Quetzal (moeda)

Quetzal (moeda)
Quetzal
Código:GTQ
Ámbito: Guatemala
Símbolo:Q
Fracción:100 centavos
Moedas:1, 5, 10, 25, 50 centavos e 1 quetzal
Billetes:50 centavos, 1 quetzal, 5, 10, 20, 50, 100 e 200 quetzais
Emisor:Banco de Guatemala
Taxa de troco:
10-08-2011
1 EUR = 11,1255 GTQ
1 USD = 7,8545 GTQ
Troco actual

O quetzal[1] é a unidade monetaria utilizada en Guatemala. Foi creada durante o goberno do expresidente José María Orellana en 1925 e é a de curso legal até o presente; apareceu en substitución do peso guatemalteco. O quetzal divídese en 100 centavos. O Banco de Guatemala é o organismo económico responsábel da emisión de moeda. Na actualidade, circulan moedas de 1, 5, 10, 25 e 50 centavos de quetzal, e de 1 quetzal. Polo que se refire ao papel moeda, circulan billetes de 1, 5, 10, 20, 50,100 e 200 quetzais.

Notas

  1. "quetzal". TERGAL. Consultado o 26/12/2019. 

Véxase tamén

Ligazóns externas