792-34-4 .
MURO CARVAJAL, José (1888). Casa Real de la moneda de La Coruña . Coruña .
OROL PERNAS, Antonio (1980). "Numismática gallega" . en Nvmisma, núm. 162-164. Madrid .
PAZ BERNARDO, Jaime (1991). Las monedas acuñadas en Galicia . FILABO S.A . ISBN 84-4043158-9 .
PAZ BERNARDO, Jaime (2002). Moedas galegas. Do século IX a.C. ó século XXI d.C .
PITA FERNÁNDEZ, Ricardo Luís (1999). Numismática galega. A moeda en Galicia e Galicia na moeda . Santiago de Compostela . ISBN 84-605-9958-2 .
PITA FERNÁNDEZ, Ricardo Luís (1996). A Real Casa da Moeda de Xubia: breve historia e catálogo das súas cuñacións . Andavira, Santiago de Compostela. ISBN 84-89641-37-4
Outros artigos
Ligazóns externas